Piotr Chaikovski

compositor ruso
(Redirección desde «Petr Ilich Chaikovskii»)

Petr Ilich Chaikovskii (en ruso: Пётр Ильич Чайковский, pronunciado [ˈpʲotr ɪlʲˈjit͡ɕ t͡ɕɪjˈkofskʲɪj]; ( escoitar), nado en Votkinsk o 25 de abrilxul./ 7 de maio de 1840greg. e finado en San Petersburgo o 25 de outubroxul./ 6 de novembro de 1893greg., foi un dos compositores rusos máis importantes do século xix. É autor dalgunhas das obras de música clásica máis famosas do repertorio actual, por exemplo os ballets O lago dos cisnes e O Quebranoces, a Abertura 1812, a abertura-fantasía Romeu e Xulieta, o Primeiro concerto para piano, o Concerto para violín, as súas sinfonías Cuarta, Quinta e Sexta (Tamén chamada Patética) e a ópera Evgenii Onegin.

Modelo:BiografíaPiotr Chaikovski

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Петръ Ильичъ Чайковскій
(ru) Пётр Ильич Чайковский Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de abril de 1840 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Vótkinsk (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de outubro de 1893 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata (53 anos)
rúa Malaya Morskaya, 13 (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecólera, disputado Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Tikhvin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático Conservatório de Moscovo (pt) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaKlin (Oblast de Moscou) (pt) Traducir (1892–1893)
Moscova (1881–1881)
Europa (1881–1892)
Roma (1879–1880)
Florencia (1878–1878)
Clarens (1877–1877)
Moscova (1866–1877)
San Petersburgo (1850–1866)
Alapayevsk (pt) Traducir (1849–1850)
San Petersburgo (1848–1849)
Moscova (1848–1848)
Vótkinsk (1840–1848)
Klin (Oblast de Moscou) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónConservatório de São Petersburgo (pt) Traducir (–1865)
Imperial School of Jurisprudence (en) Traducir (1850–1859 (Xuliano)) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, music-learning theory (en) Traducir, educación musical e música Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo San Petersburgo
Moscova Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector de orquestra (–1893), profesor de música (1866–1878), crítico musical, compositor, autor de diarios, autobiógrafo, pianista, coreógrafo, tradutor, libretista, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Período de actividadexuño de 1859 Editar o valor en Wikidata - 16 de outubro de 1893 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorConservatório de Moscovo (pt) Traducir (1866–)
Universidade de Washington Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSinfonía, ópera, ballet (en) Traducir, música clásica e romanticismo musical Editar o valor en Wikidata
ProfesoresNikolai Zaremba (pt) Traducir e Anton Rubinstein (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosAlexander Siloti (pt) Traducir, Pyotr Danilchenko (en) Traducir e Thomas Matthew James Joyce (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
MecenasNadejda von Mekk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAntonina Miliukova (1877–1877) Editar o valor en Wikidata
PaisIliá Petróvitch Editar o valor en Wikidata  e Aleksandra Tchaikovskaya Editar o valor en Wikidata
IrmánsModest Tchaikovsky
Anatoly Tchaikovsky
Aleksandra Davydova
Ippolit Chaykovsky Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
17 de maio de 1840bautismo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:29 : Чаган — Экс-ле-Бен, sec:Чайковский Петр Ильич, p.12-13)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006318 IBDB: 12486
BNE: XX4578529 Spotify: 3MKCzCnpzw3TjUYs2v7vDA iTunes: 262899 Last fm: Пётр Ильич Чайковский Musicbrainz: 9ddd7abc-9e1b-471d-8031-583bc6bc8be9 Discogs: 999914 IMSLP: Category:Tchaikovsky,_Pyotr Allmusic: mn0000317716 WikiTree: Tchaikovsky-7 Find a Grave: 1512 Editar o valor en Wikidata

Nado nunha familia de clase media, a educación que recibiu Chaikovskii estaba dirixida a preparalo como funcionario, malia a precocidade musical que mostrou. En contra dos desexos da súa familia, decidiu seguir unha carreira musical e en 1862 accedeu ao Conservatorio de San Petersburgo, graduándose en 1865. A formación que recibiu, formal e orientada ao estilo musical occidental, apartouno do movemento contemporáneo nacionalista coñecido como o «Grupo dos Cinco» conformado por un grupo de mozos compositores rusos, cos cales Chaikovskii mantivo unha relación profesional e de amizade ao longo da súa carreira.

