Os Charlíns

narcotraficantes galegos

Os Charlíns é o apelido empregado como alcume co que se coñece un dos clans do narcotráfico máis importantes de Galiza, canda os Oubiña e os Miñanco.[1] O clan fórmano Manuel Charlín Gama, a súa muller e os seus fillos Manuel, María Teresa, Melchor e Yolanda, e a curmá destes Josefa.

Historia

editar

Os inicios do clan están no estraperlo, o contrabando de alimentos e outros produtos durante o franquismo. Xa en democracia o clan mantivo negocios traendo chatarra e penicilina dende Portugal. Máis tarde pasaron ao contrabando de tabaco, o rubio de batea era vendido en bares na década de 1980 e comezos da de 1990. De barcos empregados para o contrabando de tabaco, en moitos casos pesqueiros, pasaron a lanchas planadoras e con elas ao tráfico de haxix.

Na década de 1980 Manuel Charlín estivo no cárcere por intentar matar a un empresario do que dicía lle debía cartos do tabaco. No cárcere Modelo de Barcelona coñece a narcotraficantes colombianos.[2] Nos inicios dos anos 1990 o negocio estaba dividido en dúas bandas: dunha parte os clans partidarios de seguir co tabaco e o haxix, e por outra os que se pasaron ao tráfico de cocaína.

O grupo finalmente foi desartellado polo xuíz Baltasar Garzón na Operación Nécora contra o narcotráfico en 1990. En 1994 foi asasinado Manuel Baúlo, xefe do clan dos Caneos, que colaborara con Garzón pasando información. Foi tiroteado por sicarios colombianos na súa casa de Cambados. A súa muller quedou en cadeira de rodas. Uns meses despois Manuel Charlín volveu ao cárcere. O grupo foi perdendo pulo polo acoso policial e xudicial sendo o tráfico de heroína o último negocio do que foron acusados.

A Audiencia Nacional ten condenado ao matrimonio Charlín e a tódolos seus fillos a 104 anos de prisión por branqueo dos cartos obtidos coa droga. Tres anos despois o Tribunal Supremo revogou parcialmente o fallo, rebaixando a condena de Manuel Charlín e absolvendo a súa filla Teresa. O patriarca do clan pasou 20 anos no cárcere saíndo con 78 anos.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Carretero Pou, Nacho (2015). Fariña (en castelán). Madrid: Libros del K.O. ISBN 978-84-16001-46-0. Archived from the original on 22 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de marzo de 2018.Carretero Pou&rft.btitle=Fariña&rft.date=2015&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-16001-46-0&rft.place=Madrid&rft.pub=Libros del K.O.&rft_id=https://www.librosdelko.com/collections/nacho-carretero/products/farina&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988"> 

Outros artigos

editar