Paco Buyo
Francisco "Paco" Buyo Sánchez, nado en Betanzos o 13 de xaneiro de 1958, é un exfutbolista galego, que xogaba de porteiro. Foi un dos gardametas galegos e españois máis destacados da historia, titular indiscutible en todos os equipos polos que pasou e gañador dúas veces do Trofeo Zamora mentres xogaba no Real Madrid, club onde obtivo os seus maiores éxitos. Disputou 542 partidos na Primeira División, o que o converte no quinto futbolista con máis encontros da historia da competición.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 13 de xaneiro de 1958 (66 anos) Betanzos, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 179 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1972 - 30 de xuño de 1997 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1988 | Eurocopa de Fútbol Alemaña Occidental 1988 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1984 | Eurocopa de Fútbol Francia 1984 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1980 | Xogos Olímpicos de 1980 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Comezou no Brigantium da súa vila natal, e tras un breve paso polo Mallorca, fichou polo Deportivo da Coruña. Defendeu a portería do club coruñés durante catro tempadas na Segunda División, antes de fichar polo Sevilla en 1980. Co club andaluz debutou en Primeira, e militou nel seis tempadas, disputando 248 partidos oficiais. En 1986 fichou polo Real Madrid, club no que ocupou a portería durante toda a seguinte década, gañando os seus dous Trofeos Zamora, así como seis ligas, dúas Copas do Rei e catro Supercopas.
A pesar do seu rendemento, non era do agrado do seleccionador Javier Clemente, polo que só foi internacional coa selección española en sete ocasións, unha delas o histórico 12-1 contra Malta que clasificou a España para a Eurocopa de 1984.
Traxectoria
editarOrixe e comezos
editarNaceu en Betanzos, sendo o segundo fillo do matrimonio formado por Vicente Buyo e Emilia Sánchez.[1] Comezou a xogar ao fútbol aos 10 anos nas categorías inferiores do Brigantium, da súa vila natal, e aos 13 anos pasou ao Ural CF,[2] onde xogaba tanto de porteiro como de extremo dereito, sendo no seu único ano no combinado coruñés o máximo goleador do equipo.[3] Ó ano seguinte regresou ao Brigantium, onde foi o gardameta do equipo xuvenil. O 29 de outubro de 1973, con 15 anos de idade, o adestrador Freire fíxoo debutar co primeiro equipo do Brigantium, nun partido contra o Vioño correspondente ao Campionato Galego de Afeccionados, onde tivo unha destacada actuación.[4]
Mallorca
editarNo verán de 1975 foi traspasado por 100.000 pesetas ao Mallorca, onde asinou un contrato por un millón de pesetas en tres anos. O contrato incluía un traballo polas tardes como ourive nunha xoiería.[5] No equipo xuvenil do club mallorquín xogou só 12 encontros, debido a unha lesión e a que estivo concentrado coas seleccións balear e española xuvenís.[6]
Deportivo da Coruña
editarNo verán de 1976 regresou a Galicia, fichando polo Deportivo da Coruña, que estaba interesado nel dende había anos. Xogou un amigable nas filas do Fabril, pero deseguido entrou no primeiro equipo, facéndose co posto de porteiro titular. Debutou co Deportivo nun partido amigable contra o Ourense na Rúa, que acabou con vitoria coruñesa por 1-0, con gol de Castro.[7]
O seu debut oficial produciuse na primeira xornada da tempada 1975/76 da Segunda División, no empate a cero goles contra o Castellón no Estadio de Castàlia, onde foi o mellor do seu equipo.[8] Foi titular en todos os partidos desa tempada, na que o Deportivo acabou 11º, despois de que pasaran polo banco ata catro adestradores diferentes (Rial, Cheché Martín, José López e Arza). Continuou como titular indiscutible nos seguintes anos, permanecendo na entidade coruñesa ata 1980, cunha paréntese dunha tempada (1978–79) na que foi cedido ó Huesca mentres realizaba o servizo militar en Jaca. Xogou un total de 130 partidos oficiais nas súas catro tempadas co Deportivo.
Sevilla
editarNa tempada 1980–81 deu o salto á Primeira División, fichando polo Sevilla, e acadando enseguida a titularidade. Xogou durante seis tempadas no club sevillano, sendo o porteiro titular tanto con Miguel Muñoz no banco, como co seu substituto, Manuel Cardo. Os demais porteiros que militaron no club durante ese tempo, como Paco ou Villalba, apenas xogaron algúns partidos fronte á dura competencia de Buyo. Disputou un total de 248 partidos oficiais co club andaluz, co que debutou en competición europea, ao disputar dúas edicións da Copa da UEFA.
Real Madrid
editarA súa indiscutible titularidade e bo facer no Sevilla fixeron que se fixase nel o Real Madrid, que se fixo cos seus servizos en 1986. Debutou o 28 de xullo nun amigable contra a Cultural Leonesa e disputou todos os partidos da tempada, quitándolle o posto de titular aos dous gardametas que o compartiran na tempada anterior, o vasco Ochotorena e o tamén galego Agustín.[9] O 17 de outubro de 1986 debutou na Copa de Europa, no partido de ida dos dezaseisavos de final contra o Young Boys en Wankdorf, que rematou con vitoria suíza por 1-0. Tivo unha destacada actuación no partido de volta dos oitavos de final contra a Juventus de Platini e Laudrup no estadio Comunale de Turín, onde detivo dous lanzamentos na quenda de penaltis, sendo o artífice da clasificación para cuartos.[10] O equipo branco, adestrado por Leo Beenhakker, chegou ese ano ás semifinais, onde foi eliminado polo Bayern de Múnic, mentres que na liga proclamouse campión por diante do FC Barcelona.
Durante a seguinte década disputou ata 454 partidos oficiais co Real Madrid, onde recibiu o alcume de "San Francisco de Betanzos", sendo o cancerbeiro titular ata 1996, por diante de todos os gardametas que pasaron nese tempo polo club como Cañizares, Lopetegui, Jaro, Juannmi ou Contreras. Finalmente perdeu a titularidade na súa derradeira tempada como futbolista, na 1996/97, onde o adestrador Fabio Capello preferiu ao alemán Bodo Illgner. Ao remate da tempada colgou as luvas pero continuou no Real Madrid como adestrador na canteira.
Durante os seus 11 anos no club branco conquistou un total de seis ligas, dúas Copas do Rei e catro Supercopas, e gañou dúas veces o Trofeo Zamora, nas tempadas 1987/88 e 1991/92. Sumou un total de 542 partidos en Primeira División, entre o Sevilla e o Real Madrid, sendo o primeiro xogador en acadar a cifra de 500 partidos. É o quinto xogador con máis partidos na máxima categoría, superado só por Andoni Zubizarreta, Joaquín, Raúl e Eusebio Sacristán.[11]
Selección nacional
editarDurante a súa etapa de xuvenil formou parte da selección coruñesa, coa que gañou o Campionato Galego, e tamén da selección galega xuvenil, adestrada por José Ramón Lamelo, onde coincidiu con xogadores como Castillo, Blach, Lucho, Nando ou Traba.[12] Na súa etapa en Mallorca xogou coa selección balear xuvenil.[6]
En 1976 debutou coa selección española sub-21, participando posteriormente nos Xogos Olímpicos de 1980 de Moscova.
Militaba no Sevilla FC cando acadou, en 1983, a internacionalidade absoluta con España, defendendo as cores da selección no histórico 12-1 contra Malta que lle deu o pase ao equipo vermello para a Eurocopa de 1984. Foi convocado para esa Eurocopa, na que España chegou ata a final, sendo suplente de Luis Arconada, e tamén para a de 1988, onde tamén foi suplente, esta vez de Andoni Zubizarreta. Non era do agrado do seleccionador Javier Clemente,[13] polo que disputou só 7 partidos coa selección, o último deles en 1992 contra os Estados Unidos.
