Pasqual Maragall

político catalan

Pasqual Maragall i Mira, nado en Barcelona o 13 de xaneiro de en 1941, é un político catalán e antigo presidente do Partit dels Socialistes de Catalunya que foi presidente da Generalitat de Cataluña dende decembro de 2003 até novembro de 2006. Antes fora alcalde de Barcelona de 1982 a 1997, etapa na cal tiveron lugar os Xogos Olímpicos de Barcelona 1992.

Modelo:BiografíaO moi honorábel Editar o valor en Wikidata
Pasqual Maragall

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ca) Pasqual Maragall i Mira Editar o valor en Wikidata
13 de xaneiro de 1941 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Barcelona, España Editar o valor en Wikidata
127º Presidente da Generalitat de Cataluña
20 de decembro de 2003 – 28 de novembro de 2006
← Jordi PujolJosé Montilla →
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de decembro de 2003 – 8 de setembro de 2006 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Presidente do PSC
2000 – 2007
← Raimon Obiols i GermàIsidre Molas i Batllori (en) Traducir →
Deputado do Parlamento de Cataluña
5 de novembro de 1999 – 23 de setembro de 2003 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
3 de abril de 1992 – 26 de setembro de 1995 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

Deputado do Parlamento de Cataluña
16 de xuño de 1988 – 21 de xaneiro de 1992 (disolución do parlamento)

Circunscrición electoral: Barcelona

114º Alcalde de Barcelona
2 de decembro de 1982 – 26 de setembro de 1997 (renuncia)
← Narcís SerraJoan Clos →
Concelleiro de Barcelona
3 de abril de 1979 – 26 de setembro de 1997 (dimisión)
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona - licenciatura en Dereito
Universidade Autónoma de Barcelona - doutoramento
The New School Editar o valor en Wikidata
Tese académicaQ62653836 Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Barcelona Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, mestre Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartit dels Socialistes de Catalunya (1978–2007)
Socialist Party of Catalonia-Congress (en) Traducir (1976–1978) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
21 de xaneiro de 2004Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeDiana Garrigosa Laspeñas (1965–2020) Editar o valor en Wikidata
FillosCristina Maragall i Garrigosa Editar o valor en Wikidata
PaiJordi Maragall i Noble Editar o valor en Wikidata
IrmánsErnest Maragall
Pau Malvido
Jordi Maragall i Mira
Àngels Maragall i Mira Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Sitio webhttp://www.pasqualmaragall.cat/
IMDB: nm1731498 BNE: XX1045439 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Formación e entrada en política

editar

Neto do poeta catalán Joan Maragall, en 1965 licenciouse en Dereito e Ciencias Económicas pola Universidade de Barcelona, ingresando aquel mesmo ano como economista no departamento de urbanismo do Concello de Barcelona. En 1973 licenciouse en Economía Internacional e Economía Urbana pola New School for Social Research de Nova York e en 1978 doutorouse na Universidade Autónoma de Barcelona cunha tese sobre os prezos do chan urbano. Así mesmo, é doutor honoris causa pola Facultade de Arquitectura da Universidade de Reggio de Calabria e pola Universidade Johns Hopkins. O seu irmán Ernest Maragall, tamén ocupou postos de relevancia na política.

Comezou a súa actividade en 1965 no gabinete técnico do Concello de Barcelona, en época franquista. A súa vida política iniciouse no Front Obrer de Catalunya, un dos núcleos que logo darían lugar ao Partit dels Socialistes de Catalunya, partido co cal sería elixido concelleiro por Barcelona nas primeiras eleccións municipais democráticas e onde ocuparía o cargo de tenente de alcalde da Reforma Administrativa e de Facenda.

Alcalde de Barcelona (1982-1997)

editar

En 1982 sería elixido alcalde de Barcelona en substitución de Narcís Serra, cargo polo cal sería reelixido en 1983, 1987, 1991 e 1995. O seu cargo na alcaldía estivo marcado pola preparación e execución dos Xogos Olímpicos de 1992, en Barcelona. Outros feitos destacados dese período foron o seu cargo na Presidencia do Consello de Municipios e Rexións de Europa e a súa vicepresidencia e presidencia do Comité das Rexións da Unión Europea, entre 1996 e 1998. Foi tamén fundador de Eurociudades, grupo de seis grandes cidades da área do Mediterráneo Occidental e vicepresidente para Europa da Unión Internacional de Autoridades Locais e da Federación Mundial de Cidades Unidas.

En 1997 cedeu a alcaldía de Barcelona ao seu tenente de alcalde Joan Clos e trasladouse a Roma, onde exerceu de profesor durante un ano.

Candidato á presidencia

editar

O 25 de xuño de 1998, desde o miradoiro da Torre de Comunicacións de Collserola, anunciou a súa candidatura á presidencia da Generalitat nos comicios do 17 de outubro de 1999, eleccións ás que concorreu como candidato dunha coalición integrada polo Partit dels Socialistes de Catalunya e Ciutadans pel Canvi, e que incluía tamén a Iniciativa per Catalunya nas circunscricións de Tarragona, Xirona e Lleida. A pesar de que foi o candidato máis votado, superando ao até entón invicto Jordi Pujol, obtivo menos escanos que o seu adversario debido á repartición dos mesmos por circunscricións. Devandita circunstancia permitiu a Pujol ser reelixido presidente da Generalitat de Cataluña co apoio do Partido Popular e a abstención de Esquerra Republicana de Catalunya.

Presidente da Generalitat (2003-2006)

editar
 
Pasqual Maragall durante o acto de presentación da súa blog

A candidatura encabezada por Pasqual Maragall volveu ser a máis votada nas eleccións do 16 de novembro de 2003, a pesar do cal Convergència i Unió volveu ser a candidatura con máis representantes no Parlamento de Cataluña. Con todo, por primeira vez desde 1980, as formacións de centroesquerda que apoiaron a candidatura de Josep Maria Vallès á presidencia do Parlamento en 1999, sumaron maioría.

Así, a firma do Pacto do Tinell xunto con Esquerra Republicana de Catalunya e da coalición ICV-EUiA permitíronlle ser investido presidente da Generalitat, cargo do que tomou posesión o 20 de decembro de 2003. O voto contrario de ERC ao novo Estatuto de autonomía de Cataluña, por consideralo insuficiente, supuxo o cesamento dos seus conselleiros no Goberno de Cataluña, que Maragall remodelou. O 21 de xuño de 2006, oito anos despois do anuncio da súa primeira candidatura e despois da vitoria do si cunha curta participación no referendo sobre o Estatut, anunciou, nunha declaración institucional, que non repetiría unha terceira vez como candidato do PSC á presidencia da Generalitat, sendo substituído polo até entón ministro de Industria e Primeiro Secretario do PSC, José Montilla.

Actualidade (dende 2007)

editar

Despois da saída do Goberno, Maragall deixou a presidencia do PSC o 11 de xuño de 2007 para traballar no proxecto do Partido Demócrata Europeo, segundo afirmou en diversas ocasións. Pasqual Maragall declarou o 20 de outubro de 2007 que padecía un principio da enfermidade de Alzheimer dende había meses.[1] O día 29 de marzo foi elixido "catalán do ano" (català de l'any). En abril de 2008 creouse a Fundación Pasqual Maragall para a Investigación sobre o Alzheimer, que promove a investigación científica para a prevención e o coidado da devandita doenza e doutras enfermidades neuro-dexenerativas relacionadas. En 2010 estréase unha película documental (Bicicleta, culler, poma) realizada por Carles Bosch por encargo do propio Maragall, na que se segue a Maragall e a súa familia durante dous anos, no seu día a día cotián e na súa loita contra o Alzheimer, gañadora do premio José María Forqué e o premio Gaudí á mellor película documental.[2], así como o Premio Goya 2011 na mesma categoría.

  • Refent Barcelona (1986).
  • Per Barcelona (1987).
  • Barcelona, la ciutat retrobada (1991).
  • Los ayuntamientos (1997).
  • Europa próxima: Europa, regiones y ciudades (1999).
  • Els orígens del futur (2002).
  • El canvi que Catalunya necessita (2003).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Narcís Serra
  
Alcalde de Barcelona
 
19821997
Sucesor:
Joan Clos
Predecesor:
Jacques Blanc
 Presidente do Comité das Rexións da Unión Europea 
19961998
Sucesor:
Manfred Dammeyer
Predecesor:
Raimon Obiols
  
Presidente do PSC
 
20002007
Sucesor:
Vacante
Con posterioridade:
Isidre Molas
Predecesor:
Jordi Pujol
  
Presidente da Generalitat de Catalunya
 
20032006
Sucesor:
José Montilla