Pedro Álvares Cabral
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2015.) |
Pedro Álvares Cabral, nado probablemente en Belmonte en 1467 ou 1468 e finado en Santarém en 1520 ou 1526, foi un fidalgo e navegante portugués a quen xeralmente se atribúe o descubrimento do Brasil, acontecido o 22 de abril de 1500.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Pedro Álvares de Gouveia 1467 Belmonte (Reino de Portugal) |
Morte | c. 1520 (52/53 anos) Santarém (Reino de Portugal) |
Lugar de sepultura | Igreja da Graça (Santarém) (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | explorador, navegante |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Isabel de Castro (esposa de Álvares Cabral) |
Fillos | António Cabral (filho de Pedro Álvares Cabral), Fernão Álvares Cabral |
Pais | Fernão Cabral e Isabel de Gouveia de Queirós |
Premios | |
Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Cabral, Pedro Alvarez Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Traxectoria
editarCrese que naceu en Belmonte, na rexión da Beira Baixa, en Portugal. Foi o terceiro fillo de Fernão Cabral, gobernador da Beira e de Belmonte, e de Isabel de Gouvea. Así, o seu nome orixinal sería Pedro Álvares Gouvea, pois só o primoxénito herdaba o sobrenome paterno. Só posteriormente, coa morte de seu irmán mais vello, tería pasado a chamarse Pedro Álvares Cabral.
Con once anos de idade mudouse para Lisboa, onde estudou literatura, historia, ciencias, cartografía e artes militares. Coa subida ao trono de D. Manuel I (1495-1521) pasou a integrar o Consello do Rei e foi admitido como cabaleiro na Orde de Cristo, distinción concedida apenas a algúns nobres.
Viaxe á India
editarEn 1500, con 33 anos de idade, o soberano deulle o comando da segunda armada que mandou á India, a mellor equipada do século XV e integrada por dez naos e tres carabelas, levando uns 1.500 homes, entre funcionarios, soldados e relixiosos.
Partiu de Lisboa o 9 de marzo de 1500 e, desviándose do camiño orixinal – intencionalmente, segundo a hipótese máis admitida polos historiadores – atinxiu a costa oriental da América do Sur, arribando en Porto Seguro o 22 de abril de 1500. Tomou posesión da nova terra, que denominou de Illa de Vera Cruz en nome da Coroa portuguesa. En seguida enviou de volta a Portugal un dos navíos menores coas noticias. Retomou entón a rota de Vasco da Gama rumbo ás Indias.
Ao cruzar o cabo da Boa Esperanza, catro dos seus navíos se perderan. Chegou a Calicute - actual Kozhikode, en Kerala - en setembro de 1500, onde Cabral asinou o primeiro acordo comercial entre Portugal e a India.
Ao volver a Lisboa, en 1501, foi aclamado como un heroe. Entanto, desentendeuse co rei acerca do comando da expedición ás Indias programada para 1502 e foi substituído por Vasco da Gama. Non recibiu ningunha outra misión oficial máis ata o fin da súa vida. Faleceu esquecido e foi sepultado na cidade de Santarém segundo algúns historiadores o 1520, e outros, o 1526.