Aínda que non pertencía ao chamado Grupo dos Cinco (Musorgskii, César Cui, Rimskii-Korsakov, Balakirev e Borodin), formado por compositores nacionalistas rusos, a súa música deveu coñecida e admirada por mor do seu carácter tradicionalmente ruso e mais polas súas características harmónicas e de vivas melodías. A diferenza do grupo referido, as súas obras foron notabelmente occidentalizadas, empregando decote elementos propios das técnicas compositivas imperantes no estranxeiro. Chaikovskii, ao igual ca Mozart, é un dos poucos compositores aclamados que se sentía igualmente confortábel escribindo óperas, sinfonías, concertos e obras para piano.

Mentres desenvolvía o seu estilo, Chaikovskii escribiu música en varios xéneros e formas, incluíndo a sinfonía, ópera, ballet, música instrumental, de cámara e a canción. A pesar de contar con varios éxitos, nunca tivo moita confianza ou seguridade en si mesmo e a súa vida estivo salpicada polas crises persoais e períodos de depresión. Como factores que quizais contribuíron a isto, poden mencionarse a súa homosexualidade reprimida e o medo a que se revelase a súa condición, o seu desastroso matrimonio e o repentino colapso da única relación duradeira que mantivo na súa vida adulta: a súa asociación de 13 anos coa rica viúva Nadezhda von Meck. No medio desta axitada vida persoal, a reputación de Chaikovskii aumentou; recibiu honras por parte do tsar, obtivo unha pensión vitalicia e foi encomiado nas salas de concertos de todo o mundo. A súa repentina morte aos 53 anos adoita atribuírse xeralmente ao cólera pero as súas circunstancias son obxecto de debate xa que tamén se suscitou a hipótese do suicidio, por contaxio voluntario coa enfermidade ou por outra forma de envelenamento.[1]

Malia contar cunha gran popularidade nas audiencias de todo o mundo, Chaikovskii recibiu ás veces duras críticas por parte de músicos, críticos e compositores. Porén, a súa reputación como compositor de importancia é hoxe en día segura,[2] tendo desaparecido por completo a soberbia coa que os críticos occidentais de comezos e mediados do século xx catalogaron a súa música como vulgar e falta de pensamento.[3]

Traxectoria

editar
 
A familia Chaikovskii en 1848. De esquerda a dereita: Petr, Aleksandra Andreevna (nai), Aleksandra (irmá), Ippolit, Ilia Petrovich (pai).

Petr Chaikovskii naceu en Votkinsk, unha pequena poboación na actual Udmurtia, que anteriormente foi parte do óblast de Viatka do Imperio Ruso. Chaikovskii foi o segundo fillo do matrimonio formado por Ilia Petrovich Chaikovskii (1795-1880; "Ilich" quere dicir "fillo de Ilia") e Aleksandra Andreevna Chaikovskii (1812-1854; de solteira Assier).

A súa familia paterna era orixinaria da vila ucraína de Nikolaevka, e o apelido Chaikovskii provén do seu bisavó Fedor Chaika. O pai de Chaikovskii estudou enxeñaría de minas na Universidade de San Petersburgo, e en 1837 converteuse no director da fábrica de Votkinsk, cidade que era famosa pola súa industria do ferro. Ilia Chaikovskii tivo unha filla, Zinaida, froito do seu matrimonio coa súa primeira muller, Maria Kaiser, da que enviuvou en 1830.

Por outra banda, a familia materna de Chaikovskii era de procedencia francoalemá. O seu avó, Michael Heinrich Maximilian Acier, foi profesor de francés e alemán na escola militar de San Petersburgo, até que en 1800, coa súa afiliación á Coroa Imperial trocou o seu nome polo de Andrei Mikhailovich Assier. Estivo casado dúas veces, e froito do seu primeiro matrimonio naceu Aleksandra. Esta, trala separación dos seus pais e a morte da súa nai en 1816, ingresou no Instituto da Patria, unha escola para orfas de familias da aristocracia financiada polo Estado. En 1833 coñeceu a Ilia Chaikovskii, co que posteriormente contraería matrimonio.

Ademais da súa media irmá Zinaida (1829-1878), Chaikovskii tivo 5 irmáns: Nikolai (1838-1911), que seguiría os pasos do seu pai coma enxeñeiro de minas; Aleksandra (1841-1891); Ippolit (1843-1927), que se convertería en oficial naval; e os xemelgos Anatolii (1850-1915) e Modest (1850-1916), que se dedicarían á avogacía e ao ensino, respectivamente. Chaikovskii tivo sempre unha relación moito máis próxima coa súa irmá e cos xemelgos, un dos cales, Modest, se converteu no seu biógrafo oficial.

