Polysticta stelleri
Polysticta stelleri, coñecido na bibliografía internacional como eider de Steller, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Polysticta.
Polysticta stelleri Eider de Steller | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Polysticta stelleri (Pallas, 1769) | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Polysticta stelleri
En verde escuro: área de cría; en verde claro: área de invernada; en vermello: área abandonada | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
A pesar do seu nome vulgar, ten unha relación filoxenética moi afastada das outras especies de eideres existentes, que forman parte do xénero Somateria.
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarO xénero foi descrito en 1836 polo naturalista inglés, especializado en aves e peixes, Thomas Campbell Eyton.[2][3]
Especie
editarA especie fora descrita en 1769 polo médico, zoólogo e botánico alemán, célebre polos seus traballos realizados en Rusia, baixo o nome de Anas stelleri.[2][3]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]
- Anas spec Pallas, 1769
- Anas stelleri Pallas, 1769 (protónimo)
- Polystica stelleri (Pallas, 1769)
- Somateria stelleri (Pallas, 1769)
Etimoloxías
editarXénero
editarO nome do xénero deriva do grego antigo πolυστικτός polystikós, "moi manchado", de πολύς polýs "moito", e στικτός stiktós, "manchado de varias cores".[4]
Especie
editarO epíteto específico, stelleri, foi unha homenaxe que Pallas lle fixo ao seu compatriota e contemporáneo, o explorador, antropólogo, ornitólogo, naturalista, botánico, médico e xeólogo Georg Wilhelm Steller, que tamén traballou en Rusia.[5]
Nota taxonómica
editarO eider de Steller foi separado doutras especies no seu propio xénero en 1945 debido a diferenzas anatómicas e de comportamento. En consecuencia, o eider de Steller pode sunbministrar un vínculo taxonómico entre as especies do xénero Somateria e os outros patos mariños.[6]
Distribución
editarPolysticta stelleri habita nas costas do Ártico. Reprodúcese entre o delta do río Kolyma e a península de Yamal, no océano Ártico, ao noroeste de Siberia, e na chaira ártica de Alasca.[7] Unha poboación remanente reprodúcese no oeste de Alasca.[1]
As poboaciónes non reprodutoras pasan o verán en Nova Zembla, Rusia, o norte de Noruega e as augas rusas adxacentes, e no suroeste de Alasca, e o inverno no norte do Xapón, no océano Atlántico nororiental e no mar Báltico.[1]
Características
editarEsta especie é o máis pequeno dos eideres. Mide de 43 a 46 cm, e pesa de 800 a 860 g.[8][9][10]
O macho é inconfundíbel, coas partes superiores negras e un colar tamén negro ao redor do prescozo, a cabeza branca e as patas dun ton amarelado. A súa voz consta dun canto profundo, aínda que é relativamente silencioso comparado cos eideres do xénero Somateria.[11]
A femia presenta unha plumaxe de cor parda escura. É máis pequena que o macho, e a cabeza e o corpo son máis parecidos aos dos patos comúns que aos dos outros eideres. Tamén ten un repertorio de gruñidos e silbidos.[11]
Bioloxía
editarÉ un pato mergullador ártico, migratorio, que se reproduce ao longo das costas do leste de Rusia e de Alasca. É o eider máis raro, pequeno e rápido,[11] por iso non está encadrado no xénero Somateria.
Constrúe os seus niños sobre a tundra, cerca do mar, e a femia pon entre seis e dez ovos en cada niñada.
Migra cara ao sur do mar de Bering, ao norte de Escandinavia e ao mar Báltico. Pode formar colonias moi numerosas, de máis de duascentas mil aves, nas costas adecuadas para a súa reprodución. Esta zona encóntrase un pouco máis ao sur do seu hábitat común.
