Otto Loewi
Otto Loewi, nado en Frankfurt o 3 de xuño de 1873 e finado en Nova York o 25 de decembro de 1961, foi un destacado fisiólogo alemán.
Traxectoria
editarEstudou na Universidade de Múnic e licenciouse en Medicina na Universidade de Estrasburgo. Abandonou axiña a práctica asistencial da medicina, para dedicarse á investigación. Impartiu clases, como profesor axudante, na Universidade de Viena e en 1909 obtivo a cátedra de Farmacoloxía da Universidade de Graz, pero á chegada dos nazis, requísanlle o cargo e tivo que abandonar o país. Tras un breve período en Bruxelas e Oxford, trasladouse a Nova York en 1940, onde foi nomeado catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Nova York.
Loewi empezou as súas investigacións a partir dunha hipótese de Elliot, que defendía que o impulso nervioso se transmitía a través dunha substancia química. Loewi puido demostrar que no sistema nervioso parasimpático esta substancia era a acetilcolina, substancia que Henry Hallet Dale previamente illara. Ambos compartiron o Premio Nobel de Medicina no ano 1936.
O descubrimento de Loewi deu orixe ao nacemento da teoría química da transmisión nerviosa, segundo a cal, a corrente nerviosa provoca, no extremo das fibras nerviosas, a liberación dunha substancia química que se chamou neurotransmisor.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Otto Loewi |