Paco Lodeiro
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Francisco Javier Lodeiro Gómez, coñecido como Paco Lodeiro, nado en Caracas o 14 de xuño de 1965, é un músico, humorista e presentador de televisión galego.
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1965 (59 anos) Caracas, Venezuela |
Actividade | |
Ocupación | presentador de televisión |
Traxectoria
editarLicenciado en Publicidade e enxeñeiro técnico de informática de xestión, Paco Lodeiro ten traballado como profesor na Escola de Imaxe e Son da Coruña e no CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol. Pero Lodeiro comezou a facerse famoso a comezos dos anos noventa na Televisión de Galicia. Alí presentou talk-shows e programas de entretemento, ao tempo que desenvolvía en paralelo unha carreira como actor de producións de ficción para televisión e, particularmente, como imitador e humorista na radio.
O seu éxito debeuse ao programa Cifras e letras, que se emitiu en Telemadrid dende 2001 e logo noutras cadeas autonómicas, entre elas a edición galega dende 2006. Entre as dúas versións presentou máis de 3.000 programas deste formato.
Despois presentou Verbas Van, un formato da súa creación.
Dirixiu o programa Laretando presentado por Kiko Novoa, e dirixiu e produciu o programa Coma un allo.
No verán de 2019 presentou e produciu para a TVG o programa A Liga dos Cantantes Extraordinarios. No verán de 2021 comezou a persentar para a TVG o concurso Atrápame se podes.
Radio
editarComezou na radio no programa de RadioVoz Corre carmela que chove!!, onde se fixo coñecido como imitador de Francisco Vázquez Vázquez, o daquela alcalde da Coruña, de Arsenio Iglesias ou Augusto César Lendoiro.
Nesa mesma emisora presentou o magazine El Expresso de Galicia.
Máis tarde formou Risoterapia con Carlos Jiménez Díaz co que desenvolveron unha longa actividade humorística na Radio Galega.
Na Radio Galega presentou o programa Nunca tal oíra e participou en seccións nos programas dirixidos por Santiago Davila e Xusto López Carril.
Na actualidade participa de luns a venres no magazine presentado por Kiko Novoa Galicia por diante.
Música
editarNa actualidade participa no espectáculo Hei Cantar, con Rosa Cedrón e Miguel Ladrón de Guevara, no que interpretan clásicos da música galega e boleros con bandas de música.
Participou no disco Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes, no disco Sempre Pucho coa orquestra Los Satélites e no disco Agora é sempre con Los Tamara.
Ademais, ten publicado dous álbums en solitario como vocalista, e participa en La Sonora Callejera, un grupo de música ecléctica.
Son moi coñecidas as súas versións humorísticas de temas clásicos, como a de Pedro Navajas na que conta o roubo do Códice Calixtino por parte do electricista da Catedral de Santiago de Compostela, ou a versión de Rivers of Babylon dedicada a Bobby Farrell titulada O negriño de Boney M.[Cómpre referencia]
Discografía
editar- Cantando a Galicia con Rosa Cedrón e Sito Sedes
- Marea interior
- Magia negra
- Agora é sempre con Los Tamara
- Sempre Pucho con Los Satélites
Presentador de televisión
editar- Fatal, fatal, fatal
- O téquele téquele
- Tardes con Ana
- ¡Qué serán?
- Salsa Verde
- Pequeno gran show
- ¡Café Café?
- Cifras y letras
- Cifras e letras
- Verbas Van
- Atrápame se podes
Actor para televisión
editarActor en longametraxes
editarPresentador de radio
editar- El Expreso de Galicia
- Nunca tal oíra
Produtor de televisión
editarRecoñecementos
editar- Premio ATV ao mellor programa de entretemento de televisión 2006.
- Premio da Academia Galega do Audiovisual ao mellor comunicador 2007
- Premio Galicia de Comunicación ao mellor programa de radio 1996 (por "Corre Carmela que Chove").
- Premio Deputación da Coruña ao mellor guión de apropósitos 1999.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paco Lodeiro |