Pablo Birger
Pablo Birger (nado o 7 de xaneiro de 1924, finou o 9 de marzo de 1966)[1] foi un piloto de carreiras arxentino que competiu en dous Grandes Premios do Campionato do Mundo co equipo Gordini. Correu nun Gordini tipo 15 no Gran Premio da Arxentina de 1953 pero o coche apenas aguantou vinte e un voltas. Dous anos máis tarde volveu alugar un asento con Gordini, esta vez competindo cun tipo 16, pero trompeou na primeira volta e chocou con Carlos Menditeguy. Birger, naceu en Buenos Aires, morreu nun accidente de tráfico na súa cidade natal á idade de 42 anos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de xaneiro de 1924 Buenos Aires, Arxentina |
Morte | 9 de marzo de 1966 (42 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Resultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1953 | Equipe Gordini | Gordini Type 15 | Gordini 4 en liña | ARX Ret |
500 | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 |
1955 | Equipe Gordini | Gordini Type 16 | Gordini 6 en liña | ARX Ret |
MON | 500 | BEL | NED | GBR | ITA | NC | 0 |
Notas
editar- ↑ "Pablo Birger". oldracingcars.com. Consultado o 23 xaneiro 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Birger |