En 1843, os pais de Chaikovskii contrataron os servizos dunha institutriz francesa chamada Fanny Dürbach. A súa paixón e afecto polo cargo contrarrestaban a actitude de Aleksandra, descrita por un biógrafo como unha nai fría, infeliz e distante, non dada a mostrar afecto físico.[4] Con todo, outros autores afirman que Aleksandra adoraba ao seu fillo.[5]

Os primeiros contactos de Chaikovskii coa música foron extractos de pezas de Mozart, Rossini, Bellini e Donizetti. En 1844, con catro anos, fixo a súa primeira composición titulada "A nosa nai en Petersburgo", axudado pola súa irmá Aleksandra (que contaba tres anos). En 1845 comezou a recibir clases de piano e a familiarizarse coas "mazurcas" de Chopin.

En 1848, Ilia Chaikovskii dimitiu do seu posto en Votkinsk e a familia mudouse primeiro a Moscova e logo a San Petersburgo, onde Ilia contaba con obter un novo traballo. Alí, Chaikovskii e o seu irmán Nikolai ingresaron no centro privado Schmelling School, onde Chaikovskii puido continuar coas súas clases de piano. Non obstante, a toma do posto de traballo de Ilia Chaikovskii non se produciu e a familia tivo que trasladarse en 1849 a Alapaevsk.

 
Vista actual da Escola Imperial de Xurisprudencia.

En 1850 Chaikovskii ingresou na Escola de Xurisprudencia de San Petersburgo, onde se graduaría en 1859. Esta institución atendía principalmente á pequena nobreza e prepararía a Chaikovskii como funcionario. Dado que a idade mínima para acceder era de doce anos, Chaikovskii tivo que pasar dous anos nun internado da escola preparatoria da Escola Imperial de Xurisprudencia, a uns 1 300 km da súa familia.[6] Unha vez que estes dous anos pasaron, Chaikovskii foi trasladado á Escola Imperial de Xurisprudencia para empezar un curso de estudos que duraría sete anos.[7] Durante este tempo participou no coro da escola e fixo os seus primeiros intentos de composición.

Compositor emerxente

editar

En 1952 a familia Chaikovskii mudouse a San Petersburgo, onde a súa nai Aleksandra faleceu repentinamente de cólera o 25 de xuño de 1854. Este feito tan traumático estreitou aínda máis a relación de Chaikovskii cos seus irmáns xemelgos, afectoulle tanto que se sentiu incapaz de darlle a noticia a Fanny Dürbach ata transcorridos dous anos.[8] Con todo, uns meses logo da morte da súa nai, realizou o primeiro intento serio de composición, un valse na súa memoria. Varios autores afirman que a perda da súa nai contribuíu ao desenvolvemento sexual de Chaikovskii, así como a súa experiencia coas supostamente estendidas prácticas homosexuais entre estudantes da Escola Imperial de Xurisprudencia.[9] Sexa cal for a verdade disto, algunhas amizades cos seus compañeiros, como Aleksei Apukhtin e Vladimir Gerard, foron o suficientemente intensas para durar o resto da súa vida.[10]

A música non era unha prioridade alta na Escola,[11] pero Chaikovskii asistía regularmente ao teatro e á ópera con outros estudantes.[12] Afeccionouse ás obras de Rossini, Bellini, Verdi e Mozart. O fabricante de pianos Franz Becker realizaba visitas de cando en vez á Escola como profesor de música simbólico. Esta foi a única instrución formal sobre música que recibiu alí. Desde 1855, o seu pai, Ilia Chaikovskii, financioulle leccións privadas con Rudolph Kündinger, un recoñecido profesor de piano de Núremberg. Ilia ademais preguntoulle a Kündinger sobre a posibilidade dunha carreira musical para o seu fillo. Kündinger contestou que nada suxería que fose un compositor potencial ou ata un bo intérprete. A Chaikovskii díxoselle que acabase o seu curso e logo intentase acceder a un posto no Ministerio de Xustiza.[13]

Chaikovskii graduouse o 25 de maio de 1859 co rango de conselleiro titular, o rango máis baixo na carreira de funcionario. O 15 de xuño foi admitido no Ministerio de Xustiza. Seis meses máis tarde alcanzou o posto de asistente subalterno e dous meses logo disto, asistente superior. Nese cargo quedou Chaikovskii para o resto da súa carreira de funcionario, que duraría tres anos.[14]

Os inicios na música

editar
 
Tchaikovski de rapaz, ano 1863

No verán de 1861 Chaikovskii acudiu a unha clase de harmonía impartida por Nikolai Zaremba na Sociedade de Música Rusa.[15] Cando o Conservatorio de San Petersburgo abriu no ano 1862, Chaikovskii atopábase entre os inscritos. Chaikovskii non deixaría o seu posto no Ministerio ata «que non estivese bastante seguro de que estou destinado a ser músico no canto de funcionario».[16] Desde 1862 ata 1865 estudou harmonía, contrapunto e fuga con Zaremba, e Anton Rubinstein, director e fundador do Conservatorio, impartiulle instrumentación e composición.[17] Decidido a consagrar a súa vida á música, Chaikovskii dimitiu do seu traballo no Ministerio de Xustiza en 1863. Para sustentarse economicamente, comezou a dar clases de piano e de teoría da música a outros estudantes. Chaikovskii estivo ao redor de tres anos no Conservatorio de San Petersburgo, onde ademais de estudar harmonía con Nikolai Zaremba e orquestración e composición con Anton Rubinstein, se iniciou na frauta e no órgano.

En setembro de 1865 Nikolai Rubinstein (irmán de Anton Rubistein) ofreceulle a Chaikovskii o posto de profesor de harmonía na Sociedade Musical Rusa en Moscova, que máis tarde se convertería no Conservatorio de Moscova baixo a dirección de Rubistein. Por esta época Chaikovskii compuxo as súas primeiras obras, que non revelaron un especial talento e máis ben amosaban unha personalidade pouco definida. Así, en 1866 compuxo a Sinfonía No.1 "Soños de inverno", que foi revisada tralas suxestións de Nikolai Zaremba e Anton Rubinstein. A sinfonía recibiu a súa primeira interpretación completa en Moscova en febreiro de 1868, onde foi ben recibida.[18]

A súa relación cos Cinco

editar
 
Os Cinco. De arriba a abaixo e de esquerda a dereita: Milii Balakirev, César Cui, Modest Musorgskii, Nikolai Rimskii-Korsakov e Aleksandr Borodin.

A orientación de Rubinstein cara á música occidental tróuxolle a oposición do grupo nacionalista musical coñecido como Grupo dos Cinco, aos que coñeceu en San Petersburgo en 1868. A relación con eles nunca foi moi estreita xa que estes non apreciaban as composicións de Chaikovskii por consideralas moi eclécticas e cosmopolitas, a causa da mestura que facía nas súas obras da canción campesiña e o folclore urbano. Ademais ao ser o alumno máis coñecido de Rubinstein, Chaikovskii foi tratado como un branco fácil, especialmente como carne de canón para as críticas de César Cui.[19] Esta actitude cambiou lixeiramente cando Rubinstein abandonou o panorama musical de San Petersburgo en 1867. En 1868 finalizou a súa primeira ópera, "O Voivoda", cuxa música foi ben recibida incluso polo "Grupo dos Cinco". Chaikovskii permaneceu cordial con eles, pero nunca intimou coa maioría do grupo dos Cinco, dado que a súa música lle parecía ambivalente; as súas metas e estilo estético non ían con el.[20] Tamén de 1868 data o seu poema sinfónico Fatum, dedicado a Milii Balakirev (líder do Grupo dos Cinco) que se amosou moi crítico coa peza. En 1869 Chaikovskii iniciou unha relación laboral con Balakirev. o resultado foi o recoñecemento da primeira obra mestra de Chaikovskii , Romeu e Xulieta, (subtitulada Abertura-Fantasía) unha obra que Os Cinco adoptaron incondicionalmente.[21] A abertura-fantasía Romeu e Xulieta estreouse en Moscova en 1870, aínda que sufriu posteriores revisións a raíz das suxestións de Balakirev. Malia a súa colaboración con Balakirev, Chaikovskii fixo considerábeis esforzos para asegurar a súa independencia musical do grupo, así como da facción conservadora no Conservatorio de San Petersburgo.[22]

Na procura do éxito

editar

Desexoso de alcanzar o recoñecemento, Chaikovskii comezou a traballar noutra ópera que rematou en 1869 e enviouna ao Teatro Imperial pero a súa composición foi rexeitada. Como consecuencia o compositor só mantivo catro pezas que incluiría despois na Sinfonía No.2 e no ballet O Lago dos Cisnes, queimando o resto da obra.

En 1872 finalizou a ópera Oprichnik (adaptada dunha traxedia do novelista histórico Ivan Lazhechnikov) e comezou a traballar na Sinfonía No.2, rebautizada posteriormente como Pequena Rusia, que se estrearía en 1873. Datan tamén desta época o Concerto para piano No.1 (1875), a Sinfonía No.3, "A Polaca" (1875, chamada así polo tempo di polacca do quinto movemento) e o ballet O lago dos cisnes (1876, realizado a partir dunha petición do Teatro Imperial de Moscova, constitúe o primeiro da súa triloxía de ballets). O Primeiro concerto para piano recibiu un rexeitamento inicial por parte de Nikolai Rubinstein, persoa á cal o concerto ía dedicado, tal e como contou Chaikovskii tres anos despois.[23] A obra foi entón ofrecida ao pianista Hans von Bülow, cuxo xeito de interpretar impresionara a Chaikovskii durante unha aparición en Moscova en marzo de 1874. Bülow estreou a obra en Boston en outubro de 1875; Rubinstein finalmente acabou apoiando a obra.[24]

A etapa do mecenado

editar
 
Chaikovskii con Antonina Miliukova durante a súa lúa de mel en 1877.
 
Nadezhda von Meck.

A finais de 1876, Chaikovskii coñeceu a Nadezhda von Meck, viúva dun empresario do ferrocarril. Ela coñecía e admiraba a música do compositor e cando se decatou de que este estaba a pasar dificultades económicas comezou a exercer coma a súa mecenas. Iniciaron así unha relación epistolar que durou case catorce anos, cuxa condición principal era que nunca deberían verse en persoa.

Nesta etapa Chaikovskii renunciou ao seu traballo no conservatorio e dedicouse a compoñer e a viaxar. Desta época son a Sinfonía No. 4 (1878, dedicada a Nadezhda von Meck), o Concerto para violín (1878), a ópera Evgenii Onegin(1879), a Serenata para orquestra de corda (1880), a Abertura 1812 (1880, conmemorando a vitoria de Rusia fronte ao exército de Napoleón) e o trío de piano "Á memoria dun grande artista" (1882, en recordo de Nikolai Rubinstein, falecido en 1881).

En decembro de 1887, o compositor iniciou a súa primeira xira de concertos por Europa coma director, visitando Leipzig, Berlín, Praga, Hamburgo, París e Londres. Foi unha xira moi exitosa, especialmente en Praga, París e Londres, onde tivo a oportunidade de coñecer e establecer relacións con músicos afamados, coma Brahms, Grieg e Dvorák. Ao seu regreso a Rusia en 1888 instalouse na vila de Klin, onde comezou a compoñer a Sinfonía No.5, inspirada na morte do seu amigo Nikolai Rubinstein. Máis tarde ese mesmo ano comezou a traballar no ballet A Bela Durmiñona (1889, por mor dun encargo do Teatro de San Petersburgo).

En setembro de 1890, Chaikovskii recibiu unha carta de Nadezhda von Meck na que lle explicaba que se atopaba na bancarrota e en consecuencia non podía seguir financiando o seu traballo. Existe outra teoría paralela que apunta a que a viúva comezou a oír rumores sobre a homosexualidade do compositor e, sentíndose non correspondida na súa relación, decidiu poñer fin á súa correspondencia. Chaikovskii, ante o inesperado da noticia, quedou sumido nunha depresión durante algún tempo.

Os derradeiros anos

editar

En 1890, Chaikovskii aceptou outros dous encargos do Teatro Imperial para compoñer unha ópera (Iolanda) e un ballet (O Quebranoces). Ao mesmo tempo recibiu unha invitación para dirixir as súas obras en América coa ocasión da apertura do Carnegie Hall en Nova York. Durante esta viaxe recibiu a noticia do falecemento da súa irmá Aleksandra pero decidiu continuar coa xira. En total dirixiu seis concertos: catro en Nova York, un en Baltimore e outro en Filadelfia. O compositor quedou realmente abraiado e agradecido da calorosa acollida que tivo o tour.

Unha vez de volta en Rusia, continuou coa composición do ballet O Quebranoces (1891, baseado na adaptación de Alexandre Dumas) e da ópera Iolanda (1891, a historia dunha princesa medieval cega). A première das dúas obras tivo lugar en decembro de 1892 no Teatro Mariinskii de San Petersburgo, contando coa presenza do tsar e da familia real. O ballet tivo un grande éxito pero a ópera non resultou tan atractiva para o público.O compositor, algo decepcionado, abandonou a cidade por unha tempada.

De regreso a Klin en 1893, Chaikovskii comezou a traballar na Sinfonía No.6. En maio o compositor viaxou a Inglaterra para recibir o título de Doutor Honoris Causa en Música da Universidade de Cambridge. Meses despois decidiu o título da súa sexta sinfonía: "Pateticheskaia", que podería traducirse do ruso coma "Apaixonada" en relación á súa forza, e non por "Patética", como se coñece hoxe en día, xa que esta denominación leva implícito un sentido erróneo de sufrimento e tristura.

Morte do compositor

editar
 
Tumba de Chaikovskii no mosteiro Alexandre Nevski.

Chaikovskii finou o 6 de novembro de 1893 en San Petersburgo. A versión oficial indicou que o compositor faleceu a consecuencia do cólera por inxerir auga non fervida. Existen outras teorías que indican que a súa morte foi un "suicidio obrigado" como castigo por manter relacións homosexuais cun home pertencente ao ámbito real (un castigo que sería imposto por un tribunal de honor da Escola de Xurisprudencia de San Petersburgo). Estudos recentes indican que a teoría do suicidio forzado non ten sentido na sociedade rusa da época, xa que Chaikovskii gozaba dos privilexios das altas esferas e os comportamentos homosexuais eran perfectamente aceptados nos círculos da Corte e da familia real.

O seu funeral tivo lugar o 9 de novembro na Catedral de Kazan de San Petersburgo. O tsar Alexandre III, grande amigo do compositor, puxo a disposición a súa fortuna persoal para cubrir tódolos gastos do evento.

Vida sentimental

editar

A pesar da súa homosexualidade, debido ás presións que recibiu na súa xuventude para contraer matrimonio, Chaikovskii pensaba que podía mudar a súa orientación sexual. En 1868 coñeceu á mezzo-soprano belga Désirée Artôt, coa que comezou unha relación de amizade. Namorado platonicamente da súa voz, iniciou os trámites co pai da soprano para formalizar a unión. Pero a nai de Artôt soubo das tendencias sexuais do compositor e casou á súa filla cun barítono español, feito do que o compositor non tardou en repoñerse.

Máis tarde, en 1877 comezou a recibir varias cartas de amor dunha antiga alumna do conservatorio chamada Antonina Miliukova, coa que casou o 18 de xullo dese mesmo ano. Porén, a personalidade desequilibrada de Antonina provocou a súa separación un mes e medio despois da voda.

Obras máis coñecidas

editar

Óperas

editar
  • O Voivoda (Воевода), 1868
  • Undina (Ундина), 1869
  • O oprichnik (Опричник), 1872
  • O ferreiro Vakula (Кузнец Вакула), 1874
  • Evgenii Onegin (Евгений Онегин), 1878
  • A doncela de Orleans (Орлеанская дева), 1879
  • Mazepa (Мазепа), 1883
  • Cherevichki (Черевички), 1885
  • A bruxa (Чародейка), 1887
  • A dama de picas (Пиковая дама), 1890
  • Iolanda (Иоланта), 1891

Ballets

editar

Sinfonías

editar
  • Sinfonía No. 1 "Soños de inverno" (Симфония № 1, "Зимние грезы"), 1866
  • Sinfonía No. 2 "A da Pequena Rusia" (Симфония № 2), 1872
  • Sinfonía No. 3 "A Polaca" (Симфония № 3), 1875
  • Sinfonía No. 4 (Симфония № 4), 1877
  • Manfredo (Манфред), 1885
  • Sinfonía No. 5 (Симфония № 5), 1888
  • Sinfonía No. 6 "Patética" (Симфония № 6, "Патетическая"), 1893

Aberturas

editar
 
Tchaikovski cara 1868 cando compuxo a obra Romeu e Xulieta
  • A Tormenta (Гроза), 1864
  • Fatum (Фатум), 1868
  • Romeu e Xulieta (Ромео и Джульетта), 1869
  • A Tempestade (Буря), 1873
  • Francesca da Rimini (Франческа да Римини), 1876
  • Marcha eslava (Славянский марш), 1876
  • Capricho italiano (Итальяанское каприччио), 1880
  • 1812 (1812 год), 1880
  • Hamlet (Гамлет), 1888
  • O Voivoda (Воевода), 1891

Concertos

editar
  • Concerto para piano No. 1 (Фортепианное концерт № 1), 1875
  • Variacións sobre un tema rococó (para violoncello e pequena orquestra) (Вариации на тему рококо), 1877
  • Concerto para violín (Скрипичное концерт), 1878

Música de cámara

editar
  • Cuarteo de corda No. 1 (Струнный квартет № 1), 1871
  • Trio de piano (Фортепианое трио), 1882
  • As Estacións (Времена года), 1876
  1. Brown, Man and Music, 431–35; Holden, 373–400.
  2. Brown, New Grove (1980), 18:628–29.
  3. Wiley, New Grove (2001), 25:169.
  4. Holden, 6.
  5. Poznanski, Quest, 5.
  6. Holden, 14; Warrack, Tchaikovsky, 26.
  7. Holden, 20.
  8. Brown, Tchaikovsky: The Early Years, 1840–1874 (Nueva York: W.W. Norton & Company, Inc., 1978, 47; Tchaikovsky: The Man and His Music (Nueva York: Pegasus Books, 2007), 12.; Holden, 23.; Tchaikovsky, P., Polnoye sobraniye sochinery: literaturnïye proizvedeniya i perepiska [Edición completa: obras literarias y correspondencia] En progreso (Moscú, 1953–presente), 5:56–57.; Warrack, 29.
  9. Holden, 22, 26.; Poznanski, Quest, 32–37.; Warrack, Tchaikovsky, 30
  10. Holden, 23.
  11. Holden, 24.
  12. Holden, 24; Poznanski, Quest, 26
  13. Holden, 24–25; Warrack, Tchaikovsky, 31.
  14. Brown, Man and Music, 14.
  15. Brown, Early, 60
  16. Citado en Holden, 38–39.
  17. Brown, Man and Music, 20; Warrack, Tchaikovsky, 36–38.
  18. Brown, New Grove, 18:608.
  19. Holden, 52.
  20. Maes, 49.
  21. Brown, Tchaikovsky: Man and Music, 49.
  22. Holden, 64.
  23. Steinberg, Concerto, 474–75.
  24. Steinberg, Concerto, 476.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • ed Abraham, Gerald, Music of Tchaikovsky (Nova York: W.W. Norton & Company, 1946). ISBN n/d.
    • Abraham, Gerald, "Operas and Incidental Music"
    • Alshvang, A., tr. I. Freiman, "The Songs"
    • Cooper, Martin, "The Symphonies"
    • Dickinson, A.E.F., "The Piano Music"
    • Evans, Edwin, "The Ballets"
    • Mason, Colin, "The Chamber Music"
    • Wood, Ralph W., "Miscellaneous Orchestral Works"
  • Brown, David, Tchaikovsky: The Early Years, 1840–1874 (Nova York: W.W. Norton & Company, 1978). ISBN 0-393-07535-2.
  • Brown, David, Tchaikovsky: The Crisis Years, 1874–1878, (Nova York: W.W. Norton & Company, 1983). ISBN 0-393-01707-9.
  • Brown, David, Tchaikovsky: The Years of Wandering, 1878–1885, (Nova York: W.W. Norton & Company, 1986). ISBN 0-393-02311-7.
  • Brown, David, Tchaikovsky: The Final Years, 1885–1893, (Nova York: W.W. Norton & Company, 1991). ISBN 0-393-03099-7.
  • Brown, David, Tchaikovsky: The Man and His Music (Nova York: Pegasus Books, 2007). ISBN 0-571-23194-2.
  • Chaikovski, Modest, Zhizn P.I. Chaykovskovo [La vida de Chaikovski], 3 vols. (Moscova, 1900–1902).
  • Chaikovski, Piotr, Perepiska s N.F. von Meck [Correspondencia con Nadzehda von Meck], 3 vols. (Moscova e Leningrado, 1934–1936).
  • Chaikovski, Piotr, Polnoye sobraniye sochinery: literaturnïye proizvedeniya i perepiska [Edición completa: obras literarias y correspondencia], 17 vols. (Moscova, 1953–1981).
  • Figes, Orlando, Natasha's Dance: A Cultural History of Russia (Nova York: Metropolitan Books, 2002). ISBN 0-8050-5783-8 (hc.).
  • Hanson, Lawrence e Hanson, Elisabeth, Tchaikovsky: The Man Behind the Music (Nova York: Dodd, Mead & Company). Library of Congress Catalog Card No. 66–13606.
  • Holden, Anthony, Tchaikovsky: A Biography (Nova York: Random House, 1995). ISBN 0-679-42006-1.
  • Maes, Francis, tr. Arnold J. Pomerans e Erica Pomerans, A History of Russian Music: From Kamarinskaya to Babi Yar (Berkeley, Os Ánxeles e Londres: University of California Press, 2002). ISBN 0-520-21815-9.
  • Mochulsky, Konstantin, tr. Minihan, Michael A., Dostoyevsky: His Life and Work (Princeton: Princeton University Press, 1967). Library of Congress Catalog Card No. 65–10833.
  • Poznanski, Alexander, Tchaikovsky: The Quest for the Inner Man (Nova York: Schirmer Books, 1991). ISBN 0-02-871885-2.
  • Poznanski, Alexander, Tchaikovsky through others' eyes. (Bloomington: Indiana University Press, 1999). ISBN 0-253-33545-0.
  • Rimsky-Korsakov, Nikolai, Letoppis Moyey Muzykalnoy Zhizni (San Petersburgo, 1909), publicado en inglés como My Musical Life (Nova York: Knopf, 1925, 3rd ed. 1942). ISBN n/d.
  • ed. Stanley Sadie, The New Grove Encyclopedia of Music and Musicians (Londres: MacMillian, 1980), 20 vols. ISBN 0-333-23111-2.
    • Brown, David, "Tchaikovsky, Pyotr Ilyich."
    • Goodwin, Noel, "Dance: VI. 19th Century, (iv) The classical ballet in Russia to 1900."
  • ed. Stanley Sadie, The New Grove Dictionary of Music and Musicians, Second Edition, 29 vols. (Londres: MacMillian, 2001). ISBN 1-56159-239-0.
    • Wiley, Roland John, "Tchaikovsky, Pyotr Ilyich."
  • Schonberg, Harold C. Lives of the Great Composers (Nova York: W.W. Norton & Company, 3rd ed. 1997).
  • Steinberg, Michael, The Concerto (Nova York e Oxford: Oxford University Press, 1998).
  • Steinberg, Michael, The Symphony (Nova York e Oxford: Oxford University Press, 1995).
  • Volkov, Solomon, tr. Bouis, Antonina W., St. Petersburg: A Cultural History (Nova York: The Free Press, unha división de Simon & Schuster, Inc., 1995). ISBN 0-02-874052-1.
  • Warrack, John, Tchaikovsky Symphonies and Concertos (Seattle: University of Washington Press, 1969). Library of Congress Catalog Card No. 78–105437.
  • Warrack, John, Tchaikovsky (Nova York: Charles Scribner's Sons, 1973). SBN 684-13558-2.
  • Wiley, Roland John, Tchaikovsky's Ballets (Oxford e Nova York: Oxford University Press, 1985). ISBN 0-19-816249-9.

Bibliografía adicional

editar
  • Kamien, Roger. Music : An Appreciation. Mcgraw-Hill College; 3ª edición (1 de agosto de 1997). ISBN 0-07-036521-0.
  • ed. John Knowles Paine, Theodore Thomas e Karl Klauser (1891). Famous Composers and Their Works, J.B. Millet Company.
  • Meck Galina Von, Tchaikovsky Ilyich Piotr, Young Percy M. Tchaikovsky Cooper Square Publishers; 1ª edición en Cooper Square Press (outubro, 2000) ISBN 0-8154-1087-5.
  • Meck, Nadezhda Von e Tchaikovsky Peter Ilyich, To My Best Friend: Correspondence Between Tchaikovsky and Nadezhda Von Meck 1876–1878 (Nova York e Oxford: Oxford University Press, 1993) ISBN 0-19-816158-1.
  • Poznanski, Alexander & Langston, Brett The Tchaikovsky Handbook: A guide to the man and his music. (Indiana University Press, 2002).
    Vol. 1. Thematic Catalogue of Works, Catalogue of Photographs, Autobiography. ISBN 0-253-33921-9.
    Vol. 2. Catalogue of Letters, Genealogy, Bibliography. ISBN 0-253-33947-2.
  • Poznanski, Alexander, Tchaikovsky's Last Days, (Nova York e Oxford: Oxford University Press, 1996), ISBN 0-19-816596-X.

Ligazóns externas

editar