Pola Negri

actriz polaca (1897-1987)

Barbara Apolonia Chałupec,[1] nada en Lipno (Polonia) o 3 de xaneiro de 1897 e finada en San Antonio o 1 de agosto de 1987, foi unha actriz polaca de ascendencia eslovaca, coñecida artisticamente baixo o pseudónimo de Pola Negri, unha das grandes divas do cine mudo. Nacionalizouse estadounidense en 1951.

Modelo:BiografíaPola Negri

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pl) Apolonia Chalupec Editar o valor en Wikidata
3 de xaneiro de 1897 Editar o valor en Wikidata
Lipno, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1 de agosto de 1987 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
San Antonio, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de cerebro
pneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCalvary Cemetery (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz, actriz de teatro, escritora, cantante, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1914 Editar o valor en Wikidata - 1944 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSerge Mdivani Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webpolanegri.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0624470 Allocine: 7737 Rottentomatoes: celebrity/pola_negri Allmovie: an81732 125905
BNE: XX1744853 Musicbrainz: 3a07d627-6566-4d50-8568-c5ad52df3c6f Discogs: 446869 WikiTree: Chalupec-1 Find a Grave: 5147 Editar o valor en Wikidata

Negri asinou coa Paramount en 1922, convértendoa no primeiro intérprete europeo da historia que foi contratada en Hollywood.[2]

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

O seu pai Jerzy Mathias Chalupiec, de orixe eslovaca, foi detido polo exército ruso por actitudes antitsaristas e enviado a Siberia, o que fixo que a familia Chalupiec (Barbara e a súa nai Eleonora) pasase por momentos difíciles economicamente, vivindo nun suburbio de Varsovia.

Con todo, Negri foi admitida no Ballet Imperial,[3] para o que traballou ata que por mor da tuberculose (segundo outras fontes, unha lesión), tivo que abandonar a compañía; así, Negri centrou a súa atención no teatro, e estudou interpretación na Escola de Arte Dramática de Varsovia.

Carreira no cinema

editar
 
Pola Negri en 1921.

Aínda en Polonia, Negri (rebautizada así pola poeta italiana Ada Negri[4]) chegou a actuar en filmes como Żona, Bestia ou Studenci. Pouco despois viaxou a Berlín, onde traballou na compañía de teatro de Max Reinhardt e máis tarde con Ernst Lubitsch.

O filme deste último, Die Augen der Mumie, foi un éxito que fixo que Negri conseguise unha oportunidade en Hollywood.

Algúns dos seus filmes de Hollywood máis recoñecidos son Forbidden Paradise, dirixido polo tamén exiliado Lubitsch, The Spanish Dancer ou Shadows of Paris. En 1927 rodou ás ordes de Mauritz Stiller Hotel Imperial e The Woman on Trial.

Nesta época, Negri deu moito que falar non só polo seu romance co cómico británico Charles Chaplin senón, sobre todo, polos seus supostos plans de voda con Rodolfo Valentino, que Negri se encargou de airear á prensa trala morte del. Mesmo durante o funeral de Valentino, Negri seguiu o féretro dende Os Anxeles a Nova York, posando para a prensa coma se fose a súa viúva. Moitos actores, como Tallulah Bankhead, Mary Pickford ou Alberto Valentino, irmán de Rodolfo, criticaron isto e acusárona de mentir á prensa.

Coa chegada do cinema sonoro, a súa popularidade da década de 1920 esvaeceu por completo debido ao seu forte acento polaco e a súa dificultade para falar inglés. Regresou a Alemaña, e traballou para os estudos UFA, controlados por entón por Goebbels. Protagonizou, en 1935, o filme Mazurka, de Willi Forst. Con todo, polas súas supostas raíces xudías, emigrou outra vez aos Estados Unidos na década de 1940 e nacionalizouse estadounidense.

Últimos anos

editar

Os últimos anos da súa vida son un misterio, polo que adoita ser comparada coa personaxe de Norma Desmond que interpretou Gloria Swanson en Sunset Boulevard. Negri foi, de feito, a principal candidata de Billy Wilder para o papel,[5] mais rexeitouno, considerándoo unha ofensa.

Morreu dun tumor cerebral (ou pneumonía) en 1987, aos 90 anos, e legou case todos os seus bens á St. Mary’s University. Está enterrada no cemiterio de Calvary, nos Estados Unidos.

Ten unha estrela no 6933 do Paseo da Fama de Hollywood.

Filmografía

editar
Lenda
Denota un filme perdido ou presumiblemente perdido.

