Os mixtecos[3] (Ñuù savi) son un pobo indíxena que habita en México, na rexión coñecida como La Mixteca, en Oaxaca e Puebla así como na rexión montañosa de Guerrero. Os pobos mixtecos están divididos en tres grupos: os mixtecos altos pertencen á clase alta e son polo xeral ricos, os mixtecos baixos son polo xeral pobres, e os mixtecos da costa que viven na costa do pacífico de Oaxaca e Guerrero. A lingua mixteca forma unha póla principal da familia de linguas otomangueanas.

Pobo mixteco
O rei e guerreiro mixteco Oito Veado Gadoupa de Xaguar (dereita) con Catro Xaguar, nunha representación do Codex Zouche-Nuttall.
Poboación
Poboación total:
Arredor de 830 000[1][2]
Rexións principais:
MéxicoOaxaca, Puebla, Guerrero e Chiapas
Aspectos culturais
LinguaLingua mixteca e castelán
Relixióncatolicismo con elementos de crenzas tradicionais
Grupos
relacionados
pobos zapotecas e pobo trique

Nos tempos precolombianos, as cidades estado mixtecas competían entre elas e cos reinos zapotecos. A principal cidade mixteca foi Tututepec que conseguiu máis prominencia no século XI baixo o liderado de Oito Veado Gadoupa de Xaguar, o único rei mixteca que uniu as cidades das terras altas e baixas nun único estado. Ó igual que o resto de pobos indíxenas de México, os mixtecas foron conquistados polos invasores españois no século XVI. O número de mixtecas antes da conquista roldaba os 1,5 millóns.[4] Hoxe en día, o seu número é duns 800 000 en México, e tamén hai poboacións importantes nos Estados Unidos.

  1. Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indios (CDI) (2000): Lenguas indígenas de México Arquivado 22 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Viewed 2006-11-30.
  2. Instituto dos Mexicanos no Exterior: Lazos. Síntesis informativa Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., 2005-1-24. Viewed 2006-11-30
  3. "Entrada mixteco en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 06 de xullo de 2017. 
  4. archaeology.about.com › ... › Archaeology 101 › Glossary › M Terms

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Kevin Terraciano (2004). The Mixtecs of Colonial Oaxaca: Nudzahui History, Sixteenth Through Eighteenth Centuries. Stanford University Press. ISBN 978-0804751049.