Pedro José Pidal
Pedro José Pidal y Carniado, nado en Villaviciosa, Asturias o 25 de novembro de 1799, e finado en Madrid o 28 de decembro de 1865, I Marqués de Pidal e vizconde de Villaviciosa, foi un político, medievalista, historiador, crítico literario e diplomático español, ministro da Coroa, senador, embaixador en Roma, director da Real Academia de la Historia e tamén académico da Real Academia Española, benfeitor do Real Sitio de Covadonga e cabaleiro do Orde do Vélaro de Ouro.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1799 Villaviciosa, España |
Morte | 28 de decembro de 1865 (66 anos) Madrid, España |
Senador de España | |
1864 – | |
Embaixador de España na Santa Sé | |
1858 – | |
Datos persoais | |
Formación profesional | Licenciado e Doutor en Dereito e en Dereito canónico |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político, historiador, escritor |
Partido político | Partido Moderado |
Membro de | |
Movemento | Romanticismo |
Familia | |
Cónxuxe | Manuela Mon y Menéndez |
Fillos | Luis Pidal y Mon Alejandro Pidal y Mon Ramona Pidal y Mon |
Pais | José Pidal e Antonia Carniado |
Parentes | Pedro Pidal, neto Maravillas de Jesús, son's daughter Juan Menéndez Pidal, daughter's son Luís Menéndez Pidal, daughter's son Ramón Menéndez Pidal, daughter's son Maria de la Conception Pidal y Chico de Guzman, son's daughter |
Premios | |
Descrito pola fonte | Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Pidal (Pedro José), p.350) |
Traxectoria
editarFillo de José Pidal e Antonia Carniado, ambos os dous nobres pero de escasos recursos económicos, naceu na vila asturiana de Villaviciosa o 25 de novembro de 1799. Estudou xurisprudencia na Universidade de Oviedo, na que se doutorou máis tarde. Co alzamento liberal de Rafael del Riego en 1820, uniuse á Compañía Literaria con outros profesores da súa Universidade. Contribuíu a fundar El Ciudadano (Oviedo, 1820), xornal do que tamén foi redactor, e ao ano seguinte dirixiu El Aristarco (Oviedo, 1821). En 1822 licenciouse en ambos os dereitos e marchou a Madrid para traballar como pasante no famoso bufete do avogado Cambronero e, á parte de ser redactor de El Espectador en Madrid, participou no recentemente fundado Ateneo de Madrid. Liberal, seguiu ao goberno a Cádiz en 1823, cando invadiron España os Cen mil fillos de San Luís. Non puido volver a Oviedo por no ter sido purificado, como se dicía entón, e só puido regularizar a súa situación en 1828 (fora condenado a oito anos de presidio por ser membro da Compañía Literaria).
Tras a morte de Fernando VII en 1833 puido volver a ocupar cargos administrativos no Estado: en 1834 foi designado alcalde maior da localidade asturiana de Cangas de Tineo, actual Cangas del Narcea e, pouco despois, nomeárono xuíz de Villafranca del Bierzo e de Lugo.[1]
En 1837 obtivo o cargo de oidor na Audiencia de Pamplona e, en 1838, o de fiscal togado do Tribunal Maior de Contas, polo que se trasladou a Madrid, tamén como deputado a Cortes por Asturias. Dirixiu, xunto a Ignacio Gironella, a Revista de Madrid, e colaborou en El Espectador e nas Crónicas políticas desde 1841. Casou con Manuela Mon y Menéndez, e tivo con ela tres fillos: Luis Pidal y Mon, II marqués de Pidal, Alejandro Pidal y Mon e Ramona Pidal y Mon.
Deu nome ao Plan Pidal, mediante Real Decreto de 17 de setembro de 1845: «A ensinanza da xuventude non é unha mercadoría que poida deixarse entregada á cobiza dos especuladores, nin debe equipararse ás demais industrias en que domine só o interese privado»; aínda que tamén interviron na súa confección outras personalidades, como Antonio Gil y Zárate; este plan é o precedente máis importante da decisiva reforma educativa coñecida como Lei Moyano de 1857.
En 1844 foi nomeado ministro da Gobernación polo xeneral Ramón María Narváez, cargo que deixou en 1847 para volver en 1848 como ministro de Estado. Presidiu o Congreso dos Deputados e acompañou a Narváez tamén en 1856. En 1857 foi nomeado embaixador en Roma, e tamén ocupou a presidencia da Academia Matritense de Xurisprudencia e Lexislación.
Académico da Real Academia Española e décimo cuarto director da Real Academia de la Historia, fundou a Revista de Madrid (1838-1845), sostivo a paternidade de Juan de Valdés sobre o Diálogo de la lengua nun artigo inserido na Revista Hispanoamericana (1848). Baixo o título Colección de poesías castellanas anteriores al siglo XV (1841) editou a Disputa del alma y el cuerpo, Vida de Santa María Egipciaca, Libro de Apolonio e Adoración de los Reyes Magos. Tamén editou o Cancioneiro de Baena (1851) cun importante prólogo, "De la poesía castellana en el siglo XIV". É autor dunha Historia de las alteraciones de Aragón en el reinado de Felipe II (1862-1863). Parte dos seus traballos están recollidos nos póstumos Estudios literarios (1890-1896) en dous volumes, que acollen tamén algúns apuntamentos autobiográficos. Deixou ao morrer unha importante biblioteca, na que figuraba o códice do Cantar de Mío Cid.
Tivo os títulos de Xentilhome da Súa Maxestade, Cabaleiro da insigne Orde do Vélaro de Ouro, a Gran cruz de Carlos III, a Cruz Laureada de San Fernando e a do Mérito de Nápoles, da Pontificia de Pío IX, da do León Neerlandés, as de Cristo e Villaviciosa de Portugal, da de Leopoldo de Bélxica, da de San Mauricio e San Lázaro de Sardeña, da de Santo Alexandre de Rusia, da Lexión de Honor de Francia, da de Leopoldo de Austria, da de Nischam Iftijar de Turquía, e da do Sol e o León de Persia.[2]
Paralítico desde 1859 e senador vitalicio, recibiu a condecoración máis importante da monarquía española, o Vélaro de Ouro, en 1864, e faleceu en Madrid o 28 de decembro de 1865. Está enterrado na Basílica de Santa María a Real de Covadonga.
Notas
editar- ↑ Horrillo Ledesma, V. "Pedro José Pidal". MCN Biografías.
- ↑ "Pedro José Pidal y Carniado". El Tesoro de Oviedo.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro José Pidal |
Bibliografía
editar- Ricardo Navas Ruiz (1982): El Romanticismo español. Madrid: Cátedra. ISBN 978-84-3760-318-6.
Ligazóns externas
editar- Obras dixitalizadas de Pedro José Pidal na Biblioteca Digital Hispánica da Biblioteca Nacional de España.