Parque Nacional da Peneda-Gerês

(Redirección desde «Parque Nacional de Peneda-Gerês»)

O Parque Nacional da Peneda-Gerês é o único espazo natural declarado como parque nacional de Portugal. É ademais un lugar de importancia comunitaria (LIC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Rede Natura 2000.[1][2][3] O parque creouse en maio de 1971 e ocupa vinte e dúas freguesías do norte dos distritos de Viana do Castelo, Braga e Vila Real; lindando xa coa raia galego-portuguesa.[4][5][1]

Modelo:Xeografía físicaParque Nacional da Peneda-Gerês
(pt) Parque Nacional da Peneda-Gerês Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
TipoParque nacional
patrimonio cultural
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaMelgaço, Portugal, Arcos de Valdevez, Portugal, Ponte da Barca, Portugal, Terras de Bouro, Portugal e Montalegre, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDistrito de Viana do Castelo Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°49′51″N 8°14′19″O / 41.830713, -8.23867
Características
Superficie695,925 km² Editar o valor en Wikidata
Sen protección legal
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 860 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación1971 Editar o valor en Wikidata

Sitio webwww2.icnf.pt… Editar o valor en Wikidata

Esta área protexida constitúe xunto co parque natural galego da Baixa Limia - Serra do Xurés un espazo natural transfronteirizo protexido. Ambos forman parte da reserva da biosfera do Transfronteiriza Gerês-Xurés desde 2009.[6][1]

Xeografía

editar

Situación

editar

Este parque nacional sitúase na noroeste portugués, repartíndose entre os distritos Viana do Castelo, Braga e Vila Real no que é a zona raiana do Minho e Trás-os-Montes coa Galiza. O parque ocupa 69.596 ha. de vinte e dúas freguesías de Melgaço, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca (no distrito de Viana do Castelo), Terras de Bouro (distrito de Braga) e Montalegre (distrito de Vila Real).[4] Abrangue o territorio desde a serra da Peneda ata a serra do Xurés, o cal acolle ás serra de Soajo e serra Amarela.

Hidrografía

editar
 
Rego en Brufe, Terras de Bouro.
 
Albufeira da Caniçada no río Cávado, desde a entrada ao parque e ás Terras de Bouro.

As principal cunca hidrográfica que ocupa o parque é a do Miño. Os seus afluentes principais nesta zona son o Limia (47,8%) e Cávado (50,2%), así como os seus regatos afluentes. O Cávado atravesa o parque de leste a oeste, mentres que o Limia serve aos límites sur dos distritos de Vila Real e Braga. Son ríos caracterizados polos seus vales profundos e rectos, que nos seus altos nacen en terreos graníticos abertos. Os afluentes do Limia e Cávado teñen aproveitamento hidroeléctrico en Alto Rabagão, Paradela, Caniçada, Vilarinho da Furna, Touvedo e Lindoso.[7][1]

Orografía

editar

O parque está no amplo espazo en forma de anfiteatro que se esculpiu durante a oroxénese varisca, e outros proceso de erosión de vento e auga, e que se estende desde o Castro Laboreiro ata as mesetas de Mourela. Este espazo abrangue tamén ás serras da Peneda, do Soajo, da Amarela e do Xurés.[7][1] Estes cumes forman a barreira desde a chaira cara ao océano, ao oeste, e ás mesetas, que están cara ao leste. Os cumes desta serra son a fronteira da raia galego-portuguesa. Son os cumes da Peneda (1340 m), de Soajo (1430 m), de Amarelo (1350 m), do Xurés (1545 m) e do Altar dos Cabrões (1538 m).[1]

Xeoloxía

editar
 
Lagoa na serra da Peneda, na Peneda en Castro Laboreiro, Melgaço.

O parque encádrase dentro da "zona de Galicia-Trás-os-Montes" do macizo Ibérico, unha zona alóctona e que se formou durante os procesos de colisións continentais da oroxénese herciniana.[8][9][10] A orografía desta área esculpiuse durante a terceira fase da oroxénese, e outros proceso de erosión de vento e auga perfilando o relevo desde o Castro Laboreiro ata as mesetas de Mourela.[10]