Aliméntase de crustáceos, moluscos, poliquetos e larvas de insectos acuáticos obtidos en augas profundas, poucas veces preto da costa. Tamén se alimenta, de cando en vez, de restos de vexetais e de zosteras.[11]
Posíbel hibridación
editarCrese que o eider de Steller cruzouse e formou híbridos co eider común (Somateria mollissima) en polo menos dúas ocasións. En Alemaña encontrouse un exemplar macho con características de ambas as especies o 17 de novembro de 1993.[12] Pouco menos de dous anos máis tarde, o 7 de abril de 1995, avistouse outro macho en Noruega; publicouse unha fotografía desta ave nun libro de Forsman.[13]
Conservación
editarO eider de Steller é unha das especies protexidas polo Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas. En Alasca existe un plan activo para a recuperación da especie.[14]
Ameazas
editarA través dunha variedade de efectos, o cambio climático representa potencialmente a maior ameaza para a especie. Os recentes cambios dramáticos na extensión e o espesor do xeo mariño do Ártico ao norte de Alasca e Rusia poden afectar aos eideres de formas desconocidas. Ademais, o cambio climático está provocando a perdida de estanques da tundra ártica,[15] o que podería estar contribuíndo á diminución da poboación da especie. En xeral, predícese que o cambio climático provocará cambios drásticos no hábitat da rexión ártica.[16] O aumento da depredación tamén pode deberse a colapsos relacionados co clima no patrón de abundancia cíclica de roedores, xa que os depredadores buscan presas alternativas en ausencia do seu alimento principal.[17][18]
Estado de consevación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status desta especie como VU (vulnerábel) porque está experimentando unha rápida redución da poboación, particularmente nas poboacións clave de Alasca. Necesítanse máis estudos para determinar as causas destas diminucións, e se algunhas poboacións poden terse desprazado a áreas non censadas dentro da súa área de distribución.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 BirdLife International (2018): Polysticta stelleri na Lista vermella da UICN. Consultada o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Polysticta stelleri (Pallas, 1769) no GBIF. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Polysticta stelleri (Pallas, 1769) no GBIF. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ James A. Jobling (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London, UK: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 313.
- ↑ James A. Jobling, Op cit., p. 365.
- ↑ Johnsgard, Paul A. (1-01-1961): The Taxonomy of the Anatidae—A Behavioural Analysis. DigitalCommons@University of Nebraska - Lincoln.
- ↑ Frederickson, L. H. (2001): "Steller’s Eider (Polysticta stelleri). En: A. Poole & F. Gill, eds. The Birds of North America, p. 24. "The Birds of North America, Inc", Philadelphia, USA.
- ↑ Fredrickson, Leigh H. (2001): "Steller's Eider (Polysticta stelleri)", En Poole, Alan F. & Gill, Frank B., eds. The Birds of North America Online.
- ↑ Alcorn, Gordon D. & Godfrey, W. Earl (1966): "The Birds of Canada". The Murrelet 47 (3): 77.
- ↑ Sibley, David (2000): The Sibley guide to birds. 1st ed. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-6794-5122-6.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 Stellers Eider en www.ducks.org.
- ↑ Anon. (2001): "Critical habitat designated for Spectacled and Steller's Eiders in Alaska". WWF Arctic Bulletin: 20-21.
- ↑ Forsman, Dick (1995): "A presumed hybrid Steller's Eider x Common Eider in Norway·. Birding World 8 (4): 138.
- ↑ Minerals Management Service, Alaska (2007). "Foraging Ecology of Common Ravens (Corvus corax) on Alaska’s Coastal Plain (AK-93-48-51)" (PDF). Minerals Management Service. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2007. Consultado o 2 de novembro de 2022.
- ↑ Andresen, C. G. & Lougheed, V. L. (2015): "Disappearing Arctic tundra ponds: Fine-scale analysis of surface hydrology in drained thaw lake basins over a 65-year period (1948-2013)". Journal of Geophysical Research Biogeosciences: 120.
- ↑ Fox, A. D.et al. (2015): "Current and Potential Threats to Nordic Duck Populations — A Horizon Scanning Exercise". Annales Zoologici Fennici 52 (4): 193-220.
- ↑ Quakenbush, L.; Suydam, R.; Obritschkewitsch, T. & Deering, M. (2004): "Breeding biology of Steller's eiders (Polysticta stelleri) near Barrow, Alaska, 1991–99". Arctic 57: 166-182.
- ↑ Iles, D. T.et al. (2013): "Predators, alternative prey and climate influence annual breeding success of a long-lived sea duck". Journal of Animal Ecology 82: 683-693.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Polysticta stelleri |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Polysticta stelleri |
Bibliografía
editar- Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha en BirdLife Species
- Polysticta stelleri en ARKive Fotografías e vídeos.