Policía Autonómica Galega

Unidade de Policía Nacional adscrita á comunidade autónoma galega

A Policía Autonómica Galega é unha unidade do Corpo Nacional de Policía adscrita á comunidade autónoma galega.

Policía Autonómica Galega
Logo
TipoPolicía autonómica
Data de fundación19 de xuño de 1991
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Organización e administración

editar

Depende organicamente da Dirección Xeral de Policía (Ministerio do Interior) e funcionalmente da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta de Galicia, segundo as previsións do artigo 25.27 do Estatuto de autonomía de Galicia.

 
Vehículo da Policía Autonómica Galega.

Cando foi creada o 19 de xuño de 1991, dispoñía de 157 axentes, destinados na capital de Galicia. En 1993 eran 264 axentes e abríronse as catro sedes provinciais, ás que se sumou a de Vigo en 1997. No ano 2000 había 407 axentes, en 2007 eran 420 e en 2016 435 (61 mulleres e 374 homes) [1]. O comisario xefe en 2017 é Silverio Blanco Fernández, a xefatura está en Santiago de Compostela, conta con xefaturas provinciais na Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense, e unha xefatura local en Vigo. O parque móbil está composto por 112 vehículos: 65 coches rotulados, 49 camuflados, 4 motos rotuladas e 4 camufladas [2].

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar