Os galeses[13] (galés: cymry), son unha nación e grupo étnico nativo de Gales. A súa lingua nativa é o galés, que pertence á familia de linguas célticas insulares, e foi historicamente falada en toda Gales. O seu devanceiro, o britano foi falada en toda a illa de Gran Bretaña. Antes do século XX, unha gran cantidades de galeses falaban só galés, con escasos ou nulos coñecementos do inglés.[14] Malia que o galés se mantivo como a lingua predominante nalgunhas áreas do país de Gales, particularmente no norte e no oeste, o inglés é a lingua predominante en case todo o país. Porén, un número significativo de galeses, mesmo os que viven en áreas predominantemente de fala inglesa son falantes de galés en diversos graos.

Pobo galés
Poboación
Poboación total:
6–16,3 millóns[1]
Rexións principais:
Gales Gales3 millóns[1][2][3][4]
(só de ascendencia galesa)
Estados Unidos de América Estados Unidos1,75–1,81 millóns[5]
Inglaterra Inglaterra6097 11[6]
Canadá458 705[7]
Australia Australia125 597[8]
Arxentina50 000[9]
Escocia Escocia16 623[10]
Nova Zelandia Nova Zelandia9 966[11]
Aspectos culturais
Linguagalés e inglés
RelixiónCristianismo
Grupos
relacionados
Celtas: Britónicos (córnicos, bretóns), Gaélicos (irlandeses, manx, escoceses)[12]

Mesmo que a lingua galesa e os seus devanceiros foron falados na actual Gales dende antes da incursión romana en Britania, o historiador John Davies suxire que a orixe da "nación galesa" procede dos séculos IV e V, após a marcha dos romanos.[15] O termo "pobo galés" aplícase ós habitantes de Gales e á xente con devanceiros galeses que se identifican cunha orixe e unha herdanza cultural.[16]

No 2016, unha análise xeográfica dos apelidos galeses levada a cabo polo Goberno Galés descubriu que unhas 718 000 persoas (arredor do 35% da poboación galesa) ten un apelido de orixe galesa, comparado co 5,3% no resto do Reino Unido, o 4,7% en Nova Zelandia, o 4,1% en Australia e o 3,8% nos Estados Unidos, o cal representan 16,3 millóns de persoas neses países que teñen cando menos algún devanceiro galés.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Richard Webber. Welsh Assembly, ed. "The Welsh diaspora : Analysis of the geography of Welsh names" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de setembro de 2018. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  2. ons.gov.uk, ed. (16 de xullo de 2012). "2011 Census - Population and Household Estimates for Wales, March 2011" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 20 de maio de 2016. 
  3. "2011 Census - Population and Household Estimates for Wales" (PDF). Office for National Statistics. marzo de 2011. p. 6. Consultado o 13 de decembro de 2012. 
  4. "2011 Census: Key Statistics for Wales, March 2011" (PDF). Office for National Statistics. 11 de decembro de 2012. Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  5. "2012 American Community Survey 1-Year Estimates". United States Census Bureau. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  6. Neighbourhood Statistics. "Welsh people in England". Neighbourhood.statistics.gov.uk. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2011. Consultado o 17 de outubro de 2009. 
  7. Statistics Canada. "2011 National Household Survey: Data tables". Consultado o 19 de febreiro de 2014. 
  8. Australian Government - Department of Immigration and Border Protection. "Welsh Australians". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  9. Welsh Government, ed. (2008). "Wales and Argentina". Wales.com website. Consultado o 8 de outubro de 2010. [Ligazón morta]
  10. "City of Aberdeen: Census Stats and Facts page 25, section 18, Country of birth". Aberdeen. 2003. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de abril de 2010. Consultado o 6 de abril de 2010. 
  11. "The 2001 New Zealand census reports 3,342 people stating they belong to the Welsh ethnic group.". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2005. Consultado o 25 de maio de 2017. 
  12. Ed. Wade Davis and K. David Harrison (2007). National Geographic Society, ed. Book of Peoples of the World. p. 225. ISBN 978-1-4262-0238-4. 
  13. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para galeses.
  14. Janet Davies, Universidade de Gales, Bath (1993). The Welsh Language, page 34
  15. Davies, John (1994) A History of Wales. Penguin: p.54; ISBN 0-14-014581-8.
  16. The Welsh people: chapters on their origin, history and laws by Sir John Rhys, Sir David Brynmor Jones. 1969

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar