Positivismo xurídico
Co termo positivismo xurídico ou iuspositivismo enténdese en xeral a doutrina da filosofía do dereito, que ve o dereito como dereito positivo, isto é como un aparello humano, de natureza continxente, orixinado no contexto histórico e cultural no que se forma. Noutras palabras o iuspositivismo considera o dereito como un conxunto de normas que, independentemente dos principios morais, teñen unha eficacia real nunha sociedade humana dada.
Historia e características
editarEntre os precursores do positivismo xurídico pódese considerar a Thomas Hobbes, coa súa filosofía política, segundo a cal o Estado é soberano e non debe render contas das súas leis, pero é máis frecuente referir o iuspositivismo a Hans Kelsen.
O positivismo xurídico contraponse, en canto á súa teoría de base, ao iusnaturalismo, mais se se analiza a historia da consolidación do dereito positivo, o iuspositivismo nace de seu como consecuencia do iusnaturalismo. De feito, o iusnaturalismo sostiña un sistema baseado sobre o dereito natural, mais auspiciaba que a súa orde fose racional. Esta racionaldade impelía a prol dunha revisión do dereito. Esta esixencia de reforma tropezaba, porén, coa forma do dereito segundo se formara no transcurso do tempo, totalmente incerto, e formado sobre todo de interpretacións e pareceres de xuristas ilustres, mestura de ordenanzas locais, editos e outras fontes. A codificación pareceulles a moitos a chave para facer coincidir claridade, racionalidade e eficacia.
No momento en que naceron os primeiros códigos civís (1794 código prusiano, 1804 código francés, 1811 código austríaco) o dereito civil acabou por coincidir co código: o labor do xuíz ficaba reducido a unha mera aplicación dunha norma. Privado o intérprete de toda autoridade, o dereito só é tal se é escrito, e aquilo que non emana das normas non é considerado xurídico en adiante. A síntese do iuspoitivismo é facer coincidir dereito e lei escrita.
En tempos máis recentes (especialmente desde a década de 1960), tense visto que boa parte do dereito fundamental se recibe das modernas constitucións e que se pode contrapor entre iuspositivismo e constitucionalismo.