Pactos Lateranenses

(Redirección desde «Pactos de Latrán»)

Os Pactos Lateranenses do 11 de febreiro de 1929 proporcionaron o recoñecemento mutuo entre o entón Reino de Italia e a Cidade do Vaticano. Os pactos foron negociados entre o Cardeal e Secretario de Estado Pietro Gasparri en nome da Santa Sé e Benito Mussolini, líder fascista e primeiro ministro italiano. Existen tres pactos diferentes:

  • Un pacto que recoñece a independencia e soberanía da Santa Sé e que crea o Estado da Cidade do Vaticano.
    • 1º. Italia recoñece a relixión católica como a única do Estado (...).
  • Un concordato que define as relacións civís e relixiosas entre o goberno e a Igrexa en Italia e que se resume no lema Igrexa libre en Estado libre.
    • 2º. Italia recoñécelle a Santa Sede a plena propiedade e a xurisdición soberana sobre os territorios da creada Cidade do Vaticano (...).
  • Unha convención financeira que proporciona á Santa Sé unha compensación polas súas perdas en 1870.
    • 26º. A Santa Sede declara definitavamente resolta a "cuestión romana" e recoñece o Reino de Italia baixo a dinastía da Casa de Savoia, con Roma como capital do Estado italiano (...).