Port Vila

capital de Vanuatu

Port Vila[1] é a capital de Vanuatu e tamén a cidade maior do país. Situada na costa sur da illa de Efaté, na provincia de Shefa, a súa poboación consonte o último censo (2016) era de 51.437 habitantes. Port Vila é o centro económico e comercial de Vanuatu.

Modelo:Xeografía políticaPort Vila
Imaxe

Localización
Mapa
 17°44′00″S 168°19′00″L / -17.73333, 168.316667
EstadoVanuatu
ProvinciaShefa Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación49.034 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.077,71 hab./km²)
Xeografía
Superficie23,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude59 m Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoUlrich Sumptoh (en) Traducir (2014–2018)
Erick Puyo Festa (en) Traducir (2018–2020)
Jenny Tasale Regenvanu (en) Traducir (2024–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC 11 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Shanghai (1994–) Editar o valor en Wikidata

O 13 de marzo de 2015, Port Vila sufriu importantes danos polo Coclón Pam.

Historia

editar

A área ocupada por Port Vila estivo habitada por melanesios durante centenares de anos. Cerca da cidade, nun sitio arqueolóxico coñecido como Teouma, atopouse no outono de 2004 un enterramento de 25 tumbas e tres docenas de esqueletos humanos da cultura lapita, así como pezas de cerámica que datan do século XIII a.C..[2]

En maio de 1606, naves do rei de España, patroneadas por Pedro Fernández de Quirós e Luis Váez de Torres descubriron Vanuatu para Occidente.

No século XIX, cando as illas se chaman Novas Hébridas, os británicos controlaban economicamente a zona, pero a partir de 1880 a balanza económica empezou a cambiar a prol dos franceses, un cidadán francés chamado Ferdinand Chevillard comezou a mercar e limpar terreos próximos ao porto real de Port Vila, que estaba previsto que se convertese na mellor plantación francesa da illa. No canto diso, a zona converteuse na municipalidade de Franceville, que se declarou independente o 9 de agosto de 1889, aínda que esta durou só uns meses, ata xuño do ano seguinte, converteuse na primeira nación que practicou o sufraxio universal sen distinción de sexo ou raza. Aínda que a poboación era de 500 nativos e menos de 50 brancos, só se permitía accederen a cargos públicos a estes últimos. O seu primeiro presidente foi o mencionado Ferdinand Chevillard e un dos primeiros presidentes electos foi un cidadano nado en Tennessee, Estados Unidos: R.D. Polk, familiar do presidente estadounidense James K. Polk.[3][4]

Despois de 1887 o territorio pasou a ser unha administración conxunta de Francia e Gran Bretaña, pero non foi ata 1906 cando se formalizou coa firma dun Condominio franco-británico no que a máxima autoridade era o Tribunal Mixto do Condominio. Porén, o seu presidente tiña que ser un español para evitar os receos de franceses e ingleses.[5] Na práctica este dominio compartido dividiu ás illas en dúas comunidades separadas, unha angloparlante e outra francoparlante, situación que se mantén ata a actualidade e que se aprecia na existencia de escolas que enseñan nunha lingua e outra (raramente as dúas) e en diferentes partidos políticos.[6]

Non foi bombardeada polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, pero foi utilizada como base aérea estadounidense (que construíu varias estruturas militares na cidade e no norte da illa), aínda que tamén foi usada polas aviaciones australiana e neozelandesa. Desde maio de 1942 ata 1945 aproximadamente medio millón de soldados pasaron ou estiveron acuartelados en Vanatu.[6][7] Esta guerra tivo un forte impacto sobre a administración do condominio, xa que o persoal do mesmo reducíuse a un punto en que moitos servizos cerraron por completo, como exemplo máis destacado, o Tribunal Mixto non tivo presidente desde 1939 ata 1953.[6]

Despois da independencia de Vanuatu en 1980, Port Vila converteuse na capital do novo país.

