Paulino Pedret
Paulino Pedret Casado, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1899[1] e finado na mesma vila o 26 de maio de 1969, foi un sacerdote e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de agosto de 1899 Santiago de Compostela, España |
Morte | 26 de maio de 1969 (69 anos) Santiago de Compostela, España |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote, xurista |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Tomás Pedret Casado |
Descrito pola fonte | Diccionario bio-bibliográfico de escritores, (vol:3, p.55-57) |
Traxectoria
editarFillo de Emilio Pedret Tost e Sofía Casado Reinosa, foi irmán de Tomás Pedret Casado. Ingresou en 1909 no Instituto de Santiago para facer o Bacharelato, estudando ao mesmo tempo no Seminario. En 1922 foi ordenado presbítero en Tui. Antes de ordenarse sacerdote rematou os estudos de Dereito, obtendo a licenciatura en 1921, e o doutoramento en 1923. Tamén conseguiu a licenciatura en Ciencias Históricas en 1929.
En 1923 consegue unha praza de Capelán castrense. En 1928 regresou a Compostela e foi nomeado profesor axudante da Facultade de Dereito
Pertenceu ao Seminario de Estudos Galegos e logo ao Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.
Ingresou na Real Academia Galega o 27 de xullo de 1941.
Obras
editar- La Evolución de la enseñanza del derecho canónico en España, 1946.
- José Andrés Cornide y la Galicia del s XVIII, 1948.
Notas
editar- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1954). "Pedret Casado, Paulino". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) 3. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 55-57.Pedret Casado, Paulino&rft.aufirst=A.&rft.aulast=Couceiro Freijomil&rft.btitle=Diccionario bio-bibliográfico de escritores&rft.date=1954&rft.genre=bookitem&rft.pages=55-57&rft.place=Santiago de Compostela&rft.pub=Bibliófilos Gallegos&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paulino Pedret |
Bibliografía
editar- "Pedret Casado, Paulino". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fraguas Fraguas, A. (1977). "Lembrando a Paulino Pedret Casado". Boletín da Real Academia Galega (359): 321–334. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2018. Consultado o 22 de xuño de 2018.Fraguas Fraguas, A.&rft.date=1977&rft.genre=article&rft.issue=359&rft.jtitle=Bolet�n da Real Academia Galega&rft.pages=321-334&rft_id=https://academia.gal/boletins-web/paxinas.do;jsessionid=398943E6D55CE0B4562827BCA5249EFE?id=2365&d-447263-p=9&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:journal" class="Z3988">
- Lorenzo Vázquez, R. (1999). Reflexións crítico-eruditas e sentimentais sobre a lingua. A Coruña: Real Academia Galega. pp. 9–13. ISBN 84-87987-16-8. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2020. Consultado o 27 de abril de 2020.Lorenzo Vázquez, R.&rft.btitle=Reflexións cr�tico-eruditas e sentimentais sobre a lingua&rft.date=1999&rft.genre=book&rft.isbn=84-87987-16-8&rft.pages=9-13&rft.place=A Coruña&rft.pub=Real Academia Galega&rft_id=http://publicacions.academia.gal/index.php/rag/catalog/view/145/145/505-1&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">