Partido dos Traballadores de Corea
O Partido dos Traballadores de Corea, tamén traducido como Partido dos Traballadores Coreanos (en coreano: 조선로동당, Chosŏn Rodongdang), é o partido que goberna a República Democrática Popular de Corea, máis coñecida como Corea do Norte. Este partido baséase na ideoloxía Juche, que fusiona o leninismo co nacionalismo e coa cultura tradicional coreana. Conta con 607 escanos na Asemblea Popular Suprema.
조선로동당 Partido dos Traballadores de Corea | |
---|---|
Partido político da Corea do Norte | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Kim Jong-un |
Historia | |
Fundación | 30 de xuño de 1949 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Juche |
Outros datos | |
Sede | Pyongyang, Corea do Norte |
Na rede | |
http://www.rodong.rep.kp | |
Estrutura
editarO Congreso Nacional é o órgano superior do Partido. O Congreso aproba os informes dos órganos do Partido, adopta as políticas e tácticas básicas do Partido, e elixe aos membros do Comité Central.
En setembro de 1992 o Partido dos Traballadores de Corea tiña 160 membros no Comité Central. Reúnese polo menos unha vez cada seis meses. O artigo 24 dos Estatutos do Partido estipula que o Comité Central elixe ao secretario xeral do Partido, a presidencia do buró político, os membros do buró político, secretarios, membros da comisión militar central, e os membros do comité de inspección central.