Ponte dos Santos

ponte que cruza a ría de Ribadeo

A ponte dos Santos, inaugurada o 29 de xullo de 1987, cruza a ría de Ribadeo, unindo Asturias e Galicia pola costa. Inicialmente foi construída para soportar a amplitude dunha estrada normal, pero no 2008 foi inaugurada (1 de outubro de 2008) a ampliación que consistiu en adecuala para un desdobramento de calzada para soportar o paso dunha autovía (A-8).

Modelo:Xeografía físicaPonte dos Santos
Imaxe
Tipoponte Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaRibadeo, España e Castropol, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°32′35″N 7°01′58″O / 43.542939, -7.032708
Características
Dimensións600 (lonxitude) m
Secuencia de luces en dous faros da ría de Ribadeo: un na ponte dos Santos, á nosa esquerda e máis próximo, e outro ó comezo da enseada de Arnao (Asturias), ó fondo, a nosa dereita.

Recibe o nome polas dúas capelas que ten a ría a cada beira, a de San Román nas Figueiras (Castropol) e a de San Miguel en Ribadeo.

A actividade marítima viuse variada pola construción da ponte dos Santos, afectando á reconversión das lanchas de pasaxe para paseos turísticos ou limitando a altura dos navíos construídos nos estaleiros.[1]

Homenaxes

editar

O 4 de maio de 2013 Correos emitiu un selo cun valor facial de dous euros coa imaxe da ponte[2].

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar