Platihelmintos

(Redirección desde «Platelminto»)
Platihelmintos

Pseudobiceros bedfordi
Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Platyzoa
Filo: Platyhelminthes
Gegenbaur, 1859
Clase

Os platihelmintos (Platyhelminthes, do grego πλατύ, "plano" e ἕλμινς , "verme") constitúen un filo de animais invertebrados non segmentados. Os membros deste grupo non teñen unha verdadeira cavidade corporal, e carecen de aparello circulatorio e respiratorio, o que os restrinxe a ter formas achatadas, que permiten que o osíxeno e nutrientes poidan penetrar a través do seu organismo por difusión.

Características xerais

editar

Os platihelmintos son animais bilaterais acelomados que gardan bastante semellanza cos Radiados, mantendo só algunhas diferenzas que fan que os situemos en grupos distintos. Entre elas temos:

  1. A diferenza na simetría, que no caso dos Radiados é unha radial e nos platihelmintos é unha simetría bilateral.
  2. Neste grupo comeza a xurdir unha incipiente cefalización, aparecendo un cerebro simple e uns órganos dos sentidos: manchas oculares, quimiorrecetores etc.
  3. Aparece un verdadeiro mesoderma entre o ectoderma e o endoderma, que produce o parénquima mesenquimático no cal están dispostos os órganos internos. A diferenza da maioría de bilaterais carecen de celoma, e dicir, dunha cavidade xeral polo que a estrutura do corpo é de tipo macizo e por iso están dentro do grupo do acelomados.
  4. Presentan uns protonefridios.
  5. Aparece un aparato reprodutor complexo.
  6. Os ovos presentan segmentación espiral determinada.

Filoxenia

editar

Os platihelmintos tradicionalmente dividíronse en dous grandes grupos: o primeiro deles, os Turbelarios, son principalmente animais non parasitos de tipo depredador. Os outros tres grupos, Cestodos, Trematodos e Monoxeneos son parasitos nalgunha fase dos seus complexos ciclos vitais. Actualmente esta clasificación está sendo revisada xa que se pensa que segundo as novas clasificacións, os Acelomorfos forman o seu propio filo [1] pero antes se lles consideraba dentro do grupo dos platihelmintos turbelarios.

Os platihelmintos restantes forman un grupo monofilético, é dicir, unha agrupación que contén todos os descendentes dun único antepasado común sendo el mesmo un membro do grupo. Na redefinición dos Platihelmintos agora forman parte do superfilo Lophotrochozoa.

  1. Baguñà, Jaume; Riutort, Marta (2004-02-01). "Molecular phylogeny of the Platyhelminthes". Canadian Journal of Zoology (en inglés) 82 (2): 168–193. ISSN 0008-4301. doi:10.1139/z03-214. 

Véxase tamén

editar