Na noite do 7 ao 8 de febreiro de 1987 o ciclón Uma pasou pola cidade con ventos superiores aos 100 nós, deixándoa gravemente danada.[8] O 95% das vivendas foron danadas ou destruídas, deixando a maior parte dos seus 16.000 habitantes sen fogar.[8]

Nesta cidade do 24 ata o 27 de agosto de 1999 unha reunión da Unesco titulada «Second World Heritage Global Strategy Meeting for the Pacific Islands region» (II Encontro mundial de estratexia do patrimonio mundial para o Rexión das Illas do Pacífico). Un dos puntos máis importantes sobre Vanuatu e a rexión do Pacífico foi a cuestión da declaración do patrimonio submarino como patrimonio mundial, xa que a contorna de Port Vila e as outras illas do país teñen unha gran riqueza submarina.[9]

En 2002 un forte terremoto causou de novo grandes danos e os seus arredores (a cidade está nunha das áreas sísmicas máis activas do mundo).[10]

Na cidade atópanse os edificios das embaixadas que Australia, Francia, Nova Zelandia, China e a Comisión Europea teñen en Vanuatu.

 
Parlamento de Vanuatu

Economía

editar

Port Vila é o porto máis importante e o centro do comercio de Vanuatu. O aeroporto internacional Bauerfield está situado tamén na cidade.

As actividades máis importantes seguen a ser a agricultura e a pesca. O turismo tornouse tamén importante, especialmente con procedencia desde Australia e Nova Zelandia. Houbo uns 50.000 visitantes en 1997.

Porén Vanuatu dependende aínda da axuda estranxeira, que na maior parte procede de Australia e Nova Zelandia, mais nos últimos anos ven tamén en parte importante da República Popular da China.

Un 35,7% das exportacións de Vanuatu saen desde Port Vila, mentres que un 86.9% das importacións entran no país a través de Port Vila.

 
Mercado de Port Vila.

Demografía

editar

A poboación da cidade é predominantemente melanesia, con pequenas porcentaxes de polinesios, asiáticos e europeos, estes principalmente franceses e británicos.

Linguas

editar

En Port Vila, fálase bislama por case toda a poboación na vida decote, mais tanto o inglés como o francés están moi difundidos. Fálanse tamén outros idiomas indíxenas de Vanuatu.

Relixión

editar

O cristianismo é a relixión predominante en todo Vanuatu, pois seus fieis conforman o 90% da súa poboación. A variante máis espallada é a Igrexa presbiteriana que segue un terzo da poboación. O catolicismo e a Igrexa de Melanesia son observados por un 15% da poboación.

Port Vila ten un clima tropical, cunha estación quente e seca, e unha estación de choivas. A precipitación media anual é de arredor de 2.360 mm. Os ventos dominantes son os do sueste.

Educación

editar

En Port Vila hai unha sección da Universidade do Pacífico Sur, institución financiada por doce países do océano Pacífico. No campus de Vanuatu hai Dereito e Linguas.

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2. 
  2. Richard Stone. Science Magazine, ed. "Graves of the Pacific's First Seafarers Revealed" (en inglés). Consultado o 27 de octubre de 2008. 
  3. "Wee, Small Republics: A Few Examles of Popular Government". Hawaiian Gazette (Hawai): 1. 1 de novembro de 1985. 
  4. "The 'Commune' of Franceville". Nort Otago Times (Nova Zelandia). 5 de setembro de 1889. 
  5. Luis Pancorbo. Diario El País, ed. "Vanuatu: El país más feliz y ecológico del mundo es una isla en medio del Pacífico" (en español). Consultado o 3 de novembro de 2008. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Darryl Tyron (31 de maio de 1999). Banco Mundial, ed. "Pacific Islands stakeholder participation in development : Vanuatu" (PDF) (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2008. 
  7. Revista Viajar (17 de maio de 2007). "Vanuatu, el país de la felicidad" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2016. Consultado o 29 de outubro de 2008. 
  8. 8,0 8,1 ReliefWeb (9 de febreiro de 1987). "Vanuatu Cyclone Uma Feb 1987 UNDRO Situation Reports 1-6" (en inglés). Consultado o 2 de novembro de 2008. 
  9. Unesco (1999). "Second World Heritage Global Strategy Meeting for the Pacific, Port Vila (Vanuatu)" (en inglés). Consultado o 30 de outubro de 2008. 
  10. Regnier, Marc; Moris, Steven; Shapira, Avi; Malitzky, Alona; Shorten, Graham (2000-04). "MICROZONATION OF THE EXPECTED SEISMIC SITE EFFECTS ACROSS PORT VILA, VANUATU". Journal of Earthquake Engineering (en inglés) 4 (2): 215–231. ISSN 1363-2469. doi:10.1080/13632460009350369. 

Véxase tamén

editar