Palacio de Capitanía
O Palacio de Capitanía é un edificio barroco situado na Cidade Vella da Coruña.
Palacio de Capitanía Xeneral | |
---|---|
Edificio | |
Localización | Praza da Constitución, 2, 15001, A Coruña |
Coordenadas | 43°22′09″N 8°23′36″O / 43.369224715126, -8.3932512761804 |
Uso(s) | Sede da Forza Loxística Operativa |
Construción | |
Inicio | 1748 |
Remate | 1752 |
Dimensións | |
Plantas | 3 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Juan Vergel, Francisco Llobet |
[ editar datos en Wikidata ] |
Descrición
editarO palacio é un edificio de planta rectangular arredor dun patio porticado. É de estilo barroco clasicista como impulsaban os enxeñeiros militares. A fachada, composta por cinco panos, está inspirada en modelos franceses. Ten dúas plantas que se corresponde coas dúas funcións orixinarias do edificio. A última planta foi transformada en 1750 e conta con máis decoración que as outras dúas.[1] Na fachada pode verse un dos primeiros escudos de Galicia nun edificio público.[2]
No interior do edificio destacan dúas escalinatas e unha cisterna abovedada. Na parte exterior unha escaleira barroca leva do edificio ao xardín privado, que está arrodeado por restos da antiga muralla.[1]
Historia
editarO edificio construíuse para acoller a sede da Real Audiencia e a Capitanía Xeneral de Galicia. Levantouse por Real Orde de Fernando VI en 1748 sobre un edificio anterior de madeira estragado e financiouse por un imposto sobre o viño vendido en Galicia. O proxecto inicial foi de Juan Vergel, que faleceu en 1750 e foi substituído por Francisco Llovet, que fixo varios cambios no proxecto.[3]
En 1808 formouse no edificio a Xunta Suprema do Reino de Galicia.[4]
A división en Capitanías Xenerais desapareceu en 1931, mais o palacio seguiu a ser sede de Rexión Militar ata a desaparición destas en 2002.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 PEPRI
- ↑ "Palacio de Capitanía". Coruña Educación. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 06 de xaneiro de 2016.
- ↑ Palacio de Capitanía Xeral
- ↑ Laredo Verdejo, Xosé Luis (1990). Galicia Enteira. Edicións Xerais.
- ↑ Gutiérrez, José Manuel (24 de febreiro de 2013). "Un palacio para reflejar el poder del rey". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio de Capitanía |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas
editar- Ficha en Turgalicia
- Ferreiro, Luis P. (1 de febreiro de 2012). "La cara oculta de Capitanía". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de xaneiro de 2016.