Premio Leopardo das Neves
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O Premio Leopardo das Neves foi un recoñecemento da Unión Soviética ás persoas que ascendían os cumios de maior altitude do territorio do estado. Creouse en 1967, no 50 aniversario da Revolución de Outubro. Nun principio eran catro os montes que se requiría escalar para acadar a distinción.
- Monte Ismail Samani: 7495 m.
- Tömür Feng: 7439 m.
- Lenin: 7134 m.
- Ghorsenevscaia: 7105 m.
- Ghan Tegri: 7010 m.
Ao comezo, só pertencían a esta categoría os catro primeiros, pero as tensións políticas entre a URSS e a China fixeron inviábel a escalada do Pobeda, e o Ghan Tegri substituíuno.
Chus Lago é a única muller que os escalou todos.[Cómpre referencia]