Pelecanus thagus
Pelecanus thagus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pelícano peruano en plumaxe reprodutora, na baía de Pucusana, Perú. | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Pelecanus thagus Molina, 1782 |
Pelecanus thagus, xeralmente chamado pelicano peruano, é unha especie de aves mariñas do xénero dos pelicanos que habita nas costas do Pacífico de América do Sur. Actualmente considérase que constitúe unha especie e que non é unha subespecie do Pelecanus occidentalis como se considerou anteriormente.
Distribución
editarO pelicano peruano habita as costas do Pacífico do Perú e Chile, e chega polo sur ata o Canal de Beagle fronte á illa Picton; na Arxentina é accidental, en especial en lagos da cordilleira: Lago Puelo, e Lago Fagnano.[2]
Descrición
editarMide de 1,1 a 1,5 metros de longo[3] e a súa envergadura alar pode superar lixeiramente os 2,28 m. Posúen un gran peteiro de cor amarela cunha bolsa na parte inferior (chamada bolsa gular) que utiliza para capturar e gardar os peixes cos que se alimenta. Captura os peixes mergullándose na auga desde a altura cando vai en voo, no que se parece a P. occidentalis, pero no que se diferencia do resto dos pelicanos, que pescan nadando pola superficie. Ten un aspecto máis ben escuro, xa que a súa plumaxe é de cor parda escura no dorso, mentres que a súa fronte, peito e laterais do pescozo son de cor branca. A parte dorsal do pescozo, se torna parda durante o período reprodutivo. Ten un penacho de plumas na cabeza. En tamaño é case o dobre que o P. occidentalis, cun peso medio de 7 kg.[4]
Reprodución
editarA principal tempada reprodutora é entre setembro e marzo. O tamaño da posta é xeralmente de dous a tres ovos. Os ovos son incubados durante unha 4 ou 5 semanas, e a crianza dos pitiños dura uns 3 meses.
Status
editarDesde 2008 o seu status está avaliado como "case ameazada" (NT) na Lista vermella da IUCN.[5]
Galería
editar-
Pelícano peruano en plumaxe non reprodutor, en augas peruanas.
-
En Chile.
-
Pelicano peruano.
-
Pelicanos peruanos no Parque Nacional Pan de Azúcar de Chile a inicios de setembro de 2009.
-
Un pelicano peruano en catividade bañándose no parque de aves de Walsrode (Alemaña).
-
Pelicanos peruanos en Paracas, Perú.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2009). "Pelecanus thagus". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 23 de abril de 2009.
- ↑ Chébez, J.C. (2009): Otros que se van. Fauna argentina amenazada.545 pp., Ed.Albatros, Buenos Aires, Argentina
- ↑ Chester, Sharon R. (2008). A Wildlife Guide to Chile: Continental Chile, Chilean Antarctica, Easter Island, Juan Fernández Archipelago. Princeton, Nova Jersey: Princeton University Press. pp. 174–75. ISBN 0691129762. Consultado o 29 de xuño de 2012.
- ↑ Austermühle, Stefan (17 de outubro de 2010). "Peruvian Pelican". Mundo Azul. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2012. Consultado o 9 de xuño de 2012.
- ↑ BirdLife International (BLI) (2008) Peruvian Pelican Species Factsheet Arquivado 04 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine., 2008 IUCN Redlist status changes Arquivado 14 de setembro de 2008 en Wayback Machine..
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pelecanus thagus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pelecanus thagus |