Ostinato
O ostinato (termo que provén do italiano e quere dicir "obstinado") é unha técnica de composición consistente nunha sucesión de compases compostos cunha secuencia de notas das que unha ou varias se repiten exactamente en cada compás. De aí o nome en italiano, que significa "obstinación, empeño en repetir o mesmo".[1]
É un efecto moi relacionado co pedal, difenrenciándose en que o pedal é unha soa nota a que se repite ou mantén, mentres que no ostinato é unha frase a repetida. Ó igual que o pedal, o ostinato atópase normalmente no baixo, aínda que pode facelo en calquera outra voz.[1]
Tipos
editarO ostinato pode ser melódico, rítmico ou afectar a calquera parámetro sonoro, aínda que na súa versión máis sinxela é unha mera repetición. Pode ser:[1]
- un motivo melódico
- un patrón rítmico
- unha progresión harmónica ou
- un baixo continuo (unha liña de baixo que se repite).[2]
Existe tamén a posibilidade de construór ostinati que vaian variando lixeiramente (os cambios ou variacións do orixinal non poden ser drásticos, porque deixaría de ser un ostinato e escoitaríase como outra cousa). En xeral, o patrón debe ficar identificable.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Schnapper, Laure: «Ostinato». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 [1980].
- ↑ Rousseau, Jean-Jacques: Diccionario de música. Akal, 2007 [1768], p. 94.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Específica
- Des Forêts, Louis-René: Ostinato. University of Nebraska Press, 2002.
- Schnapper, Laure: «Ostinato». New Grove Dictionary of Music and Musicians, ed. Stanley Sadie. Macmillan, 2001 [1980].
- Schnapper, Laure: L'ostinato, procédé musical universel. H. Champion, 1998.
- Xeral
- De Candé, Roland: Nuevo diccionario de la música vol. I e II. Grasindo, 2002.
- De Pedro, Dionisio: Teoría completa de la música. Real musical, 1990.
- Grabner, Hermann: Teoría general de la música. Akal, 2001.
- Michels, Ulrich: Atlas de música. Alianza, 2009 [1985].
- Pérez Gutiérrez, Mariano: Diccionario de la música y los músicos vol. 1 2 e 3. Akal, 1985.
- Randel, Don Michael: The Harvard Dictionary of Music. Harvard University Press, 2003.
- Zamacois, Joaquín: Teoría de la música. Idea, 2002 [1949].