Pablo Prigioni
Pablo Prigioni, nado o 17 de maio de 1977 en Río Tercero, Córdoba, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto arxentino con pasaporte italiano. Como xogador ocupaba na pocisión de base cunha altura de 1,93 m. Xogou durante cinco temporadas da NBA, aínda que onde máis destacou foi España, onde conseguiu ser campión de Liga, Copa do Rei e Supercopa. A nivel internacional gañou a medalla de bronce coa selección arxentina nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín. Actualmente exerce como adestrador asistente dos Minnesota Timberwolves.
Traxectoria
editarClubs
editar- Club Social Ramallo (LNB, 1995−1996)
- Belgrano de San Nicolás (LNB, 1996−1998)
- Obras Sanitarias (LNB, 1998−1999)
- Jabones Pardo Fuenlabrada (ACB, 1999−2001)
- Lucentum Alicante (LEB / ACB, 2001−2003)
- TAU Cerámica (ACB, 2003−2009)
- Real Madrid (ACB, 2009−2011)
- Caja Laboral (ACB, 2011−2012)
- New York Knicks (NBA, 2012−2015)
- Houston Rockets (NBA, 2015)
- Los Angeles Clippers (NBA, 2015−2016)
- Baskonia (ACB, 2016−2017)
Palmarés
editarColectivo
editar- Campión da Liga ACB (1): 2008
- Campión da Copa do Rei (3): 2004, 2006, 2009
- Campión da Supercopa ACB (4): 2005, 2006, 2007, 2008
- Medalla de Bronce nos Xogos Olímpicos de 2008.
Individual
editar- MVP da Copa do Rei (1): 2006
- MVP da Supercopa ACB (1): 2008
- Máximo asistente da ACB (2): 2006, 2007
- Mellor Quinteto da ACB (3): 2006, 2007, 2009
- Segundo Mellor Quinteto da Euroliga (2): 2006, 2007
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en ACB
- Perfil en NBA
- Perfil en Basketball Reference Arquivado 22 de setembro de 2022 en Wayback Machine.