As rochas graníticas, de diferentes xeracións, dominan este escudo e formáronse durante o proceso oroxénese trala de colisión continental que uniu a baixa Península Ibérica con Europa[10][11], hai entre 380 millóns e 275 millóns de anos.[7] A formación máis antiga, a de Amarela, data de 310 millóns de anos. A rochas granítica que máis dominan na área son os bloques de rochas plutónicas de Peneda-Xurés, que é un relevo exposto que quedou exposto pola formación da falla Xurés-Lobios hai 290-296 Ma.[7] As capas sedimentarias que se foron depositando durante o silúrico, hai entre 435 e 408 Ma., deformáronse e metamorfizáronse resultando en xistos, grauvacas e cuarcitas (como de dá na área de Castro Laboreiro).[7] Tamén se mineralizaron diques e sills formados por cuarzo e aplitas-pegmaticas resultando en estaños, tungstenos, molibdenos e ouro (que se aproveitaron en minería como as de Carris e Borrageiro).[7]

No parque identifícanse as seguintes unidades litolóxicas esenciais[12]:

  • Floración de metasedimentos de orixe paleozóica, que é a unidade dominante e que aparece no val de Antas de Castro Laboreiro cara ao centro-oeste entre Louriça e a Branda de São Bento do Cando,
  • Diferentes granitos hercinianos, formados en varias xeracións,
  • Sedimentacións fluviais, glaciais ou torrenciais.

No parque están presente formacións de campos glaciares que se formaron durante o plistoceno, hai 1,8-0,001 Ma.[7] Durante o plistoceno as variacións climáticas deron lugar a unha extensión dos campos glaciares a latitudes medias.[7][11] O restos destes glaciares pódese apreciar nos vales en forma de "U", as morenas, os depósitos glaciares, e as superficies de granito puído das serras de Soajo e Xurés.[7][11] As fracturas na paisaxe formadas forzaron aos ríos a discorrer por vales estreitos e profundos, como se pode apreciar nas zonas máis altas e onde o solo granítico se ve ao aire. Os vales, fundamentalmente os vales do Gerês e da Senhora da Peneda, discorren en dirección NNL-SSO. Os vales fluviais dos ríos Limia e Cávado fano en dirección LNL-OSO e os seus afluentes secundarios en direccións NNO-SSL.[7]

A erosión por factores atmosféricos forma paisaxes con formacións curiosas como tors, gnammas ou kopjes.[11] [13]

Edafoloxía

editar

Nas zonas máis elevadas do parque e de maior pendente os solos ou non existe ou son reducidos. Nas zonas de val os solos son máis ricos e profundos e sofren un transporte pluvial. Estes estratos están texturados, son permeables, facilmente traballables, aínda que teñen unha consistencia débil e marcados polas peculiaridades da acción agrícola local. A incorporación de biomasa e as precipitacións elevadas xunto coas baixas temperaturas de outono-inverno dan orixe a cambios nos niveis de pH. Así mesmo, os niveis elevados de material orgánico incompletamente descomposto, baixos en fósforo e intermitentemente baixos/altos en potasio están suxeitos ao réxime de deposición aluvial.

O parque atópase na zona de transición das rexións bioclimáticas atlánticas e mediterráneas. A súa orografía favorece o efecto barreira das montañas, o cal supón altos niveis de precipitación, e a presenza de multitude de áreas microclimáticas. As precipitacións chegan ata os 30 mil mm por día e aos 130 días de choiva por ano. As temperaturas varían entre os 17 e 20 °C, inda que existe unha alta variación por altitude. Os vales ten climas suaves e os altos chegan a mínimos maiores.[1]

Demografía

editar
 
Lugar de Rouças, en Gavieira, Arcos de Valdevez, e que se atopa nas abas da serra da Peneda.

Aínda que houbo un crecemento variable en toda a rexión do Norte, houbo unha diminución xeral da poboación nas unidades administrativas que entraron no parque nacional de Peneda-Xurés entre o 1981 e 1991. A poboación en 1991 era de 9.099 de persoas cando había 10.849 persoas rexistradas en 1981, o que supuxo unha perda do 16%. En todos os concellos se produciu esa diminución: en Melgaço foi do -16,8%, en Arcos de Valdevez do -13,4%, na Ponte da Barca do -6,1%, en Terras de Bouro do -7,2% e Montalegre -20,3%. A poboación residente concéntranse principalmente en varios núcleos pequenos e separados entre si. Ás veces a poboación agrégase ao longo das calzadas e reside en novas vivendas ou edificios e algunhas veces grupos illados de vivendas, en particular en camiños agrícolas en pradeiras ou illados entre pastos.

En termos xerais, pódense definir en termos socio-demográficos seis zonas homoxéneas:

  • Castro Laboreiro e o Val de Río Laboreiro. As poboacións son pequenas e separadas por distancias curtas. Nesta zona era unha práctica habitual que os residentes nas comunidades de montes pasasen parte do ano entre dúas localidades. Ou ben nas "inverneiras" (residencias invernais), que se emprazaban nos vales de ribeira, ou en casas por riba dos mil metros de altitude, na zona "branda" (dito así pola pendente suave de montaña).
  • Serras da Peneda e Serras do Soajo. Son pequenas aglomeracións pastorais, con diferentes residencias de verán e inverno.
  • Val de Xurés. No último século máis poboada polo auxe da reconstrución e o turismo termal e que deu lugar á urbanizacións ao longo das vías de acceso do val.
  • Cabril-Xurés. Esta zona é abrupta e está ao longo do río Cávado e do encoro de Salamonde, onde se concentran os edificios ao longo das vías de acceso, e o río Cabril, con pastos situados entre aglomeracións.
  • Mourela e Meseta Barroso. Esténdese ao sur, ao sueste e ao suroeste, á meseta e é unha serie de aglomeracións, unidas por vías de ocupación. A expansión de Várzea, debido á construción da presa de Paradela, deu lugar á redución de terras cultivables, prados e pantanos.

Algunhas das aldeas das terras altas están situadas preto das terras cultivables. Os socalcos, construídos para aproveitar mellor estas escasas terras, e as casas tradicionais, con paredes de granito e tellados de palla, configuran a paisaxe característica do parque. Son características deste modelo as aldeas de Pitões das Júnias e Ermida.

Hábitats

editar

No parque nacional destacan polo seu interese de conservación os seguinte hábitats[2][14]:

Flora e Fauna

editar
 
Bosque de ribeira.
 
Matogueiras na serra Amarela.

A diversidade florística inclúe 823 taxons vasculares que se producen en 128 tipos de vexetación natural. En particular cómpre diferenciar as rexións que definen as baixadas da serra do Xurés e da serra da Cabreira (as cuncas dos ríos Támega, Ave e Cávado), xa que son fronteira entre as áreas bioxeográficas eurosiberianas e mediterráneas e que supoñen un cambio na composición da flora.[1][15]

As coberturas das serra do Xurés, a serra Amarela, a serra do Peneda e a serra do Soajo, así como as mesetas Mourela e Castro Laboreiro, están dominadas catro biotipos diferentes: as carballeiras, as matogueiras, as ribeiras e lameiros e a vexetación riparia.[1]

As carballeiras dominan nos vales de Ramiscal, Peneda, Xurés e Beredo; e en especial destaca na Mata de Albergaria. Adoitan ser bosques dominados polas carballeiras do carballo común (Quercus pyrenaica) e dos cerquiños (Quercus robur). A maior presenza dunha ou doutra especie varía segundo as altitudes e a exposición da carballeira. Onde dominas os carballos comúns adoitan están presentes as sobreiras (Quercus suber), as xibardas (Ruscus aculeatus), os pradairos (Acer pseudoplatanus) e os loureiros (Prunus lusitanica). Alí onde dominan as sobreiras e os cerquiños adoitan estar presentes as arandeiras (Vaccinium myrtillus), os érbedos (Arbutus unedo) e os acivros (Ilex aquifolium). Estas carballeiras estiveron baixo a presión humana e retrocederon en espazo.[1]

As matogueiras ocupan o 74% do espazo do parque.[15] Están formadas principalmente dos toxos gateños (Ulex minor) e arnais (Ulex europaeus) e de queiroas de cruz (Calluna vulgaris) e queirogas de umbela (Erica umbellata). Nas altitudes maiores están de par cos cimbros (Juniperus communis) e as uces mouras (Erica australis). Nas altitudes inferiores estano con toxos gateños (Ulex minor), as queirogas veludas (Erica ciliaris), as queiroga das brañas (Erica tetralix), e as especies de Molinia caerulea, Drosera rotundifolia, Pinguicula lusitanica, e Viola palustris.[1]

Nas ribeiras e entre a vexetación riparia ,achegada aos cursos fluviais, aparecen endemismos como o fieito do botón (Woodwardia radicans), os salgueiros ananos (Salix repens), os bidueiros comúns (Betula pubescens), e os arbustos de Spiraea hypericifolia, Circaea lusitanica e Angelica laevis.[1]

As especies da flora do parque natural que están catalogadas como especies de interese de conservación na rede Natura 2000 son[2][16]:

Especie
Centaurea micrantha ssp. herminii
Festuca elegans
Festuca henriquesii'
Festuca sumilusitanica
Marsupella profunda
Narcissus asturiensis
Narcissus cyclamineus
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis
Veronica micrantha
Woodwardia radicans

Dentro do parque están identificadas arredor de 235 especies de vertebrados foron identificadas dentro dos límites do parque, e arredor de 200 especies son endémicas ou nalgún tipo de risco.[1]

Sen contar as aves, as especies da fauna do parque natural que están catalogadas como especies de interese de conservación na Directiva Hábitats da rede Natura 200 son[2][17]:

Grupo Especie
Mamífero Canis lupus signatus
Mamífero Galemys pyrenaicus
Mamífero Lutra lutra
Mamífero Barbastella barbastellus
Mamífero Myotis emarginatus
Mamífero Myotis myotis
Mamífero Rhinolophus euryale
Mamífero Rhinolophus ferrum equinum
Mamífero Rhinolophus hipposideros
Anfibios Chioglossa lusitanica
Réptiles Lacerta schreiberi
Peixes Chondrostoma polylepis
Peixes Rutilus arcasi
Invertebrados Callimorpha quadripunctata
Insectos Euphydryas aurinia
Invertebrados Geomalacus maculosus
Invertebrados Lucanus cervus

Invertebrados

editar

Entre as especies de invertebrados do parque destacan as bolboretas Euphydryas aurinia e Callimorpha quadripunctata, o escornabois Lucanus cervus e o gasterópodo Geomalacus maculosus.[1]

Peixes

editar

A especie máis abundante nos altos fluviais (os "ríos truiteiros"), e nas mesetas de montaña do parque son as troitas (Salmo trutta). Alí destaca a presenza das anguías (Anguilla anguilla ), que se atopan en risco de extinción pola sobre-explotación pesqueira.[1]

Vertebrados

editar
 
Un tritón marmorado.
 
Cabalo garrano pacendo na serra Amarela.

No parque están presentes a ra ibérica (Rana iberica), a salamántiga rabilonga (Chioglossa lusitanica), as píntegas (Salamandra salamandra) e os lagartos das silvas (Lacerta schreiberi). A salamántiga rabilonga é un endemismo do noroeste peninsular e de zonas montañosas de moita choiva. A víbora fociñuda (Vipera latastei) tamén están presentes.

Entre os mamíferos asociados aos cursos da auga, e que están ben representados no parque, están as toupeiras de auga (Galemys pyrenaicus) e as londras (Lutra lutra). Outros micromamíferos o mamíferos pequenos a destacar son o furafollas ibérico (Sorex granarius), a marta (Martes martes), o gato montés (Felis silvestris) e o esquío Sciurus vulgaris. Estes esquíos teñen unha área marxinal no territorio portugués. Tamén son de interese de conservación do parque os morcegos grandes de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum), os morcego de pequenos de ferradura (Rhinolophus hipposideros) e o morcego de ferradura Rhinoloplus euryale.

Entre os mamíferos de maior tamaño, destacan os corzos (Capreolus capreolus), símbolo do parque, e o lobo ibérico (Canis lupus signatus). Os corzos atópanse en cantidades prolíficas, en particular nas marxes do parque onde atopan refuxio e alimento. Os lobos ibéricos sufriron a presión humana e teñen unha poboación limitada no parque. Foron tradicionalmente vistos como ameza para o gando e cazáronse ata que unha lei do finais do século XX o prohibiu. Ata o século XVII houbo constancia do da presenza de osos pardos e de "cabras Gêres", as cabras montesas portuguesas ou Capra pyrenaica lusitanica, ata o ano 1890. O hábitat que estas especies ocuparon fórono ocupando os poboacións de lobo ibérico galegas.

En canto ás razas de mamíferos domesticados, destacan a presenza do "garrano" ou "cabalo do Minho", que é unha raza pequena de cabalo salvaxe.

