Partido Comunista Romanés
O Partido Comunista Romanés (PCR), en romanés Partidul Comunist Român, foi o partido marxista-leninista deste país da Europa do Leste, gobernándoo dende o 30 de decembro de 1947 ata o 22 de decembro de 1989.
Partidul Comunist Român Partido Comunista Romanés | |
---|---|
Partido político de Romanía | |
Mocidades | Unión de Xuventudes Comunistas |
Historia | |
Fundación | 8 de maio de 1921 |
Disolución | 22 de decembro de 1989 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Comunismo (marxismo-leninismo) |
Outros datos | |
Sede | Bucarest, Romanía |
Publicación | Scînteia |
Na rede | |
https://npcr.ro/ | |
O partido chamouse na súa fundación Partido Comunista de Romanía (Partidul Comunist din România), para en 1948, por mor da fusión con outros partidos de esquerda, pasar a chamarse Partido dos Traballadores Romaneses (Partidul Muncitoresc Român), e finalmente, desde 1965, chamouse Partido Comunista Romanés.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Partido Comunista Romanés |