Presidente de Guinea
artigo de listas da Wikimedia
O presidente de Guinea é o xefe de Estado do país.
Historia
editarO 23 de decembro de 2008, en virtude da morte do presidente Lansana Conté, suspendeuse a constitución, así como toda actividade política e sindical, en virtude de golpe de Estado aplicado por militares e encabezado por Moussa Dadis Camara. En 2009, este sufriu un intento de asasinato que o mandou para o hospital e foi substituído por Sékouba Konaté, quen preparou a celebración das eleccións de 2010. Alpha Condé presidiu o país durante máis dunha década tras gañar ditas eleccións e ser reelixido en 2015. Foi deposto do seu cargo en 2021, nun golpe de Estado militar liderado por Mamady Doumbouya.
Lista de presidentes
editarEsta é a lista dos presidentes e xefes de estado de Guinea despois de 1958.
Nome | Imaxe | Inicio do mandato | Fin do mandato | Observacións |
---|---|---|---|---|
Ahmed Sékou Touré | 2 de outubro de 1958 | 26 de marzo de 1984 | presidente | |
Louis Lansana Beavogui | 27 de marzo de 1984 | 3 de abril de 1984 | Presidente interino | |
Lansana Conté | 3 de abril de 1984 | 5 de abril de 1984 | Presidente do Comité Militar de Restauración Nacional | |
Lansana Conté | 5 de abril de 1984 | 22 de decembro de 2008 | Presidente | |
Moussa Dadis Camara | 24 de decembro de 2008 | 3 de decembro de 2009 | Presidente do Consello Nacional da Democracia e do Desenvolvemento | |
Sékouba Konaté | 3 de decembro de 2009 | 21 de decembro de 2010 | Presidente interino tras o intento de asasinato de Moussa Dadis Camara | |
Alpha Condé | 21 de decembro de 2010 | 5 de setembro de 2021 | Deposto no golpe de Estado de 2021 | |
Mamady Doumbouya | 5 de setembro de 2021 | presente |