Príncipe de Asturias

título que ostenta o herdeiro da Coroa Española

Príncipe de Asturias é o principal dos títulos que ostenta o herdeiro da Coroa Española. Na actualidade é Lionor de Borbón. Regulados polo Real Decreto dende 1977 os títulos históricos dos herdeiros ao trono nos diferentes reinos hispanos son:

Ademais por medio da fundación homónima, cuxa presidencia ostenta, entréganse anualmente os prestixiosos Premios Príncipe de Asturias nun solemne acto en Oviedo, capital do Principado de Asturias.

Orixe do título

editar

As orixes do Principado de Asturias remóntanse aos primeiros anos do século XIV, cando, nas chamadas Asturias de Oviedo, constituír o primeiro gran señorío nobiliario para Rodrigo Álvarez, que pasou a chamarse Rodrigo Álvarez das Asturias (utilizando en ocasións o apelido "Álvarez-Nava", como equivalente ao "Álvarez das Asturias", por proceder Rodrigo do patrucial de Nava, vila do Principado de Asturias). Ao morrer sen sucesión, pasou a Enrique de Trastámara que, á súa vez, cedeuno a un fillo bastardo: Alonso Enríquez. Durante o reinado de Xoán I, o conde de Noreña protagonizou unha serie de revoltas que decidiron ao Rei a confiscar o señorío e incorporalo á Coroa.

En 1388, a raíz do matrimonio acordado polo rei Xoán I de Castela e por Xoán de Gante, duque de Lancaster entre os seus respectivos fillos, o Infante Henrique e Catarina (acordo de Baiona), para pór así fin ás pretensións dos Lancaster á coroa de Castela (como descendentes de Pedro I), decidiuse que, así como en Inglaterra o herdeiro do trono era titulado Príncipe de Gales e en Francia Delfín, en Castela sería Príncipe de Asturias.

E otrosí pusieron e ordenaron los dichos rey don Juan e duque de Alencastre en sus tratos que el dicho infante don Enrique oviese titulo de se llamar principe de Asturias e la dicha infanta doña Catalina, princesa.

O título de Príncipe de Asturias en diante sería ostentado polo herdeiro da Coroa de Castela e de España.

Nos primeiros tempos da institución de Príncipe de Asturias non foi un simple título de honra, pois o territorio asturiano pertencíalles como patrimonio. A persoa á que se lle outorgaba este título podía nomear xuíces, alcaldes etc., que gobernaban o Principado en representación do seu Señor. Esta situación cambiou cos Reis Católicos, que reduciron o título de Príncipe de Asturias a unha condición honorífica, carácter que se mantivo cos reis da Casa de Austria e coa dinastía dos Borbóns.