Como adestrador
editarTrala súa retirada como futbolista en 1997, pasou a adestrar os xuvenís do Real Madrid, obtivo o título de adestrador nacional. Na tempada 1999/00 adestrou o Real Madrid C en Terceira División, acadando a segunda praza final. Na tempada seguinte pasou ao Real Madrid B, na Segunda División B, co que quedou sétimo, lonxe do obxectivo do ascenso, polo que o presidente Florentino Pérez rescindiu o seu contrato.[14] En 2008 adestrou o filial do Real Jaén, o Jaén B.[15]
Ademais foi comentarista de partidos de fútbol para varias canles de televisión, como TVE ou Al Jazeera, e é un habitual das tertulias futbolísticas televisivas.[16]
Palmarés
editarClub
editar- Real Madrid
- Liga española (6): 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1994–95, 1996–97.
- Copa do Rei (2): 1988–89, 1992–93.
- Supercopa de España (4): 1988, 1989, 1990, 1993.
Individual
editar- Trofeo Zamora (2): 1987–88, 1991–92.
Recoñecementos
editarEn 1997 o ministro de Traballo Javier Arenas entregoulle a Medalla ao Mérito no Traballo.[17] En 2014 a Xunta de Galicia concedeulle a medalla ao Mérito Deportivo, xunto a outros 34 deportistas galegos.[18]
Familia
editarO seu fillo David Buyo, tamén futbolista, xoga como defensa e milita dende 2017 no Racing Vilalbés.[19]
Notas
editar- ↑ "Paco Buyo" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 3 de marzo de 2016. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Entrevista con el portero del Brigantium". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1974. p. 28.
- ↑ "Paco Buyo, la 'pantera' de Betanzos" (en castelán). 12 de xaneiro de 2012. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Brigantium, 2; Vioño, 1". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de outubro de 1973. p. 39.
- ↑ "Buyo, del Brigantium al Mallorca". La Voz de Galicia (en castelán). p. 41.
- ↑ 6,0 6,1 "Un brigantino en el Deportivo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1976. p. 61.
- ↑ "El Deportivo ganó al Orense (1-0)". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de agosto de 1976. p. 30.
- ↑ Arquimbau, José María (7 de setembro de 1976). "Rial, empezo bien". El Pueblo Gallego (en castelán) (18830). p. 21. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Francisco Buyo Sánchez «El Gato de Betanzos»." (en castelán). 13 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2021. Consultado o 1 de outubro de 2021.
- ↑ "Buyo, el héroe de Turín" (en castelán). 3 de abril de 2018. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Ranking Partidos Jugados - 1ª". BDFutbol (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Galicia ganó en Aranjuez (1-0)". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de xaneiro de 1975. p. 35.
- ↑ "Javier Clemente: «En la calle aprendes a jugar al fútbol y en las escuelas aprendes a jugar a la pelota»" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Buyo deja de entrenar al filial del Real Madrid". As (en castelán). 7 de xullo de 2001. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Paco Buyo, de máximo goleador a guardameta" (en castelán). 20 de abril de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Paco Buyo comenta los partidos de Liga para Al Yazira". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de febreiro de 2006. Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "Buyo, medalla del Trabajo". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de abril de 1997. p. 66.
- ↑ De la Calle, Victoria (12 de xullo de 2014). "La Xunta reconoce su trabajo por el deporte a 35 gallegos" (en castelán). Consultado o 6 de novembro de 2021.
- ↑ "El Vilalbés ficha a David Buyo, hijo de Paco Buyo" (en castelán). 11 de xullo de 2017. Consultado o 28 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Sotillo Oñoro, Fernando (1995): Buyo. 500 partidos. Diario As.
Ligazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Buyo como xogador da selección española Arquivado 06 de novembro de 2021 en Wayback Machine. (en castelán).
- Historial de Buyo en RealMadridFans.org (en castelán).