Pías, Zamora

concello da provincia de Zamora

Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Integran o municipio as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova das Frieiras[1].

Modelo:Xeografía políticaPías, Zamora
Imaxe

Localización
Mapa
 42°05′10″N 6°59′58″O / 42.086111111111, -6.9994444444444
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor en Wikidata
CapitalPías (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación99 (2023) Editar o valor en Wikidata (2,27 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie43,68 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.063 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataÁngel Castro Rodríguez Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal49580 Editar o valor en Wikidata
Código INE49154 Editar o valor en Wikidata

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]. O xentilicio é «piarolo».[3]

Topónimo

editar

Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[4] Trátase sen dúbida da forma galega de "pía" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril como, máis probablemente, a un resto arqueolóxico sobranceiro, como unha sepultura antropomorfa en pedra.[5] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo das Pías que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[6] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[7][8]

Poboación

editar

Pías posúe unha poboación moi avellentada. En 2020, a metade os veciños (50,5%) tiña máis de 65 anos. Só 3 dos 111 habitantes era menor de idade e 6,3 % do total da poboación ten menos de 30 anos.

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2010 2020
303 255 215 201 157 111
  1. usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 08 de agosto de 2013. 
  3. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 58. ISBN 978-84-8158-706-7.Costas González&rft.btitle=Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega&rft.date=2016&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8158-706-7&rft.pages=58&rft.place=Vigo&rft.pub=Universidade de Vigo&rft_id=https://www.uvigo.gal/sites/uvigo.gal/files/contents/paragraph-file/2018-10/Xentilicios_0.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  4. Casado Quintanilla, Blas (2007). Colección documental del priorato de San Marcos de León, de la Orden de Santiago (1125-1300). Fuentes y Estudios de la Historia Leonesa. León: Centro de Estudios e Investigación San Isidoro.Casado Quintanilla, Blas&rft.btitle=Colección documental del priorato de San Marcos de León, de la Orden de Santiago (1125-1300)&rft.date=2007&rft.genre=book&rft.place=León&rft.pub=Centro de Estudios e Investigación San Isidoro&rft.series=Fuentes y Estudios de la Historia Leonesa&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  5. Riesco Chueca, Pascual (2010). "Nuevas conjeturas de toponimia zamorana". Anuario 2008 (PDF). Zamora: Instituto de Estudios Zamoranos Florián de Ocampo. pp. 359–436.Riesco Chueca, Pascual&rft.btitle=Anuario 2008&rft.date=2010&rft.genre=bookitem&rft.pages=359-436&rft.place=Zamora&rft.pub=Instituto de Estudios Zamoranos Florián de Ocampo&rft_id=http://paisajeyterritorio.es/assets/nuevas-conjeturas-de-toponimia-zamorana.-riesco-chueca.-p.pdf&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 
  6. PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa.
  7. BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'Las Hurdes: visión interior'. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.
  8. RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural e poboamento na toponimia maior de Zamora, extraído' do 'Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo" Deputación de Zamora, páx. 449-500.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar