Pablo González Couñago

futbolista español
(Redirección desde «Pablo Couñago»)

Pablo González Couñago, nado en Redondela o 9 de agosto de 1979, é un futbolista galego que xogou como dianteiro. Foi campión do Mundial sub-20 de 1999, onde conseguiu ademais a Bota de Ouro[1].

Modelo:BiografíaPablo González Couñago

(2007) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de agosto de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Redondela, España Editar o valor en Wikidata
Altura180 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1997–1998   Celta Fortuna 30(25)
1998–1998 cesión Club Deportivo Numancia de Soria 13(1)
1998–2001   Celta de Vigo 8(0)
1999–2000 cesión   Recreativo de Huelva 25(4)
2001–2005 Ipswich Town FC 100(31)
2005–2007 Málaga Club de Fútbol 54(10)
2007–2011 Ipswich Town FC 114(23)
2010–2011 cesión Crystal Palace F.C. 30(2)
2012–2012 Dong Tam Long An FC 9(5)
2012–2013 Kitchee SC 13(7)
2013–2014   Club Deportivo Choco 17(15)
2014–2014 Football Club Honka 8(5)
2015– Pallokerho-35 Vantaa
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1995–1996   España sub-16 6(2)
1997–1997   España sub-17 5(1)
1997–1998   España sub-18 10(6)
1998–1999   España sub-20 13(6)
1999–2001   España sub-21 15(9)

FIFA: 177857 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Couñago formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando a xogar no Celta de Vigo B en 1997. Ao rematar a tempada, foi convocado por Iñaki Sáez para disputar o Mundial sub-20 de Nixeria xunto con Aranzubía, Marchena, Xavi Hernández e Iker Casillas, entre outros. O combinado español proclamouse campión logo de vencer na final ó Xapón por 4-0, sendo Couñago o máximo goleador con 5 goles e 2 asistencias, polo que lle foi concedida a Bota de Ouro[2].

Tras conseguir a vitoria no mundial e convertido nunha xove promesa, marchou cedido ao Numancia, onde tan só fixo un gol en 13 partidos, polo que non foi renovado por este equipo e o Celta cedeuno de novo, esta vez ao Recreativo de Huelva, onde contou con máis oportunidades, pero non as aproveitou, pois tan só acadou catro goles nos 25 partidos nos que interveu.

Na tempada 2000-2001 debutou por fin coa camisola celeste ante o Alavés en Balaídos nun partido de liga de primeira división, entrando en substitución de Gustavo López. No resto da tempada xogaría nun total de 8 partidos, saíndo sempre como suplente a falta de poucos minutos para o remate do partido.

A falta de oportunidades no equipo vigués lévano a abandonar a liga española e fichar polo Ipswich Town FC da segunda división inglesa. Nesta nova etapa volve reivindicarse como goleador e marca máis de 40 goles en catro tempadas, volvéndose un dos mellores xogadores da categoría.

En 2005 volve a España para vestir a zamarra do Málaga CF na Primeira División e cumpre coas expectativas, malia non conseguir grandes rexistros, ao marcar 10 goles. A súa etapa no club albiceleste remata en xuño de 2007 ao descender este club á Segunda División Española. Volve entón a Inglaterra, de novo ao Ipswich Town FC e, posteriormente, xoga no Crystal Palace ata 2011.

En marzo de 2012 emprende a súa andaina asiática ao desexar coñecer outra cultura futbolística, xogando uns meses en Vietnam, no Đồng Tâm Long An F.C., co que marcou cinco goles en dez partidos e proclamouse campión de liga da Primeira División de Vietnam, ascendendo á V-League[3]. Con todo, decidiu abandonar ese país por ter unha forma moi diferente de traballar, a cal afectaba a súa vida familiar[4]. Tras pasar unhas semanas sen equipo adestrando co Club Deportivo Choco (Preferente Sur), e logo de contactar con varios clubs, entre eles o CD Lugo, fichou finalmente polo Kitchee de Hong Kong onde tamén xogan outros galegos como Dani Cancela, Yago González e "O chinés" Losada, ás ordes do adestrador catalán Josep Gombau. Debutou neste equipo saíndo dende o banco na última media hora no partido contra o Yokohama, vencendo por 4-1[5].

Antes de comezar a temapada 2013/14 regresa a Galiza, comezando a adestrar co CD Choco mentres buscaba ofertas que lle interesaran, ao non atopar ningunha boa opción comprometeuse co equipo de Redondela, que disputaba a súa primeira tempada na Terceira División Española despois de case 30 anos en categoría autonómica[6].

Club País Ano
Real Club Celta de Vigo B   1997-1998
CD Numancia (Cedido)   1998-1999
Recreativo de Huelva (Cedido)   1999-2000
Real Club Celta   2000-2001
Ipswich Town   2001-2005
Málaga CF   2005-2007
Ipswich Town   2007-2010
Crystal Palace FC   2010-2011
Đồng Tâm Long An F.C.   2012
Kitchee SC   2012-2013
CD Choco   2013-2014
Honka FC   2014-2015
PK-35 Vantaa   2015-2016
Alondras CF   2016-2017

Selección

editar

Couñago xogou nas categorías inferiores da Selección Española, participando en tres competicións: o Mundial sub-20 de Nixeria 1999 (sendo campión e Bota de Ouro) e as Eurocopas sub-21 de Eslovaquia 2000 e Suíza 2002. Ademais é o xogador que máis partidos disputou coa sub-20 con 13 partidos[7]. Tamén participou en dous partidos de carácter amigable da Selección Galega, contra Ecuador (2006) e o Camerún (2007), antes de que pasase a ser un combinado afeccionado.

Palmarés

editar

Campionatos nacionais

editar
Título Equipo País Ano
Primeira división vietnamita Đồng Tâm Long An FC   2012

Campionatos internacionais

editar
Título Equipo País Ano
Copa Mundial de fútbol Sub-20 Selección española de fútbol   España 1999
Copa Intertoto Real Club Celta de Vigo   España 2000

Distincións individuais

editar
Distinción Competición Ano
Bota de Ouro Copa Mundial de fútbol Sub-20 1999

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar