Orella

(Redirección desde «Pavillón auricular»)

A orella (do diminutivo latino de auris, auricula[1]) (Gl-orella.ogg pronunciación ) é a parte visible do órgano do sentido do oído, e está formada polo pavillón auricular ou pavillón auditivo externo que, canda o conduto auditivo externo, constitúe o chamado oído externo.

Orella humana.

É unha estrutura cartilaxinosa (composta por cartilaxe e pel) que ten como función captar as vibracións sonoras e dirixilas cara ao interior do oído.

O pavillón auricular é orientable nos cánidos.

Moitos animais son capaces de mover a vontade o pavillón auricular cara a dirección da que procede o son (por exemplo, os cans). En cambio, a orella humana é moito menos direccional, pois non posuímos este control voluntario sobre a súa orientación.

Na especie humana, é unha lámina pregada sobre ela mesma en diverso sentidos, oval, cunha grosa extremidade superior, e tendo no seu conxunto aparencia dunha corneta acústica.

O pavillón ten un esqueleto de cartilaxe elástica que lle permite volver á súa posición normal despois dunha deformación. Cuberto de pel, non existe tecido celular subcutáneo. A parte inferior é o lobo (ou lóbulo) da orella, na que a parte central é adiposa, pouco innervada e ricamente vascularizada.

Partes da orella

editar
 

As partes que se distinguen na orella humana son:

  1. Cuncha.
  2. Hélice.
  3. Antihélice.
  4. Trago (Tragus).
  5. Antítrago (Antitragus).
  6. Lobo ou lóbulo.
  7. Fosa triangular.
  8. Scapha (barco).
  1. Portal das Palabras. "Orella". Consultado o 29/9/2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar