Osberht de Northumbria
Osberht, finado o 21 de marzo de 867, foi rei de Northumbria a mediados do século IX.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IX |
Morte | 21 de marzo de 867 York, Reino Unido |
Rei de Northumbria | |
década de 850 – década de 860 ← Aethelred II de Northumbria – Aelle de Northumbria → | |
Rei de Northumbria | |
década de 840 – década de 860 ← Aethelred II de Northumbria – Aelle de Northumbria → | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography |
Traxectoria
editarAs fontes históricas sobre este período de Northumbria son moi limitadas, así que as datas do seu reinado e escendencia son cuestionábeis.
Crónicas
editarOsberht converteuse en rei despois de que Aethelred II, fillo d'Eanred, fose asasinado. A data exacta da morte de Aethelred non é segura, pero é xeralmente aceptado como o 848.[a] Porén, o cronista Simeón de Durham menciona que "Aethelred, fillo de Eanred, reinou nove anos. Cando foi asasinado, Osbryht asumiu o trono por trece anos", e aclara que o 854 foi "o quinto ano, baixo o reinado de Osberht, o sucesor de Aethelred, a quen deran morte".[2]
Pouco se sabe do seu reinado. Simeón declara que "Osberht se atreveu a se enfrontar á igrexa e tomar terras de Wercewurde e Tillemuthe". A obra Historia de Sancto Cuthberto data a ocupación destas terras durante o ano antes da morte de Osberht.[3][1] Osberht foi deposto por Aelle, a quen algunhas fontes identifican como o seu irmán.[4]
O grande exército pagán desembarcou en Northumbria no verán de 866, ocupando York o día 21 de novembro.[5][6] Fontes históricas como Simeón de Durham, a Crónica, anglo-saxoa, Asser e Æthelweard dan versións destes acontecementos. Simeón, na súa obra Historia Regum Anglorum, conta a historia da batalla, o 21 de marzo 867, na que Osberht e Aelle, temporalmente aliados, atoparon a morte a mans dos viquingos:[3]
"Naqueles días, os northumbrianos tiñan expulsado violentamente o verdadeiro rei da súa nación, Osbryht de nome, e tiñan colocado na cabeza do reino un tirano chamado Aelle. Cando os pagáns chegaron ao reino, a disputa entre os reis chegou ao seu , grazas ao consello divino e á axuda dos nobres. Os reis Osbryht e Aelle, tras teren unido as súas forzas e formado un exército, marcharon cara a cidade de York, ante isto, a multitude de viquingos inmediatamente comezou a fuxir. Os cristiáns, sabendo a sú fuxida e terror, déronse de conta de que eran o bando máis forte. Loitaron ferozmente, e os dous reis caeron mortos. Os que se salvaron fixeron a paz cos daneses".[7]
O rei Osbehrt pode ter sido enterrado na Thornhill, Yorkshire. Un raro grupo de lápidas dauqla era, unha delas levando o seu nome, foi descuberto en tempos vitorianos no cemiterio da igrexa vella de San Miguel e Todos os Anxos da dita vila, onde aínda están accesíbeis ao público.
Tras a vitoria, os viquingos impuxeron a Ecgberht, rei monicreque, para gobernar Northumbria.[8]
Sagas
editarA saga Ragnarssona þáttr (A historia dos fillos de Ragnar) engade bastantes máis detalles para a conquista do York. Esta xesta está asociada coa figura lendaria de Ragnar Lodbrok e os seus fillos, Hvitserk, Björn Ironside, Sigurd Serpe-no-Ollo, Ivar o Desosado, e Ubbe. De acordo con estas historias, Ragnar foi capturado e morto por Aella, un feito que levou á invasión de York 866 por un exército liderado polos fillos de Ragnar, que vingaron a súa morte sometendo a Aelle ao ritual da aguia de sangue.[9]
As fontes documentais inglesas, porén, contan que Aelle e Osberht foron mortos en batalla. A Crónica anglo-saxoa declara que "os dous reis morreron alí". A principal figura na suposta vinganza filial recae en Ivar, que ás veces é asociado co líder Ímar, irmán de Amlaíb Conung.[10]
A Crónica anglosaxoa non fai referencia ao xefes viquingos en Northumbria, pero afirma que "Hingwar e Hubba" deron morte ao rei Eadmund (San Edmund), de Anglia Oriental, algúns anos máis tarde.[11] Hubba (Ubbe Ragnarson) é citado por Abbo de Fleury e na obra Historia de Sancto Cuthberto. Pola súa parte, Simeón de Durham lista os seguintes líderes dos viquingos: "Halfdene, Inguar (Ivar o Desosado), e Hubba (Ubbe), Beicsecg, Guthrun (Guthrum o Vello), Oscytell, Amund, Sidroc e outro duque de mesmo nome, Osbern, Frana, e Harold".[3]
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 Kirby 1991, p. 196.
- ↑ Stevenson 1855, p. 653, 761.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Stevenson 1855, p. 654.
- ↑ Kirby 1991, p. 197.
- ↑ Higham 1993, p. 178–179.
- ↑ Crònica anglosaxona sub anno 867.
- ↑ Stevenson 1855, p. 470.
- ↑ Higham 1993, p. 179.
- ↑ Whitelock 1969, p. 225 e seg..
- ↑ Crónica anglosaxoa, s.a. 867.
- ↑ Crónica anglosaxoa, s.a. 870.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Geoffrey Gaimar; J. Stevenson, translator (1854). "The History of the English according to the translation of Master Geoffrey Gaimar". Church Historians of England, volume II, part II. Seeley's. Consultado o 2007-01-27.
- Kirby, D.P., The Earliest English Kings. Londres: Unwin, 1991. ISBN 0-04-445692-1
- Higham, N.J., The Kingdom of Northumbria AD 350-1100. Stroud: Sutton, 1993. ISBN 0-86299-730-5
- Symeon of Durham; J. Stevenson, translator (1855). "The Historical obras of Simeon of Durham". Church Historians of England, volume III, part II. Seeley's. Consultado o 2007-01-27.
- Whitelock, Dorothy. "Fact and Fiction in the Legend of St. Edmund". Proceedings of the Suffolk Institute of Archaeology 31. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2006. Consultado o 2007-01-27.