Este artigo trata sobre unha caste romana, para o nome véxase Patricio (nome).

Na Roma Antiga, a clase social dos patricios,[1] (do latín patricii; singular, patricius) estaba composta polos descendentes das trinta curias primitivas.

Debuxo dun patricio romano ou nobiles patritii con toga senatorial branca e púrpura que exhibe a fibela de ouro onde se gravaban cargos e emblemas. Segundo a tradición, adoitaban levaren un «C» de cen, emblema do primeiro Senado.

O nome vén de pater (pai), en referencia aos fundadores, é dicir, aos primeiros pais de Roma.

Historia

editar

Eran os senadores por excelencia e formaban parte da nobreza primixenia de Roma, chamada a nobreza de sangue e ilustrii ou nobiles patritii e, por substrato cultural, a de toda Europa.

En torno ao emperador e aos senadores patricios desenvolvíase toda a sociedade, cultura e civilización romana que culminaría no imperio Romano.

As ramas patricias dos Valerios, Fabios, Cornelios, Claudios, Emilios e Manlios formaban unha aristocracia dentro do patriciado coñecida como gentes maiores.[2]

Eran os descendentes das familias máis antigas da cidade. Constituían a clase aristocrática e formaban o verdadeiro pobo romano.

Eran considerados superiores ao resto dos habitantes, gozaban de todos os dereitos, posuían terras e estaban chamados a formar parte do exército romano, a lexión.

  1. Atance Rojo, José María (2014): Patricios y plebeyos. Barcelona: Editorial La Plana. ISBN 978-84-1533-619-8. Consultado o 1 de maio de 2017.
  2. Syme 2010, p. 22.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.