Ornitina
A ornitina é un aminoácido que intervén no ciclo da urea [1][2]. Contén un grupo amino na súa cadea lateral, e non é un aminoácido proteinoxénico, polo que non forma parte das proteínas. A ornitina acumúlase en cantidades anormais no corpo en casos de deficiencia de ornitina transcarbamilase.
L-Ornitina | |
---|---|
L-Ornitina | |
Outros nomes Ácido ( )-(S)-2,5-diaminovalérico, ácido ( )-(S)-2,5-diaminopentanoico | |
Identificadores | |
Número CAS | 70-26-8 |
PubChem | 389 |
ChemSpider | 6026 |
UNII | E524N2IXA3 |
DrugBank | DB00129 |
KEGG | D08302 |
MeSH | Ornithine |
ChEBI | CHEBI:15729 |
ChEMBL | CHEMBL446143 |
Ligando IUPHAR | 725 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C5H12N2O2 |
Masa molecular | 132,16 g/mol |
Punto de fusión | 140 °C; 284 °F; 413 K |
Solubilidade en auga | soluble |
Solubilidade | soluble en etanol |
Acidez (pKa) | 1,94 |
Rotación quiral [α]D | 11,5 (H2O, c = 6,5) |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
No ciclo da urea
editar- Artigo principal: Ciclo da urea.
A función principal da ornitina no noso corpo é intervir no ciclo da urea, o cal elimina o exceso de nitróxeno do organismo. A L-ornitina é un dos produtos orixinados polo encima arxinase Este encima transforma a L-arxinina (un composto guanidinio) en urea e ornitina. Por tanto, a ornitina é un metabolito central no ciclo da urea. A ornitina recíclase e, en certa maneira, é un catalizador. No ciclo da urea o nitróxeno da ornitina permanece intacto, xa que os nitróxenos que incorpora a urea proceden do carbamoíl fosfato (fosfato-CONH2) e do aspartato.
Biosíntese de arxinina
editarA ornitina non é un dos aminoácido codificados no código xenético, e, por tanto, non está implicada na síntese de proteínas. Porén, nos tecidos non hepáticos dos mamíferos, o principal uso que se lle dá á ornitina é a biosíntese de arxinina, o que fai que a ornitina sexa bastante importante como intermediario dos procesos metabólicos. Crese que non forma parte dos aminoácidos do código xenético porque os polipéptidos que contivesen ornitina desprotexida sufrirían unha lactamización espontánea.[3]
Outras reaccións
editarA ornitina por acción da ornitina descarboxilase (E.C. 4.1.1.17), é o punto de partida para a síntese de poliaminas como a putrescina.
Nas bacterias, como Escherichia coli, a ornitina pode sintetizarse a partir do L-glutamato.[4]
A ornitina é tamén o punto de partida para a biosíntese da cocaína, cando se descarboxila e despois é moi modificada polo citocromo P450.
Notas
editar- ↑ PubChem compound Ornithine
- ↑ ChemSpider L-Ornithine
- ↑ Arthur L. Weber and Stanley L. Miller (1981). "Reasons for the Occurrence of the Twenty Coded Protein Amino Acids" (PDF). J. Mol. Evol. 17 (5): 273–284. PMID 7277510. doi:10.1007/BF01795749.
- ↑ "Ornithine Biosynthesis". School of Biological and Chemical Sciences, Queen Mary, University of London. Arquivado dende o orixinal o 14-04-2012. Consultado o 20-05-2012..