O parque está dentro do límite sur da área de distribución de aves comúns na Europa atlántica.[3][1] A súa avifauna catalogada chega ás 147 especies e a súa abundancia varía por estacións polos procesos de migración e aniñamento. Destaca a avifauna que se observa ao longo da rexión de Mourela. Alí chegan a aniñar aproximadamente 36 especies.[1]

En termos de conservación, ben porque son endemismos ou polo seu risco de extinción, destacan no parque a aguia real (Aquila chrysaetos), a choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), o moucho real (Bufo bufo), o abelleiro europeo (Pernis aviporus), o chasco rabipinto (Saxicola rubetra, xa que é o único lugar portugués onde aniñan), a escribenta amarela (Emberiza citrinella), o picanzo vermello (Lanius collurio), e o a becacina (Gallinago gallinago, xa que é o único lugar portugués onde se reproduce). Outras especies a destacar do parque son a gatafornela (Circus cyaneus), a papuxa picafollas (Sylvia borin) e o merlo acuático (Cinclus cinclus), que está presente nos altos dos ríos.[1][3]

As especies de aves do parque natural que están catalogadas como especies de interese de conservación dentro da rede Natura 2000 son[3]:

Especie
Alcedo atthis
Anthus campestris
Anthus pratensis
Anthus trivialis
Apus apus
Aquila chrysaetos
Caprimulgus europaeus
Carduelis spinus
Circaetus gallicus
Circus cyaneus
Circus pygargus
Clamator glandarius
Coturnix coturnix
Cuculus canorus
Delichon urbicum
Emberiza citrinella
Emberiza hortulana
Falco peregrinus
Falco subbuteo
Ficedula hypoleuca
Hippolais polyglotta
Hirundo rustica
Jynx torquilla
Lanius collurio
Lullula arborea
Luscinia megarhynchos
Milvus migrans
Monticola saxatilis
Muscicapa striata
Oenanthe oenanthe
Oriolus oriolus
Otus scops
Abelleiro europeo (Pernis apivorus)
Phoenicurus phoenicurus
Phylloscopus bonelli
Phylloscopus ibericus
Phylloscopus trochilus
Prunella collaris
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Regulus regulus
Saxicola rubetra
Scolopax rusticola
Streptopelia turtur
Sylvia borin
Sylvia cantillans
Sylvia communis
Sylvia undata
Turdus iliacus
Turdus pilaris
Vanellus vanellus

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico

editar

Existen diferentes necrópoles como as Portela do Mezio, no alto do Castro Laboreiro, en outeiros da serra Amarela, nos altos de Mourela e de Montalegre. Ademais, atópanse dolmens e outras tumbas megalíticas en Castro Laboreiro e Mourela. Entre a arte rupestre do parque están ás gravacións do Gião, en Arcos de Valdevez, e as do Penedo do Encanto da Bouça do Colado, en Parada.[1]

No parque atópanse tamén fortificacións castrexas como as de Calcedónia, Castro de Outeiro ou a do Castro de Donões en Montalegre.[1]

Do período de romanización, existen os restos da calzada romana da vía XVIII do Itinerario Antonino, que data so século I e que unía a Bracara Augusta coa Asturica Augusta. Esta vía decorre aos pés do río Home e conta con varias pontes e miliarios. O xacemento da vía mellor conservado na parte está entre o Campo do Xurés e a Portela do Homem, que son as millas XIX a XXXIV.[1]

Patrimonio arquitectónico

editar

No parque atópanse os centros de peregrinación do Santuario de Nosa Señora da Peneda, que replica ó santuario do Bom Jesús de Braga, e o São Bento da Porta Aberta. Un mosteiro do parque é o de Santa María da Júnias, que comezou a construírse no século XII e que está en Pitões das Júnias.[1]

Algunhas aldeas de interese histórico son os pobos medievais abandonados da Pomba, da Gavieira, de Saõ Vicente do Gerês e da Mata do Beredo.[1]

Entre os elementos deseñados para evitar a presenza ou acción de animais destacan os foxos dos lobos e as "silhas". Os foxos dos lobos eran pasos deseñados para atraer e encerrar ao lobo ibérico (Canis lupus). Eses foxos construíronse de diferentes xeitos: simples, en "foxos de cabrita", con paredes converxentes ou foxos de "curral". Por outra banda, para evitar a chegada dos osos (Ursus arctos) ao mel construíronse "silhas". Estas son unha estrutura de bloques graníticos que protexe ós cortizos para o mel. Polo xeral construíronse en zonas de queiroas, carqueixas, toxos e xestas e preto de zonas de auga.[1]

Patrimonio cultural

editar

Os pobos do parque configúranse en socalcos, e destacan polas súas eiras comúns e os seus "espigueiros".

Estas áreas de montaña do parque non aumentaron a súa ocupación ata, primeiro, no século XII e, logo, no século XVI. Esas segunda ocupación deste territorio debeuse á introdución de cultivos como o maínzo, os feixóns ou as patacas procedentes das Américas. Os prados nas zonas de menor altitude convertéronse en zonas de cultivo agrícola, e os pastos e bosques quedaron limitados ás zonas máis altas.[18]

Polo xeral, e en especial arredor de Castro Laboreiro, a poboación residiu entre dúas vivendas. Desde a semana santa ata o Nadal a residencia ocupada era a da zona "branda", aquela situada a altas altitudes (por riba dos 1000 m). No inverno, pola contra, a poboación ocupaba os fogares dos vales do río, ou a zona "inverneira".[18][1]

No 1935 o goberno ditou a reforestación das áreas do parque non cultivadas e iso provocou que diminuíra a zona de pastos e que a poboación emigrase do rural. Ese fenómeno repetiuse na década de 1950.

Vilas como a de Vilarinho das Furnas foi desocupada e anegada pola construción do encoro do río Homem en 1970.

Economía

editar

O sector primario é o que domina economicamente o parque. A actividade agrícola concéntrase en especial nas Terras de Bouro e Ponte da Barca e atópase limitado noutras áreas. Con todo, o sector produtor componse en xeral de xente maior e que aproveita parcelas pequenas para produción local. Nas demais zonas é máis relevante o sector da enerxía, polas centrais hidroeléctricas, e o turismo. Os sectores da obra civil ou a industria de consumo (como o pan) e de fabricación (como as carpinterías) están presentes pero xeran menor emprego local. No sector terciario domina o abastecemento local e os operadores retallistas. O servizo de restauración si serve a maior cantidade de clientes grazas ao turismo como o da área do Xurés.[19]

Turismo

editar
 
O corzo como símbolo de entrada no parque.

O parque ten un turismo de acceso controlado e que promove actividades como o sendeirismo ou de visitas a lugares como os santuarios, como o da Senhora da Peneda e São Bento da Porta Aberta. Entre as rutas de sendeirismo destacan aquelas que levan ao Castro de Laboreiro e Calcedónia, o mosteiro de Pitões das Júnias ou o itinerario en Mézio. Os itinerarios por Portela do Homem e a de Vilarinho das Furnas permiten visitar varias fervenzas. Os itinerarios de Soajo e Lindoso serven para coñecer aspectos etnográficos como os espigueiros.

Algunhas rutas principais a facer polo parque son[20]:

  • Rota de Montalegre,
  • Rota de Arcos de Valdevez e Melgaço,
  • Rota de Terras de Bouro e Ponte da Barca,
  • Rota dos Espigueiros.

Lexislación

editar

O parque nacional xestouse froito da necesidade de planificar o uso dos recursos deste espazo montañoso e protexer a súa biodiversidade. En 1971 finalizou o proxecto de creación declarándoo como parque natural, o que sería o primeiro do país trala aprobación en 1970 da lei de protección dos espazos naturais. O parque ten autonomía administrativa, financeira e capacidade xurídica dentro do marco lexislativo portugués.[1]

En 1997 o espazo "Peneda-Xurés" propúxose como lugar de importancia comunitaria da Rede Natura 2000. En 1998 seguiríalle a súa inclusión como zona de especial protección para as aves. En 1997 ademais créase de facto un "parque transfronteirizo" Gerês-Xurés, xa que ese ano se creou o parque natural galego Baixa-Limia Serra do Xurés, que supón unha continuación da área de protección da Peneda-Xurés no territorio galego.[1]

En 2009 constituíse a reserva da biosfera transfronteiriza galego-portuguesa. Esta reserva da biosfera acolle aos concellos galegos onde se atopa os parque natural galego da Baixa-Limia - Serra do Xurés e os municipios portugueses da Peneda-Xurés. A súa finalidade é a de dinamizar socio-economicamente e protexer o patrimonio desta área.