Lista dos príncipes de Asturias

editar
Imaxe Príncipe de Asturias Herdeiro de Inicio Fin
Ano Causa
  Henrique de Castela Xoán I 1388 1390 Accede ao trono como Henrique III
  María de Castela Henrique III 1402 1405 Desprazada polo nacemento do seguinte
  Xoán de Castela Henrique III 1405 1406 Accede ao trono como Xoán II
  Catarina de Castela Xoán II 1422 1424 Falecida
  Leonor de Castela
(adoita omitirse das listas de Príncipes de Asturias)[1]
Xoán II 1424 1425 Desprazada polo nacemento do seguinte
  Henrique IV Xoán II 1425 1454 Accede ao trono como Henrique IV
  Xoana de Castela Henrique IV 1462 1464 Desherdada en favor do seguinte
  Afonso de Castela Henrique IV 1464 1465[2] Proclamado rei por un grupo de nobres (farsa de Ávila)[2]
1468[2] Falecido[2]
  Isabel de Castela Henrique IV 1468[3] 1470[4] Desherdada en favor da seguinte[4]
1474[5] Autoproclamada raíña[5]
  Xoana de Castela Henrique IV 1470[4] 1475[5] Autoproclamada raíña[5]
1479[5] Perde a Guerra contra Isabel[5]
  Isabel de Aragón Isabel I 1476 1480 Desprazada polo nacemento do seguinte
Xoán de Aragón Isabel I 1480 1497 Falecido
  Isabel de Aragón Isabel I 1498 1498 Falecida
  Miguel da Paz de Portugal Isabel I 1499 1500 Falecido
  Xoana de Aragón Isabel I 1502 1504 Accede ao trono como Xoana I
  Carlos de Austria Xoana I 1506 1516 Accede ao trono como Carlos I
  Filipe de Austria Carlos I 1528 1556 Accede ao trono como Filipe II
  Carlos de Austria Filipe II 1560 1568 Falecido
  Fernando de Austria Filipe II 1573 1578 Falecido
  Diego de Austria Filipe II 1580 1582 Falecido
  Filipe de Austria Filipe II 1584 1598 Accede ao trono como Filipe III
  Filipe de Austria Filipe III 1608 1621 Accede ao trono como Filipe IV
  Baltasar Carlos de Austria Filipe IV 1632 1646 Falecido
  Filipe Próspero de Austria Filipe IV 1658 1661 Falecido
  Carlos de Austria Filipe IV 1661 1665 Accede ao trono como Carlos II
  Lois de Borbón Filipe V 1709 1724 Accede ao trono como Luís I
  Fernando de Borbón Filipe V 1724 1746 Accede ao trono como Fernando VI
  Carlos de Borbón Carlos III 1760 1788 Accede ao trono como Carlos IV
  Fernando de Borbón Carlos IV 1789 1808 Accede ao trono como Fernando VII
  Isabel de Borbón Fernando VII 1830
(1833)[6]
1833 Accede ao trono como Isabel II
  Isabel de Borbón Isabel II 1851 1857 Desprazada polo nacemento do seguinte
  Afonso de Borbón Isabel II 1857 1870 Recibe os dereitos dinásticos da súa nai, a raíña Isabel II (no exilio)
  Manuel Filiberto de Savoia Amadeu I 1871 1873 Abdicación do seu pai, o rei Amadeu I
  Isabel de Borbón Afonso XII 1875 1880 Desprazada polo nacemento da seguinte
  María das Mercedes de Borbón Afonso XII 1881 1904 Falecida
Afonso XIII
Afonso de Borbón-Dúas Sicilias
(Herdeiro da Coroa sen tratamento de Príncipe de Asturias)[7]
Afonso XIII 1904 1907 Desprazado polo nacemento do seguinte
  Afonso de Borbón Afonso XIII 1907 1933 Renuncia aos seus dereitos á Coroa
  Xoán de Borbón[8] Afonso XIII 1933 1941 Accede á Xefatura da Casa Real
  Xoán Carlos de Borbón[9] Xoán de Borbón 1941 1975[10] Accede ao trono como Xoán Carlos I
  Filipe de Borbón Xoán Carlos I 1977 2014 Accede ao trono como Filipe VI
  Lionor de Borbón Filipe VI 2014 Actualidade -
  1. Xurada como Princesa de Asturias unicamente por doce procuradores das Cortes de Castela. Adoita omitirse nas listas de Príncipes de Asturias ("A numeración dos Príncipes de Asturias" Arquivado 07 de abril de 2010 en Wayback Machine.)
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 O 5 de xuño de 1465, no que se denominou "farsa de Ávila", un grupo de nobres proclamou rei ao Príncipe Afonso. O príncipe morreu por causas descoñecidas en 1468, deixando a Henrique IV como único rei
  3. Polo Pacto dos Toros de Guisando do 19 de setembro de 1468, Henrique IV recoñecía á súa medio irmán Isabel como Princesa de Asturias
  4. 4,0 4,1 4,2 Na Cerimonia da Val de Lozoya, celebrada o 26 de outubro de 1470, Henrique IV anulou o Pacto dos Toros de Guisando e proclamou Princesa de Asturias á súa filla Xoana
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Tras a morte en 1474 de Henrique IV desencadeouse unha guerra pola sucesión entre Isabel e Xoana. Isabel autoproclamouse raíña o 13 de decembro de 1474 e Xoana o 30 de maio de 1475. O 4 de setembro de 1479, o Tratado de Alcáçovas puxo fin á contenda, quedando Isabel como única raíña
  6. Proclamada Princesa de Asturias mediante o Real Decreto do 13 de outubro de 1830 e xurada como Herdeira da Coroa o 20 de xuño de 1833
  7. Por Real Decreto do 17 de outubro de 1904, gozou de todas as honras que lle correspondían como Herdeiro da Coroa, pero nunca ostentou o título de Príncipe de Asturias
  8. Príncipe titular de Asturias por nomeamento do seu pai, o Rei Afonso XIII (no exilio)
  9. Príncipe titular de Asturias polo nomeamento do seu pai, o Xefe da Casa Real
  10. Desde 1969, en virtude da Lei de Sucesión na Xefatura do Estado ostentaba o título de Príncipe de España

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar