Paterna
Paterna é un municipio da Comunidade Valenciana, pertencente á provincia de Valencia. Está situado ao noroeste da comarca da Horta Oest a 5 km ao noroeste da capital, Valencia, e na beira esquerda do río Turia. O 1 de xaneiro de 2008 tiña 61.941 habitantes, sendo a 11ª cidade por número de habitantes do país.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade Valenciana | ||||
Provincia | provincia de Valencia | ||||
Capital | Paterna | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 73.488 (2023) (1.670,18 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Valenciano (lingua predominante) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 44 km² | ||||
Altitude | 70 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 46980 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 46190 | ||||
Código ARGOS de concellos | 46190 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | paterna.es… | ||||
Xeografía
editarO seu clima é clima mediterráneo árido cunhas precipitacións de 250 mm ao ano e unhas temperaturas que oscilan entre os 12 °C de xaneiro e os 27 °C de xullo, alcanzándose tódolos veráns máximas por encima dos 35 °C.
Pódese acceder a esta localidade a través da liña 1 de Metro de Valencia.
Barrios e pedanías
editarOs núcleos de poboación do municipio son:
- Paterna (barrios de Alborgí, Campament e Santa Rita)
- La Canyada
- La Coma
- Creu de Gràcia
- Terramelar
Demografía
editarPaterna tiña arredor de 3.505 habitantes en 1900. A creación do Polígono Font del Gerro favoreceu a inmigración entre os anos 1950 e 1970 nos que Paterna experimentou un importante troco social e urbanístico, chegándose a triplicar a poboación.
O crecemento actual da poboación débese á creación de novas zonas residenciais e á expansión das zonas industriais no termo municipal. En decembro de 2007, o número de habitantes era de 59.043 (29.454 mulleres e 29.589 homes)
A poboación flotante nas zonas residenciais calcúlase en torno aos 16.000 habitantes, e nas zonas industriais calcúlase en torno a 15.250 persoas.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
3.509 | 3.781 | 5.042 | 6.353 | 10.008 | 11.724 | 16.951 | 22.944 | 34.425 | 42.855 | 47.498 | 54.560 | 57.343 | 59.043 | 61.941 |
Estatística demográfica 2004
editar- Ritmo de crecemento medio anual da poboación 2000-2004: 1,9 %
- Variación poboación 2000-2004: 7,7%
Lugar | Total | % |
---|---|---|
Europa | 965 | 44,8 |
África | 414 | 19,2 |
América | 663 | 30,8 |
Asia | 108 | 5,0 |
Oceanía | 3 | 0,1 |
Total | 2.153 | 4,6 |
Núcleo | Homes | Mulleres | Total |
---|---|---|---|
Casco Urbano | 17.965 | 17.983 | 35.948 |
La Canyada | 5.316 | 5.179 | 10.495 |
La Coma | 2.758 | 2.816 | 5.574 |
Valterna | 1.591 | 1.509 | 3.100 |
Terramelar | 1.307 | 1.358 | 2.665 |
Creu de Gràcia | 58 | 66 | 124 |
Total | 28.995 | 28.911 | 57.906 |
Economía
editarO sector servizos representa o 56% da actividade económica global do municipio. A industria representa o 33,2%, a construción o 9,8% e a agricultura o 1%.
Paterna enclávase nunha das áreas industriais máis importantes do sur de Europa. No termo municipal atópase: o Polígono Industrial Fonte del Gerro, o Polígono Industrial da estrada de Ademuz, a cidade dos negocios Táctica e o Parque Tecnolóxico de Valencia.
A produción industrial é moi diversificada: alimentación, téxtil, madeira, pel, metal, químicas, plástico, transporte, electricidade...
Estatística económica 2004
editar- Nivel económico: 7
- Oficinas bancarias: 37
- Actividades industriais: 1.101
- Supermercados: 15
- Centros comerciais: 2
- Índice industrial: 223
- Índice comercial: 144
Cerámica de Paterna
editarNa Idade Media e o Renacemento, Paterna foi un dos principais centros produtores de cerámica da península competindo con notábeis centros como Teruel ou Manises, chegando a distribuírse por todo o Mediterráneo. Son coñecidas as cerámicas como pratos, escudelas, botes de farmacia pintadas en azul e dourado e as decoradas en verde e manganeso. Os motivos son moi variados: figuras humanas, de animais, vexetais ou heráldicas.
O socarrat (século XV) é a peza máis característica da cerámica paterneira. Trátase de pezas de barro cocido de forma rectangular que se utilizaban para a decoración dos palacios e mansións, en especial de beirados e teitos. Unha nutrida mostra exponse no Museo de Cerámica de Paterna, que se encarga, de xestionar o préstamo de pezas a outros museos e exposicións. Actualmente exhíbense pezas de cerámica de Paterna no Museo Arqueolóxico Nacional (Madrid) e noutros de Valencia, Barcelona, París, Londres ou Nova York.
Gastronomía
editarAdemais da gastronomía típica da zona de Valencia: paella, arroces e verduras, destaca o cachap: doce follado recheo dunha crema especial típica de Paterna.
Lugares de interese
editar- Torre de Paterna: De orixe árabe, utilizábase como elemento defensivo da poboación debido á súa localización estratéxica e a excelente visibilidade da contorna. Cunha forma troncocónica ten unha altura de 19,5 m e entre 12,7 e 9,6 m de diámetro.
- Pazo dos Condes de Villapaterna: Pazo señorial construído polos condes de Villapaterna en 1760. En 1983 foi adquirido polo concello que instalou alí a casa consistorial.
- O Calvario: Constituído por unha terraza con vistas ao río Turia, á horta e ás poboacións próximas na que se sitúa o reloxo da vila. No pasado, estivo ocupado polo Castelo de Paterna, derruído no século XVIII.
- Museo de Cerámica: Situado na praza do Pobo, na antiga casa consistorial, alberga unha das coleccións de cerámica máis importantes da Comunidade Valenciana.
- Igrexa de Sant Pere: Construída no século XIV no lugar que ocupaba a mesquita. Foi remodelada no século XVIII.
- Gran Teatro Antonio Ferrandis: Construído a finais dos anos 20, foi un lugar de lecer utilizado polos paterneiros durante décadas. Foi adquirido polo Concello e no ano 2000 foi inaugurado co nome do ilustre actor de Paterna, Antonio Ferrandis Monrabal, acollendo un nutrido programa cultural de teatro, música e exposicións.
- Café Teatro Capri: Construído en 1924, foi adquirido polo concello en 1998, remodelado e inaugurado de novo no ano 2000. Actualmente acolle diversos actos culturais.
- Espazo Cultural La Cova Gran: Formado por un anfiteatro e a biblioteca central englóbase no Parque da Torre e as Coves.
- Espazo Cultural Coves del Bata: Alberga exposicións de arte nun espazo emblemático e histórico como son as covas.
- Molins de Paterna: Muíños construídos na idade media para aproveitar a forza da auga que pasaba pola canle de Montcada nas producións fariñeiras, arroceiras e téxtiles. Foi a partir do século XIX cando se produciu a súa expansión facendo que Paterna se convertese a finais do século XIX na maior produtora de fariña de Valencia. Posteriormente, os avances tecnolóxicos en electricidade, a industrialización e a maior urbanización da horta supuxeron o progresivo abandono destes muíños. Actualmente proxéctase un complexo hoteleiro e de lecer.
- Parque Natural do Río Turia: A paraxe natural máis importante de Paterna é o bosque da Vallesa, situado en torno ao río Turia. Está formado por unha grande extensión que alberga unha abundante poboación de piñeiros e matos integrado polas típicas asociacións do bosque mediterráneo sobre substrato calcario como timón, romeu, carrasca, lentisco, coscoxa, aliaga etc.
- Cidade Deportiva do Valencia CF.
- Observatorio da Universitat de Valencia.
- Parque Científico do Campus Burjassot-Paterna
En maio de 2000 a cidade de Paterna adquiriu a categoría de Municipio de Interese Turístico pola Generalitat Valenciana.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Ajuntament de Paterna
- Noticias, eventos e actos de Paterna en Hortanoticias.com, xornal dixital da Horta Arquivado 15 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
- Blog de Paterna
- Policía Local Paterna Arquivado 23 de decembro de 2008 en Wayback Machine.
- Axencia de Desenvolvemento Local
- Web de Turismo de Paterna realizada pola Axencia Valenciana de Turismo
- Oficina Virtual do Ajuntament de Paterna[Ligazón morta]
- Páxina web da emisora de radio, Paterna RadioArquivado 10 de xuño de 2021 en Wayback Machine.