Unha pía é un recipiente cóncavo de pedra ou doutro material, para conter líquidos, de diversas formas e tamaños segundo o uso que se lle dá. Se é moi grande e de pedra adoita chamarse pío.

Lavadoiro cun pío en Tomeza, Pontevedra

Etimoloxía

editar

O termo galego pía (en portugués: pia), vén do latín: pila, que significa morteiro. Existen outros sinónimos en galego, moitas veces dependendo do uso que se lle dá: bacía, bacío, barquela, conco, cunco, maseira , barcal, ou maseiro.

Denominacións e usos

editar
 
Pía de baño, lavabo

A pía do baño é unha peza cóncava, as máis das veces de cerámica, para lavar a cara e as mans, cunha billa, ou dúas (unha para a auga quente, outra para a auga fría) e un sumidoiro ou desaugadoiro.

O devanceiro do lavabo foi o toucador, moble con espello e unha pía de porcelana para lavar a cara e as mans nos cuartos.

Pía para bañárense as persoas.

A pía da cociña, comunmente chamada vertedoiro, adoita ser de aluminio (tamén de cerámica ou porcelana). Normalmente, posúe unha billa, mais hai pías duplas, utilizadas xeralmente na cociña profesional, nunha das cales se fai a lavadura da louza e na outra faise a enxaugadura ou se escorre o exceso de auga.

Na casa tradicional galega a pía da cociña acostumaba ser de pedra de gra, situada baixo unha xanela, na planta terrea ou no sobrado; carecía de billa, enchíase con baldes e contaba cun desaugadoiro cara ao exterior da vivenda. Coa canalización da auga, incorporóuselle a billa. Moitos modelos de comezos e mediados do século XX eran de mármore, co seo pouco fondo.

Pía de pedra ou madeira onde se lle bota de comer ao gado, en particular aos porcos. Tamén recibe o nome de bacía, bacío, barquela ou conco.

Tamén eran moi comúns nas casas as pías dos galiñeiros ou poleiros onde bebían as galiñas, de pedra e de pequeno tamaño. Hoxe son moi usadas en xardinaría e como pías das fontes.

 
Pía bautismal da Igrexa Vella de São Mateus da Calheta, Portugal, destruída por un temporal

Tamén chamada pía do bautizo é un vaso de pedra localizado no baptisterio, no que se verte a auga utilizada para o sacramento do bautismo.

É un cunco que se acha normalmente á entrada do interior das igrexas embutido no muro a xeito de canzorro ou ménsula, moitas veces con forma de cuncha onde fica a auga bieita. As máis das veces é unha gran cuncha verdadeira, outras veces faise de pedra, mármore ou nácara.

Os lagares tiñan píos onde se recollían as uvas e o viño.

Fontes e lavadoiros

editar

As fontes e lavadoiros tradicionais acostumaban a ter pías ou píos (máis grandes) para o depósito da auga. As fontes actuais tamén acostuman estar formadas por pías e chafarices.

As cazolas ou pías megalíticas son baleirados xeométricos realizados nun penedo que datan da Idade de Ferro. Na Idade Media tamén era común o baleirado de penedos a xeito de sartegos.

Formas e material

editar
 
Antigo toucador con pía. Acervo do Museo da Familia Pompeu, Portugal

A pía pode ser:

Pola forma:

  • Rectangular - Máis usada na cociña
  • Oval - Usada comunmente no baño, por ser de diámetro menor
  • Redonda - Ás veces é usada até como pía bautismal, en tamaño maior
  • Dupla - Unha das partes pode ser usada para o presecado.

Polo material:

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar