Paul Verlaine

poeta francés

Paul Marie Verlaine, nado en Metz o 30 de marzo de 1844 e finado en París o 8 de xaneiro de 1896, foi un poeta francés. Cunha vida en completa ruptura coa moral burguesa dos seus tempos, representa unha figura emblemática do poeta maldito, como Arthur Rimbaud, a quen deu a coñecer.

Modelo:BiografíaPaul Verlaine

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de marzo de 1844 Editar o valor en Wikidata
Metz, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xaneiro de 1896 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepneumonía Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério de Batignolles (pt) Traducir, 20 (anc. 11) Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónLiceo Condorcet Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActividade literaria, poesía e simbolismo literário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpoeta, libretista, escritor, ensaísta, tradutor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1858 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoPoesia lírica (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoSimbolismo Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioPauvre Lelian
Pablo de Herlagnèz Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
CónxuxeMathilde Mauté Editar o valor en Wikidata
ParellaArthur Rimbaud Editar o valor en Wikidata
FillosGeorges Verlaine
 () Mathilde Mauté Editar o valor en Wikidata
PaisNicolas Verlaine Editar o valor en Wikidata  e Élisa Verlaine Editar o valor en Wikidata
Condenado porsodomía Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Верлен Поль)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm2716836 BNE: XX1008900 Musicbrainz: 8394b1aa-606c-449f-a46e-cf9cfaa035e2 Discogs: 647123 IMSLP: Category:Verlaine,_Paul WikiTree: Verlaine-1 Find a Grave: 7537 Editar o valor en Wikidata
Paul Verlaine.
Sinatura.

Traxectoria

editar

Era fillo único de Nicolas-Auguste Verlaine, militar de carreira, e Élisa Stéphanie Dehée. A súa nai tivera antes tres avortos e gardaba en bocais enriba da cheminea os fetos malogrados[1]. En 1851 o seu pai dimitiu do exército e a familia trasladouse a París.

En 1862 obtivo o título de bacharel e inscribiuse na facultade de Dereito, que non tardou en abandonar.

Admirador de Baudelaire, quería ser poeta e en agosto de 1863 publicou nunha revista o seu primeiro poema: Monsieur Prudhomme, retrato satírico do burgués. En 1866 publicou Poèmes saturniens e en 1869 Fêtes galantes, fantasías inspiradas nas obras dos pintores do século XVIII recentemente expostas no Museo do Louvre.

En 1864 o seu pai conseguiulle un emprego nunha compañía de seguros e algúns meses despois no concello do París.

En 1870 casou con Mathilde Mauté e un ano despois naceu o seu fillo, Georges.

A relación con Rimbaud (1872-1875)

editar

Durante o período da Comuna de París alístase na garda nacional, pero ten que fuxir de París para escapar á represión de Versalles e é expulsado da administración. A súa vida sen horizonte vólvese tumultuosa tras o encontro en setembro de 1871 con Arthur Rimbaud, con quen vivirá unha relación amorosa chea de conflitos até 1873 [2]. Arruinando o seu matrimonio con Mathilde a quen pega e viola cando se emborracha con asente [3], esta comeza un proceso de separación (o divorcio prononciaríase en 1885).

Paul Verlaine viviu por temporadas con Arthur Rimbaud, a súa homosexualidade manifesta provocaba escándalos e a violencia de Rimbaud creaba tamén reaccións adversas no Círculo dos poetas Zuticos onde fora introducido por Verlaine. Finalmente, o “pauvre Lelian” (Pobre Lelian, anagrama de Paul Verlaine) como se denomina a si mesmo, marchou a Londres en xullo de 1872.

Durante meses de vida errante por Inglaterra e Bélxica, que alimentaron o poemario Romances sans paroles, sucedéronse separacións e reencontros con Rimbaud por unha parte e intentos de volta coa familia. O episodio Rimbaud finalizou tras unha disputa o 9 de xullo de 1873 en Bruxelas, con disparos de pistola de Verlaine quen co medo de ver afastarse o seu amante feriu superficialmente este no pulso esquerdo; foi inculpado así como estigmatizado pola súa homosexualidade. Condenado a dous anos de prisión, aínda que Rimbaud retirou a denuncia, ingresou no cárcere de Bruxelas [4].

No cárcere Verlaine recobrou a fe católica e escribiu poemas en prosa que serían editados nos seus derradeiros poemarios Sagesse (1880), Jadis et Naguère (1884), Parallèlement (1889) e Invectives (1896), e máis tarde nas Oeuvres Posthumes. A composición en prisión de trinta e dous poemas (poesía inxenua e sabia tinguida de lirismo romántico, evocaba a súa crise de identidade), inseridos nestes recompilatorios, ten a súa orixe nun manuscrito autógrafo datado en 1873-1875 titulado Cellulairement, actualmente en posesión do Musée des lettres e manuscrits e clasificado como tesouro nacional dende o 20 de xaneiro de 2005 [5].

Liberado o 16 de xaneiro de 1875 cunha redución de pena de case un ano por boa conduta, intentou en van reconciliarse con Mathilde que obtivo o divorcio e a custodia do seu fillo en maio de 1885[6].

Pasou dous días e medio con Rimbaud en Stuttgart no que foi o seu derradeiro encontro, durante o cal Rimbaud entregou a Verlaine o texto das Illuminations que Verlaine faría publicar en 1886 [7].

O período Lucien Létinois (1877-1883)

editar

En marzo de 1875 Verlaine instalábase en Londres como profesor de grego, latín, francés e debuxo, e pasou as vacacións coa súa nai. Coñeceu a Germain Nouveau, un antigo amigo de Rimbaud, e ensinou en diversas cidades inglesas antes de volver a Francia en xuño de 1877. En outubro ocupou un posto no colexio Notre Dame de Rethel, comezando unha relación equívoca cun dos seus alumnos, Lucien Létinois. Expulsados do colexio en setembro de 1879, Paul e Lucien marcharon a Inglaterra onde Verlaine volveu ensinar. De volta a Francia en marzo de 1880 Verlaine mercou en Juniville, no sur do departamento de Ardenas, co diñeiro da súa nai, unha granxa preto de Coulommes-et-Marqueny, pero foi un fracaso e o poeta vendeu de novo a propiedade con perdas, en xaneiro de 1882. Lucien marchou cos seus pais e morreu de febre tifoide en abril de 1883, con 33 anos; Verlaine, desesperado coa morte dos seu «fillo adoptivo», consagroulle 25 poemas editados ao final do poemario Amour (1888)[8].

A decadencia

editar

De volta en París en 1882, Verlaine intentou sen éxito reintegrar a administración, e volveu tomar contacto cos ambientes literarios, publicando en 1884 o seu ensaio sobre os poetas malditos Poètes maudits así como o poemario Jadis et naguère. Se lle recoñeceu entón como un mestre e un precursor polos poetas partidarios do simbolismo ou do decadentismo, e na súa novela À rebours, editada en 1884, j.K. Huysmans reservoulle un sitio preeminente no Panteón literario de Des Esseintes. A partir de 1887 a súa fama excedeu incluso os círculos literarios: o compositor Reynaldo Hahn cantou no salón de Alphonse Daudet, diante do poeta, o seu primeiro ciclo de melodías, as Chansons grises, que reagrupan sete poemas do autor [9]. En 1894 foi designado «Príncipe dos poetas» pero a súa figura era de decadencia física e social.

Destruído polo alcol e crises de violencia (condenado a un mes de cárcere en 1885 por intentar de novo estrangular a súa nai, a cal morreu en 1886), vivindo dos amores «miserables»[10], tivo un final de vida de case mendigo, entre cafés e hospital, mantido por algúns subsidios públicos ou privados e dando algunhas conferencias. Xa case non producía textos salvo ocasionalmente, como poemas eróticos ou incluso pornográficos. Padecendo diabetes, úlceras e sífilis[11], morreu de conxestión pulmonar o 8 de xaneiro de 1896, con 51 anos. O seu enterro tivo lugar o 10 de xaneiro, no cemiterio de Batignolles, en París.

Paul Verlaine foi ante todo un poeta: a súa obra ofrece menos dunha decena de curtos poemarios publicados entre 1866 e 1890, pero os poemas foron escritos fundamentalmente antes de 1880, é dicir cando tiña entre 22 e 35 anos. Os textos posteriores son moi desiguais e a miúdo de carácter alimenticio.

Os seus textos en prosa son tardíos e sobre todo autobiográficos (Les Mémoires d’un veuf, 1886; Mes Hôpitaux, 1891; Mes Prisons, 1893). O seu ensaio sobre ‘‘Os Poetas malditos’’ (1884) ocupa un lugar importante polos descubrimentos que implica: Tristan Corbière, Arthur Rimbaud e Stéphane Mallarmé, e na segunda edición, publicada en 1888, Marceline Desbordes-Valmore, Villiers de l’Isle-Adam e Pauvre Lelian (anagrama de Paul Verlaine).

Poesía

editar
  • Poèmes saturniens (1866)
  • Les Amies (1867)
  • Fêtes galantes (1869)
  • La Bonne Chanson (1872)
  • Romances sans paroles (1874)
  • Sagesse (1880)
  • Jadis et naguère (1884)
  • Amour (1888)
  • Parallèlement (1889).
  • Dédicaces (1890)
  • Femmes (1890)
  • Hombres (1891)
  • Bonheur (1891)
  • Chansons pour elle (1891)
  • Liturgies intimes (1892)
  • Élégies (1893)
  • Odes en son honneur (1893)
  • Dans les limbes (1894)
  • Épigrammes (1894)
  • Chair (1896)
  • Invectives (1896)
  • Biblio-sonnets (1913)
  • Œuvres oubliées (1926-1929)
  • Cellulairement
  • Les Poètes maudits (1884)
  • Louise Leclercq (1886)
  • Les Mémoires d’un veuf (1886)
  • Mes Hôpitaux (1891)
  • Mes Prisons (1893)
  • Quinze jours en Hollande (1893)
  • Vingt-sept biographies de poètes et littérateurs
  • Confessions (1895)

Véxase tamén

editar

Música

editar

Numerosos músicos compuxeron inspirados pola obra de Verlaine: Claude Debussy, Arthur Honegger, Charles Tournemire, Gabriel Fauré, Charles Bordes, Edgar Varèse, Sylvio Lazzari, Darius Milhaud, Maurice Ravel, Julien Joubert, Reynaldo Hahn

E cantantes famosos puxeron música aos seus poemas:

Charles Trenet, Léo Ferré, Jean-Marc Versini, Benoît Dayrat, Daniele Gilbert, Georges Brassens, Julos Beaucarne, Vadim Piankov, Jacques Higelin, Patricia Barber, John Greavs, Adamo, Allain Leprest, Ghédalia Tazartès.

  1. «Alcool et revolver à six coups», David Caviglioli, 13 novembre 2012, Le Nouvel Observateur
  2. "Biografía (en francés)". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  3. ”Caviglioli”
  4. René Guitton, «reviens cher ami», Rimbaud-Verlaine, l’affaire de Bruxelles, 2006, Calmann-Lévy ISBN 2702137210
  5. Post Scriptum Cellulairement de Paul Verlaine Arquivado 19 de xuño de 2013 en Wayback Machine., sitio do Musée des lettres et manuscrits
  6. "Dossier sobre o divorcio de Verlaine e Mathilde Mauté. Copias auténticas das actas e condenacións dirixidas a Verlaine. 1882-1885". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  7. "‘’Biography of Paul Verlaine’’, Ernst Delahave". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  8. ’’Paul Verlaine ou l’enfance de l’art’’, Gilles Vannier, op. Cit., p. 154-155
  9. http://www.musicologie.org/Biographies/h/hahn_reynaldo.html
  10. ’’Paul Verlaine ou l’enfance de l’art’’, Gilles Vannier, op. cit., p. 154-157
  11. "Paul Verlaine". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 22 de maio de 2013.