Planta leñosa
Unha planta leñosa é calquera planta vascular cun talo perenne, por riba da superficie do chan, e cuberto dunha capa de espesa casca, que é, o talo soporte do crecemento continuo vexetativo por riba do chan.
Unha planta perenne con talo leñoso verdadeiro contén madeira, primeiramente composto de estruturas de celulosa e de lignina, dando soporte ao sistema vascular de movementos de auga e de nutrientes desde as raíces ás follas, e azucres desde as follas ao resto da planta. Moitas plantas leñosas forman novas capas de tecido leñoso cada ano, incrementando o seu diámetro de tronco. A nova madeira deposítase nas partes exteriores do talo debaixo da cortiza; mais nalgunhas monocotiledóneas como as palmas e dracaenas, o durame (ou cerna) fórmase en feixes de células meristemáticas dentro do tronco. Nas palmeiras, a leña fórmase no centro do talo. A capa da derme foi modificada para protexer o tecido vascular dos elementos cunha grosa cobertura de tecido morto, xeralmente chamado casca.
As plantas leñosas xeralmente ou son árbore, arbustos, ou cactos.
Algunhas plantas anuais forman tecidos leñosos no seu único ano, morrendo ao final da estación de crecemento. Son talos herbáceos sen tecido morto de recobremento.
As herbas leñosas non teñen a espesa cortiza de recobremento, mais desenvolve talos fortes con feixes vasculares. Son as plantas como Uraria picta e certas especies da Familia das Polygonaceae. Esas herbas non son verdadeiramente leñosas, mais teñen tecido leñoso densamente empaquetado. Outras plantas herbáceas teñen tecido leñoso chamado caudex, como tamén no xénero das Cycas, que é un tecido de condución vascular engrosado: Frecuente de atopar en spp. de ambientes montañosos ou secos. Nos fieitos arbóreos, o caudex é un tronco leñoso forte.