Polonia

editar
Ano Filme Director Compañía Notas Ref.
1914 Niewolnica zmysłów Aleksander Hertz Sphinx Company Primeiro filme de Negri [6]
1915 Żona Aleksander Hertz Sphinx Company [6]
1915 Czarna książka Aleksander Hertz Sphinx Company Versión anterior de Der Gelbe Schein [7]
1916 Studenci Aleksander Hertz Sphinx Company [8]
1917 Bestia Aleksander Hertz Sphinx Company [6]
1917 Tajemnica alei Ujazdowskich Aleksander Hertz Sphinx Company Parte da serie Tajemnice Warszawy [9]
1917 Pokój Nr. 13 Aleksander Hertz Sphinx Company Parte da serie Tajemnice Warszawy [9]
1917 Arabella Aleksander Hertz Sphinx Company Aínda que se sospeita que a maior parte do filme está perdido, consérvase un breve fragmento, que foi empregado no filme polaco O czym się nie mówi (1939).[10] [9]
1917 Jego ostatni czyn Aleksander Hertz Sphinx Company [11]

Alemaña (período mudo)

editar
Ano Filme Director Compañía Notas Ref.
1917 Nicht lange täuschte mich das Glück Kurt Matull Saturn-Film AG Negri interpreta un dobre papel secundario como monxa e bailarina de cabaré [12]
1917 Zügelloses Blut Descoñecido Saturn-Film AG [12]
1917 Küsse, die man stiehlt im Dunkeln Descoñecido Saturn-Film AG [12]
1917 Die toten Augen Descoñecido Saturn-Film AG [12]
1917 Wenn das Herz in Haß erglüht Kurt Matull Saturn-Film AG O filme consérvase e foi amosado en La Cinémathèque Française de París e no Museo do Cinema de Łódź, Polonia [13]
1918 Rosen, die der Sturm entblättert Unknown Saturn-Film AG [12]
1918 Mania Eugen Illés UFA Deseños dos escenarios de Paul Leni
Título completo: Mania, Die Geschichte einer Zigarettenarbeiterin.
[12]
1918 Die Augen der Mumie Mâ Ernst Lubitsch UFA Primeira colaboración Negri/Lubitsch [14]
1918 Der Gelbe Schein Victor Janson e Eugen Illés UFA [12]
1918 Carmen Ernst Lubitsch UFA [12]
1919 Das Karussell des Lebens Georg Jacoby UFA [7]
1919 Blutrache Georg Jacoby UFA [12]
1919 Dämmerung des Todes Georg Jacoby UFA [13]
1919 Kreuziget sie! Georg Jacoby UFA [7]
1919 Madame Dubarry Ernst Lubitsch UFA [7]
1919 Komtesse Dolly Georg Jacoby UFA [7]
1920 Die Marchesa d'Armiani Alfred Halm UFA [7]
1920 Sumurun Ernst Lubitsch UFA Remake da produción teatral de Max Reinhardt, que tamén incluía a Negri e Lubitsch nos mesmos papeis, única vez en que ambos apareceron xuntos na pantalla e última vez que Lubitsch apareceu en escena como actor. [7]
1920 Das Martyrium Paul Ludwig Stein UFA [7]
1920 Die geschlossene Kette Paul Ludwig Stein UFA [7]
1920 Arme Violetta Paul Ludwig Stein UFA [7]
1921 Die Bergkatze Ernst Lubitsch UFA Comedia expresionista e parodia dos filmes expresionistas [7]
1921 Sappho Dimitri Buchowetzki UFA [14]
1923 Die flamme Ernst Lubitsch Ernst Lubitsch Film GmbH Último filme alemán de Ernst Lubitsch [14]

Período da Paramount

editar
Ano Filme Director Compañía Notas Ref.
1923 Bella Donna George Fitzmaurice Famous Players-Lasky/Paramount Remake do filme de 1915 Bella Donna [15]
1923 The Cheat George Fitzmaurice Famous Players-Lasky/Paramount Remake do filme de 1915 The Cheat [15]
1923 Hollywood James Cruze Famous Players-Lasky/Paramount Negri ten un cameo no filme, que inclúe aparicións doutras estrelas de Hollywood da época [15]
1923 The Spanish Dancer Herbert Brenon Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1924 Shadows of Paris Herbert Brenon Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1924 Men Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1924 Lily of the Dust Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1924 Forbidden Paradise Ernst Lubitsch Famous Players-Lasky/Paramount Única colaboración estadounidense entre Lubitsch e Negri e último filme xuntos [15]
1925 East of Suez Raoul Walsh Famous Players-Lasky/Paramount Último filme de Negri dirixido por Raoul Walsh [15]
1925 The Charmer Sidney Olcott Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1925 Flower of Night Paul Bern Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1925 A Woman of the World Malcolm St. Clair Famous Players-Lasky/Paramount [15]
1926 The Crown of Lies Dimitri Buchowetzki Famous Players-Lasky/Paramount [16]
1926 Good and Naughty Malcolm St. Clair Famous Players-Lasky/Paramount [17]
1927 Hotel Imperial Mauritz Stiller Famous Players-Lasky/Paramount Rompeu marcas de vendas de billetes [18]
1927 Barbed Wire Rowland V. Lee
Mauritz Stiller
Paramount Mauritz Stiller comezou o filme, pero foi substituído por Rowland V. Lee no inicio [19]
1927 The Woman on Trial Mauritz Stiller Paramount Aínda que se perdeu a maior parte, o Museum of Modern Art é propietario dalgúns fragmentos.[20] [19]
1928 The Secret Hour Rowland V. Lee Paramount [19]
1928 Three Sinners Rowland V. Lee Paramount [19]
1928 Loves of an Actress Rowland V. Lee Paramount Silent film with soundtrack [19]
1928 The Woman from Moscow Ludwig Berger Paramount Título alternativo: Rachel
Filme mudo con banda sonora
[19]

Internacionais (período sonoro)

editar
Ano Filme Director Compañía País Notas Ref.
1929 The Woman He Scorned Paul Czinner Charles Whittaker Productions UK (distribuído por Warners UK) Reino Unido Títulos alternativos: The Way of Lost Souls, Street of Abandoned Children
Filme mudo con banda sonora, último filme mudo de Negri.
[21]
1932 A Woman Commands Paul L. Stein RKO Estados Unidos Título alternativo: Maria Draga
Primeiro filme sonoro de Negri, inclúe as cancións "Paradise", "I Wanna Be Kissed" e "Promise You Will Remember Me". "Paradise" foi un grande éxito e converteuse nun estándar durante moitos anos, sendo versionado por Russ Colombo e Louis Prima, incluído no programa de televisión Adventures in Paradise, e empregado na banda sonora de moitos outros filmes da época.
[22]
1934 Fanatisme Tony Lekain, Gaston Ravel Pathé Francia Único filme francés de Negri, no que aparece cantando tres cancións [23]
1935 Mazurka Willi Forst Cine-Allianz/Tobis-Klangfilm Alemaña Inclúe as cancións "Je sens en moi", "Mazurka" e "Nur eine Stunde". Fíxose un remake en 1937 por Warner Brothers como Confession, dirixido polo director austríaco Joe May [24]
1936 Moskau-Shanghai Paul Wegener UFA Alemaña Títulos alternativos: Von Moskau nach Shanghai, Der Weg nach Shanghai, Begegnung in Shanghai, Zwischen Moskau und Shanghai
Inclúe a canción "Mein Herz hat Heimweh..."
[25]
1937 Madame Bovary Gerhard Lamprecht UFA Alemaña Único filme sonoro alemán de Negri estreado nos Estados Unidos [25]
1937 Tango Notturno Fritz Kirchhoff UFA Alemaña Inclúe as cancións "Ich hab an Dich Gedacht" e "Kommt das Glück nicht heut'? Dann kommt es morgen" [26]
1938 Die fromme Lüge Nunzio Malasomma UFA Alemaña [26]
1938 Die Nacht der Entscheidung Nunzio Malasomma UFA Alemaña [25]

Últimos filmes

editar
Ano Filme Director Compañía Notas Ref.
1943 Hi Diddle Diddle Andrew L. Stone Andrew L. Stone Productions (distribuída por United Artists) [27]
1964 The Moon-Spinners James Neilson Walt Disney Productions [25]
  1. "Ancestry Library Edition". Ancestrylibrary.proquest.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. 
  2. Gladysz, Thomas (4 de decembro de 2017). "Pola Negri: Her films were silent. She wasn't". The Huffington Post. Consultado o 1 de marzo de 2018. 
  3. Adam Mickiewicz Institute (2011). "Pola Negri profile". Resource Library. Culture.pl. Consultado o 13 de marzo de 2013. [Ligazón morta]
  4. Delgado 2016, pp. 12–13.
  5. Pola Negri FAQ Arquivado 01 de marzo de 2018 en Wayback Machine., Polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014.
  6. 6,0 6,1 6,2 Haltof 2002, p. 6.
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 7,10 Delgado 2016, p. 18.
  8. Delgado 2016, p. 15.
  9. 9,0 9,1 9,2 Haltof 2002, p. 20.
  10. Delgado 2016, p. 16.
  11. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 12,5 12,6 12,7 12,8 Delgado 2016, p. 17.
  12. 13,0 13,1 Kotowski 2014, p. 214.
  13. 14,0 14,1 14,2 Delgado 2016, p. 19.
  14. 15,00 15,01 15,02 15,03 15,04 15,05 15,06 15,07 15,08 15,09 15,10 15,11 Kotowski 2014, p. 215.
  15. Delgado 2016, pp. 56, 96.
  16. Delgado 2016, p. 97.
  17. Kotowski 2014, p. 207.
  18. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 Kotowski 2014, p. 153.
  19. "The Woman On Trial / Mauritz Stiller [motion picture]". Library of Congress. American Silent Feature Film Survival Database. Consultado o 22 de decmebro de 2017.   
  20. Kotowski 2014, p. 163.
  21. Kotowski 2014, p. 168.
  22. Kotowski 2014, p. 208.
  23. Kotowski 2014, p. 173.
  24. 25,0 25,1 25,2 25,3 Kotowski 2014, p. 217.
  25. 26,0 26,1 Kotowski 2014, p. 180.
  26. Kotowski 2014, p. 184.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar