Pemento da Arnoia

O pemento da Arnoia é unha variedade de pemento (Capsicum annuum L.) con Indicación Xeográfica Protexida, orixinaria do concello ourensán da Arnoia e cultivada principalmente ao longo da comarca do Ribeiro. Unha cooperativa comezou a comercializalos no ano 1969, e aproveitando a concentración da oferta, celébrase dende entón a festa do pemento da Arnoia, declarada de interese turístico, a primeira fin de semana (de xoves a domingo) do mes de agosto.

Pementos de Arnoia recheos de tortilla.
Concello da Arnoia.

Descrición

editar

Os pementos da Arnoia son dunha forma cónica e grandeira. A súa cor é verde-amarelenta clara cando son destinados ao consumo en fresco e de cor vermella intensa nos froitos maduros destinados principalmente á transformación. O seu sabor e arume é suave e senlleiro, a diferenza dos pementos de Padrón, carecen de comechón algunha.

Adoitan ter un peso de entre 50 e 90 gramos por unidade cando o froito é verde e entre 120 e 145 gramos cando o froito é maduro. A súa lonxitude é de entre 7,5 e 11 cm no froito verde e 11,5 e 13,5 no froito maduro, o espesor da súa parede ou carne é de entre 2,6 e 7,7 mm para o froito verde e de entre 2,8 e 9,5 mm no froito maduro.

Zona xeográfica

editar

A zona de produción coincide coa de acondicionamento e envasado, estando constituída polo termo municipal da Arnoia e pola parroquia de Meréns, pertencente ao concello de Cortegada. A calidade do produto está avaliada por un consello regulador provisorio, presidido por Rodrigo Aparicio Santamaría.

Tradición culinaria

editar

Grazas ao seu tamaño, aínda que poden servir de acompañamento en calquera prato, asados, pelados ou fritidos na tixola, admiten recheos de diversas mesturas.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar