Papoazul
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2014.) |
O papoazul (Luscinia svecica) é un paxaro pequeno da familia dos papamoscas (Muscipapidae). (Nalgún tempo foi considerado membro da familias Turdidae, da que fai parte, entre outros, o merlo)[2].
Papoazul | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho da especie | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Luscinia svecica' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
Distribución das subespecies
|
Características
editarDescrición
editarE de tamaño semellante ó papo vermello, mide uns 13 ou 14 cm. A súa constitución é delgada. As ás son curtas e arredondadas, coa terceira e cuarta plumas primarias máis longas cás outras.As patas son longas e finas.A cola é negra con manchas vermellas nas beiras. Ten unha mancha superciliar (cella) branca. O macho ten no papo unha mancha azul con bordos sucesivamente de cor negra, branca e da cor da ferruxe. Algunhas razas como L. svecica svecica do norte de Eurasia teñen no centro da mancha azul outra vermella. Noutras, como L. svecica cyanecula , do centro e sur de Europa esta mancha central e branca. A raza turca L. svecica magna non ten mancha.
As femias son de cores menos brillantes e teñen no papo da cor da crema ou cunha media lúa negra. Os inmaturos teñen manchas e puntos escuros pola parte inferior.
Malia as diferenzas de aspecto entre machos, estudos xenéticos recentes confirmaron que se trata dunha especie única.
Costumes
editarOs machos teñen un canto forte, moi variado e, ás veces, imitativo que recorda ó do reiseñor. Canta sobre todo pola maña cedo e cando empeza a escurecer.
Son activos durante o día e no crepúsculo. Cazan insectos sobre todo nas beiras cheas de lama dos ríos, en superficies cultivadas e entre o mato. Fas os niños agachados en xeral non lonxe da auga, nun furado no chan, entre herba ou arbustos mestos. a femia pon 6 ou 7 ovos de cor gris azulada clara con puntos castaño avermellados, que son chocados polos dous pais unhas dúas semanas.
Distribución
editarVive en zonas de bosque húmido ou zonas húmidas con arbustos de Eurasia, con algúns exemplares tamén en Alasca occidental. Son migratorios. No continente europeo a raza coa mancha vermella na gorxa vive no norte e nos Alpes; a raza coa mancha branca vive en Centroeuropa, sur da Europa occidental e parte do sur do continente.
Son migratorios. Os exemplares europeos pasan o inverno no sur de España, norte de África e sur de Asia.
Poboación en Galiza e España
editarO papoazul só aniña no Sistema Central (dende as serras de Béjar e Candelario en Salamanca, ata Somosierra e serra de Ayllón) e Cordilleira Cantábrica, ocupando preferentemente os vales da cara sur. Como migrante destaca no sueste da península (procedente do sur do sahara) e nas Illas Baleares onde inverna un pequeno continxente de papoazuis procedentes doutros países europeos (das subespecies L. s. svecica e L. s. cyanecula).
Tamaño da poboación
editarA comezos dos anos 90 estimouse a poboación aniñante en España nunhas 9.000-12.800 parellas. En Europa as estimacións acadan un total de 530.000 parellas reprodutoras (1994). En Galiza aniña no Parque Natural do Invernadoiro.
Existen moi poucos datos sobre a abundancia da especie, así no Sistema Central, nas uceiras da Serra de Ayllón, obtivéronse 0,1 aves/10 ha (1986); nos piñeirais de Gredos, entre 0,5 e 1,3 aves/10 ha, dependendo da altitude (1991). Nos uceirais subcantábricos de Palencia, 5 machos/10 ha (1991). Na Serra de Béjar, Salamanca, a densidade acadada é de 0,46 aves / 10 ha, como media.
Nos últimos anos semella que a súa poboación está a medrar no norte da península.
Notas
editar- ↑ BirdLife International (2012). "Luscinia svecica". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ Zink et al.(2003) Recent evolutionary history of the bluethroat (Luscinia svecica) across Eurasia Arquivado 04 de abril de 2005 en Wayback Machine. Molecular Ecology 12:3069-3075
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Vídeos do papoazul en Internet Bird Collection
- O Papoazul en www.naturfotografie-digital.de (en alemán)
- Femia de papoazul (Vídeo) (en alemán)
- Papoazul(Blaukehlchen) cantando en www.vogelstimmen-wehr.de (en alemán)
- Papoazul (Blaukehlchen)- canto e foto (en alemán)