Participio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
O Participio é unha forma infinita do verbo. É a forma verbal menos marcada e comparte co adxectivo as seguintes características:
- Non admite clíticos.
- Ten flexión de xénero e número: rematado,-a,-os
- Admite superlativos (Fiquei sorprendidísima) e diminutivo(Está acabadiño)
- Pode ir acompañado por adverbios: Bastante avanzado
- Pode ser pronominalizado: Se ela é castigada, ti tamén o serás
- Combínase con adxectivos e substantivos: Está alegre e decidida
- Forma adverbios en -mente: caladamente
- Pode substantivarse: Os vencidos
Funcións
editarSintacticamente pode ter as seguintes funcións:
- Modificador: Os traballadores despedidos manifestáronse na rúa
- Predicativo: Marchou anoxado
- Atributo: Está satisfeita
Formas
editarOs participios regulares presentan o seguinte paradigma:
andado | varrido | partido |