Pobo xeorxiano
Os xeorxianos,[10] tamén chamados kartvelianos[11] (en xeorxiano: ქართველები, kartvelebi) son un grupo étnico que constitúe a maioría da poboación de Xeorxia. Tamén hai grandes comunidades de xeorxianos en Rusia, Turquía, Grecia, Irán, Ucraína, os Estados Unidos, e nalgúns países da Unión Europea.
Pobo xeorxiano | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 4 millóns | |
Rexións principais: | |
Xeorxia | 3 223 600[1] |
Rusia | ~157 803[2] |
Irán | ~100 000[3] |
Ucraína | ~34 199[4] |
Grecia | ~27 400[5][6] |
Italia | ~14 045[7] |
Turquía | ~158 000[8] |
Canadá | ~3 155[9] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Xeorxiano e outras linguas kartvelianas |
Relixión | Cristianismo Igrexa ortodoxa xeorxiana |
Os xeorxianos proveñen dos antigos habitantes da Cólquida e do Reino de Iberia. Despois da cristianización de Iberia por San Nino, foron un dos primeiros pobos en aceptar a fe de Xesús a comezos do século IV, e no presente, a maioría dos xeorxianos son cristiáns ortodoxos e seguen á Igrexa ortodoxa xeorxiana. Tamén hai pequenas comunidades xeorxianas católicas e musulmás en Tbilisi e Adzaria, así como un significativo número de non relixiosos.
Notas
editar- ↑ "Total population by regions and ethnicity". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2016. Consultado o 02 de maio de 2017.
- ↑ "Итоги Всероссийской переписи населения 2010 года в отношении демографических и социально-экономических характеристик отдельных национальностей". Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2021. Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ Jump up to: a b Rezvani, Babak (Winter 2009). "The Fereydani Georgian Representation". Anthropology of the Middle East 4 (2): 52–74. doi:10.3167/ame.2009.040205.
- ↑ "Всеукраїнський перепис населення 2001 - English version - Results - Nationality and citizenship - The distribution of the population by nationality and mother tongue - Selection:". Consultado o 21 de agosto de 2015.
- ↑ "Archived copy" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2013. Consultado o 3 de xuño de 2014.
- ↑ ქართველები საბერძნეთში Arquivado 26 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. State Ministry on Diaspora Issues of Georgia
- ↑ [1] ISTAT
- ↑ "Georgian in Turkey". Joshua Project. Consultado o 17 de marzo de 2017.
- ↑ Statistics Canada. "2011 National Household Survey: Data tables". Consultado o 11 de febreiro de 2014.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xeorxiano.
- ↑ "Entrada kartveliano -na en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 26 de novembro de 2018.