Así mesmo, a Peneda-Xurés é parte das reservas bioxenéticas europeas e foi certificado como parte do proxecto PAN Parks, un proxecto que recoñece as áreas protexidas europeas máis destacadas.[1][21]

Con isto, o parque natural da Peneda-Xurés é:

  • Parque nacional portugués, de 69.596 ha. que foi declarado en 1971;
  • ZEPA "Serra do Xurés", de 63.432,10 ha.[3][22], e que ocupa a mesma área norte do parque inda que non acolle as súas áreas do sur e si acolle máis territorio de Montealegre;
  • LIC "Serras da Peneda e do Xurés", de 88.837,02 ha. e que ocupa algún territorio ao sur e oeste do parque,[2][23];
  • Reserva Bioxenética "Matas de Palheiros-Albergaria" (PTCON 0001), PT 930003 dentro da rede de Reservas Bioxenéticas do Consello de Europa;
  • Forma parte da "Reserva da Biosfera transfronteiriza Geres-Xurés", creada en 2009 como reserva de dous estados (xa que é galego-portuguesa). Os parques das dúas rexións forman un espazo continuo protexido, xa que mesmo o parque natural galego da Baixa-Limia Serra do Xurés foi declarado en 1997 tamén con esa intencionalidade;[6]
  • Nel atópase o xeoparque Porta do Lindoso.[24]

A xestión do parque está regulada polo "Plano de Ordenamento do Parque Nacional da Peneda-Gerês" aprobado en 2011.[25][26][27]

Galería de imaxes

editar
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 1,25 1,26 1,27 Instituto da Conservação das Florestas e da Natureza. Governo da República Portuguesa, ed. "Áreas protegidas: Parque Nacional da Peneda-Gerês". icnf.pt. Arquivado dende o orixinal o 17/04/2020. Consultado o 09/04/2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Natura 2000 Network - European Environment Agency (ed.). "PTZPE0001: Peneda / Gerês". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 09/04/2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Natura 2000 Network - European Environment Agency (ed.). "PTZPE0002: Serra do Gerês". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 09/04/2020. 
  4. 4,0 4,1 Ministério da Economia - Secretaria de Estado da Agricultura - Direcção-Geral dos Serviços Florestais e Aquícolas, Governo da República Portuguesa, ed. (05/08/1971). "Decreto n.º 187/71" (pdf). Série I (187/71): 657 – 661. Cria o Parque Nacional da Peneda-Gerês 
  5. Presidência do Conselho de Ministros e Ministérios das Finanças e da Agricultura e Pescas, Governo da República Portuguesa, ed. (28/12/1979). "Decreto-Lei n.º 519-C/79: Aprova a Lei Orgânica do Parque Nacional da Peneda-Gerês". Diário da República. Série I de (298/1979, 2º Suplemento): 3414-(7) a 3414-(11). 
  6. 6,0 6,1 UNESCO (ed.). "Man and Biosphere ProgrammeBiosphere Reserves: Geres-Xurés". Consultado o 09/04/2020. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Brilha, J. B., Dias, G., Mendes, Anabela Carreira, Henriques, Renato F., Azevedo, I. e Pereira, Rosa (1999). "Towards the balanced management and conservation of the geological heritage in the new millennium : communications presented in the III International Symposium ProGeo on the Conservation of the Geological Heritage". En Sociedad Geológica de España. Towards the Balanced Management and Conservation of the Geological Heritage in the New Millenium. Madrid. pp. 315–318. ISBN 84-930160-1-2. 
  8. Martínez Catalán, J.R.; Aller, J.; Alonso, J.L.; Bastida, F. "Chapter 1: The Iberian Variscan Orogen". En Instituto Geológico Minero Español. SPANISH GEOLOGICAL FRAMEWORKS AND GEOSITES: An approach to Spanish geological heritage of international relevance. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 19 de abril de 2020. 
  9. Pérez-Estaún, A.; Bea, F.; Bastida, F.; Marcos, A.; Martínez Catalán, J. R.; Martínez Poyatos, D.; Arenas, R.; Díaz García, F; Azor, A.; Simancas, J. F.; González Lodeiro, F. (2004). "Zona de Galicia-Trás-os-Montes". En Vera Torres, J. A. Geología de España. Sociedad Geológica de España e Instituto Geológico y Minero de España. pp. 25–49. ISBN 84-7840-546-1. 
  10. 10,0 10,1 10,2 Pereira, D. I. and Pereira, Paulo and Brilha, J. B. Sociedad Geológica de España, eds. "Estado actual da geoconservação em áreas protegidas de Portugal Continental". Geo-Temas: 109–112. ISSN 1576-5172. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 Peixoto, L. e Alves, M. I. Caetano (2009). Associação Portuguesa de Geomorfólogos (APGEOM), eds. "Quantificação do património geomorfológico – glaciário no Parque Nacional da Peneda-Gerês (Portugal)". Publicações da Associação Portuguesa de Geomorfólogos (Braga). Volume VI: 265–268. 
  12. Peixoto, L. (dirixida por Alves e M. I. Caetano) (29/09/2008). Universidade do Minho, eds. O património geomorfológico : glaciário do Parque Nacional da Peneda Gerês : proposta de estratégia de geoconservação (Tese). 
  13. Vidal Romaní J. R., Vilaplana J.M, Burm A., Zezere J., Rodrígues M.L., Monge C. (1990). "Estudio de los till subglaciares de la Serra de Gerez-Xurés (Minho Portugal Ourense Galicia)". Cuaternario y Geomorfología 4: 13–25. 
  14. Listado de hábitats do anexo II da Directiva Hábitats e o indicado no decreto 142/97, nº 198/1997 .
  15. 15,0 15,1 Proença, Vânia Andreia Malheiro (Titor:Vicente, Luís A. e Pereira, Henrique Miguel Leite de Freitas) (2008). Universidade de Lisboa, eds. Galicio-portuguese oak forest of Quercus robur and Quercus pyrenaica:biodiversity patterns and forest response to fire (Tese de doutoramento). Lisboa. 
  16. Listado de especies do anexo II da Directiva Habitats e o indicado no decreto 142/97, nº 198/1997 .
  17. Listado de especies do anexo II da Directiva Habitats e o indicado no decreto 142/97, nº 198/1997 .
  18. 18,0 18,1 Malheiro Proença, Vânia Andreia (2009). Universidade de Lisboa, Faculdade de Ciencias, eds. Galicio-portuguese oak forest of Quercus robur and Quercus pyrenaica:biodiversity patterns and forest response to fire (Tese de doutoramento). 
  19. Instituto da Conservação da Natureza (1995). Plano de Ordenamento do Parque Natural da Peneda-Gerês: Relatório de Síntese (PDF). Braga, Portugal. 
  20. ICNF e Fundo Ambiental (eds.). "Natural.pt: Parque Nacional da Peneda-Gerês". 
  21. John Blain (10/2015). panpark.com, eds. "Peneda-Gerês National Park, The Only National Park in Portugal". 
  22. Governo da República Portuguesa, ed. (23/09/1999). "Decreto-Lei n.º 384-B/99 de 23 de Setembro". Diário da República. Série I-A (384-B/99, 223/1999, 1º Suplemento): 6644–(2) a 6644–(23). Cria diversas zonas de protecção especial e revê a transposição para a ordem jurídica interna das Directivas n.os 79/409/CEE, do Conselho, de 2 de Abril, e 92/43/CEE, do Conselho, de 21 de Maio 
  23. Governo da República Portuguesa, ed. (28/08/1997). "Resolução do Conselho de Ministros n.º 142/97". Diário da República. Série I-B (142/97, n.º 198/1997): 4462 – 4475. Aprova a lista nacional de sítios (1.ª fase) prevista no artigo 3.º do Decreto-Lei n.º 226/97, de 27 de Agosto (transpõe para o direito interno a Directiva n.º 92/43/CEE, do Conselho, de 21 de Maio, relativa à preservação dos habitats naturais e da fauna e da flora selvagens). 
  24. geosite.pt (eds.). "Porta do Lindoso". 
  25. Presidência do Conselho de Ministros (04/02/2011). Governo da República Portuguesa, ed. "Resolução do Conselho de Ministros n.º 11-A/2011". Diário da República. Série I (25/2011, 1º Suplemento): 682–(2) a 682–(30). Aprova o Plano de Ordenamento do Parque Nacional da Peneda-Gerês (POPNPG) 
  26. Presidência do Conselho de Ministros - Centro Jurídico (05/04/2011). Governo da República Portuguesa, ed. "Declaração de Rectificação n.º 10-A/2011". Diário da República. Série I (67/2011, 1º Suplemento): 2034–(2) a 2034–(2). Rectifica a Resolução do Conselho de Ministros n.º 11-A/2011, de 4 de Fevereiro, que aprova o Plano de Ordenamento do Parque Nacional da Peneda-Gerês (POPNPG), publicada no Diário da República, 1.ª série, n.º 25, suplemento, de 4 de Fevereiro de 2011 
  27. Governo da República Portuguesa, ed. (2008). "Plano de Ordenamento do Parque Nacional da Peneda-Gerês". icnf.pt. Arquivado dende o orixinal o 22/02/2020. Consultado o 09/04/2020. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar