Ponte de Nantón
construción sobre o río Albariña
A ponte de Nantón[1] [2] é unha ponte sobre o río Albariña, na comarca da Barcala. Sitúase a carón da aldea de Nantón (Sanamede do Monte, A Baña).
Ponte de Nantón | |
---|---|
Localización | |
Coordenadas | 42°56′41″N 8°44′20″O / 42.944628721138, -8.7389884215633 |
Características | |
Historia
editarConstruíuse no século XIV, e ten un arco de medio punto. O material é de calidade e está ben traballado pero foi bastante alterada posteriormente, co que perdeu parte da súa morfoloxía orixinal. A mediados do século XX construíuse a estrada AC-444, pola que discorre o tráfico pesado, polo que a ponte de Nantón só se utiliza para tráfico agrícola e forestal local.
Notas
editar- ↑ "Ponte de Nantón". Turismo de Galicia.
- ↑ "Ponte de Nantón". Galicia pueblo a pueblo.