Pedro Antonio Sánchez Vaamonde
Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, nado o 10 de abril de 1749 na parroquia de Santaia de Curtis (Curtis) e finado o 4 de outubro de 1806 en Santiago de Compostela, foi un relixioso e escritor, destacado ilustrado do século XVIII.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de abril de 1749 Curtis, España |
Morte | 4 de outubro de 1806 (57 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Catedral de Santiago |
Relixión | católica |
Educación | U. de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | cóengo, escritor |
Traxectoria
editarNaceu nunha familia de alta fidalguía, e foi posuidor de varios morgados. Ademais, tiña numerosos bens na Comarca de Bergantiños. Casou con María Josefa Varela y Figueroa,[1] tamén dona de importantes leiras rústicas e inmobles urbanos. Tras estudar en diversas facultades, obtivo as cátedras de Retórica e Teoloxía. Foi director de estudos do Colexio de Fonseca. O arcebispo Alejandro Bocanegra encomendoulle a dirección da Biblioteca Arcebispal compostelá (1779) e nomeouno primeiro fiscal e despois xuíz eclesiástico da diocese.
Foi cofundador da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (1784) e presidiuna en 1789. Creou en Curtis unha escola de primeiras letras no ano 1798 —doando un edificio e unha dotación económica— e unha academia de debuxo en Santiago de Compostela. Cos seus cartos construíronse os baños minerais de Bea e fixéronse as análises das súas augas, así como as de Caldas de Reis. Axudou a sufragar unha estrada e a Casa de Misericordia de Santiago, que estaba en estado lamentable, e financiou tamén os estudos a varios mozos. Fundou a Biblioteca do Real Consulado do Mar da Coruña (1806), para a cal o cóengo doou aproximadamente uns 4 500 libros, aínda que foi acrecentándose e chegou a ter un fondo duns 30 000 exemplares.
Publicou varios libros sobre curtidos, gandaría e comercio. Un dos seus proxectos máis importantes foi facer navegábel o río Miño, coa finalidade de que os barcos puidesen transportar viño e outras mercadorías desde Ourense até o océano Atlántico.[2]
Estaba a favor do réxime feudal tradicional e propugnou o mantemento de diferenzas educativas entre os estamentos privilexiados e a clase popular.[3][4][5]
Unha rúa da cidade da Coruña leva o seu nome dende o ano 2013.[7]
Obras
editar- Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, Madrid, 1778.
- Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, Madrid, 1786.
- Memoria sobre los ganados de Galicia considerados relativamente a la economía política, Madrid, 1802.
- Respuesta al canónigo de Lugo D. Joaquín Antonio del Camino, Madrid, 1805.
- Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, Madrid, 1806.
- Capítulos en obras colectivas
- "Memoria n.º XIII.º", incluída en Coleccion de las Memorias premiadas, Madrid, 1784.[6]
- Sobre el
- Carta crítica al Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, Madrid, 1806, de Francisco Rodríguez de Ledesma.
- Póstumas
Galería de imaxes
editar-
Discurso sobre la eloquencia sagrada en España, 1778.
-
Oracion fúnebre que en las exequias que celebró la Real Sociedad económica, 1786.
-
Memoria sobre los ganados de Galicia, 1802.
-
Memoria sobre la policia y régimen de los abastos de la ciudad de Santiago, 1806.
-
Apología en favor de la Santa Iglesia de Santiago, 1813.
-
Colección de los escritos del Dr. D. Pedro Antonio Sánchez, 1858.
Notas
editar- ↑ Meijide 2002.
- ↑ Dopico Gutiérrez del Arroyo, Diccionario biográfico español.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diccionario enciclopédico galego universal 54. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 97. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 228.
- ↑ "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Enciclopedia Galega Universal 15. Ir Indo Edicións. 1999-2002. p. 158. ISBN 84-7680-288-9.
- ↑ 6,0 6,1 p. 327-368 en Coleccion de las Memorias premiadas… Tratan del exercicio de la caridad y socorro de los verdaderos pobres, corrección de los ociosos, destierro de la mendicidad voluntaria…, Madrid, 1784.
- ↑ «Una calle recuerda al inspirador de las bibliotecas locales...» El Ideal Gallego, 5/6/2013 (en castelán).
- ↑ Na Imprenta de Manuel Minuesa, de 417 páxinas.
- ↑ Beiras, Xosé Manuel, ed. (1973). La economía gallega en los escritos de Pedro Antonio Sánchez (en castelán). Editorial Galaxia. ISBN 9788471541789.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pedro Antonio Sánchez Vaamonde |
Bibliografía
editar- "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Diciopedia do século 21 3. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1878. ISBN 978-84-8288-942-9.
- Bianchi, Diana (1999). "Un gallego en la sociedad matritense de Amigos del País". Madrygal (en castelán) (2): 41–44. ISSN 1138-9664.Bianchi&rft.date=1999&rft.genre=article&rft.issn=1138-9664&rft.issue=2&rft.jtitle=Madrygal&rft.pages=41-44&rft_id=http://revistas.ucm.es/index.php/MADR/article/view/MADR9999110041A/33620&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 305-308.Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1951/1953&rft.genre=book&rft.pages=305-308&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Dopico Gutiérrez del Arroyo, F. (1978). A Ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados. Galaxia. ISBN 84-7154-301-X.Dopico Gutiérrez del Arroyo&rft.btitle=A Ilustración e a sociedade galega. A visión de Galicia dos economistas ilustrados&rft.date=1978&rft.genre=book&rft.isbn=84-7154-301-X&rft.pub=Galaxia&rft_id=https://books.google.es/books?id=2Z4vJtwacvYC&lpg=PP1&pg=PP1#v=onepage&q&f=false&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- —————————. "Pedro Antonio Sánchez Vaamonde". Diccionario biográfico español (en castelán). Real Academia da Historia.Dopico Gutiérrez del Arroyo&rft.btitle=Diccionario biográfico español&rft.genre=bookitem&rft.pub=Real Academia da Historia&rft_id=http://dbe.rah.es/biografias/22756/pedro-antonio-sanchez-vaamonde&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- García Cortés, C. (2003). Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806): un promotor de la Ilustración en Galicia (en castelán). Biblioteca de la Casa Consulado. ISBN 84-607-9212-9.Garc�a Cortés&rft.btitle=Pedro Antonio Sánchez Vaamonde (1749-1806): un promotor de la Ilustración en Galicia&rft.date=2003&rft.genre=book&rft.isbn=84-607-9212-9&rft.pub=Biblioteca de la Casa Consulado&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Meijide, Antonio (2002). "Biografía de Sánchez Vaamonde, ilustre canónigo y catedrático…" (PDF). Anuario Brigantino (en castelán) (Betanzos) (25): 261–274. ISSN 1130-7625.Meijide&rft.date=2002&rft.genre=article&rft.issn=1130-7625&rft.issue=25&rft.jtitle=Anuario Brigantino&rft.pages=261-274&rft_id=http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2002PDF/2002%20261-274.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Rodríguez Garrido, Margarita (2005). "Sánchez Vaamonde, Pedro Antonio". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.Rodr�guez Garrido&rft.btitle=Gran Enciclopedia Galega&rft.date=2005&rft.genre=bookitem&rft.isbn=84-87804-88-8&rft.pub=El Progreso&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- Segade Campoamor, Ramón (10/06/1879). "El Canónigo D. Pedro Antonio Sánchez". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (16): 184–185. Arquivado dende o orixinal o 13/09/2019. Consultado o 22/04/2019.Segade Campoamor&rft.chron=10/06/1879&rft.genre=article&rft.issue=16&rft.jtitle=La Ilustración Gallega y Asturiana&rft.pages=184-185&rft_id=http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081844&presentacion=pagina&posicion=4&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- ————————— (30/06/1879). "El Canónigo D. Pedro Antonio Sánchez (conclusión)". La Ilustración Gallega y Asturiana (en castelán) (18): 206–207. Arquivado dende o orixinal o 13/09/2019. Consultado o 22/04/2019.Segade Campoamor&rft.chron=30/06/1879&rft.genre=article&rft.issue=18&rft.jtitle=La Ilustración Gallega y Asturiana&rft.pages=206-207&rft_id=http://biblioteca.galiciana.gal/en/catalogo_imagenes/grupo.cmd?path=1081846&interno=S&presentacion=pagina®istrardownload=0&posicion=2&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Real Sociedad Económica de Amigos del País de la ciudad de SantiagoArquivado 10 de maio de 2012 en Wayback Machine.
- Bugallal, Isabel (25/3/2018). El ilustrado Sánchez Vaamonde" La Opinión A Coruña (en castelán).