Orlando di Lasso
Orlando di Lasso (ou Roland Lassus), nado en Mons en 1532 e finado en Múnic o 14 de xuño de 1863, foi un compositor da escola francoflamenga.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1532 Mons, Bélxica |
Morte | 14 de xuño de 1863 (61/62 anos) Múnic, Alemaña |
Mestre de capela Basílica de San Xoán de Latrán | |
1553 – | |
Actividade | |
Campo de traballo | Compositor |
Ocupación | compositor, mestre de capela |
Xénero artístico | Mottetto, Polifonía e Música renacentista |
Profesores | Hoste da Reggio (pt) |
Alumnos | Andrea Gabrieli, Giovanni Gabrieli e Francisco Leontaritis (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Fillos | Regina di Lasso, Ferdinando di Lasso, Rudolph di Lasso |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Allgemeine Deutsche Biographie Dicionario Musical Riemann (1901–1904) |
|
Traxectoria
editarCosmopolita antes dos 24 anos estivo en Milán, Nápoles, Roma, Anveres e París, en 1556 estableceuse en Múnic. Traballou todos os xéneros musicais, consérvanse unhas 1000 composicións profanas súas, sendo particulalmente un mestre do madrigal que contribuíu a difundir por toda Europa, inda que tamén destacou como compositor de cancións, villanelle e lieder. Ademais, xunto con Palestrina e Victoria, é un dos máximos representantes da música católica posterior ao Concilio de Trento con máis de 250 composicións relixiosas: misas, motetes e magnificat sobre todo. Pertence á última xeración de compositores franco-flamengos e, ao igual ca Jacques Arcadelt, estivo tamén ao servizo dos papas de Roma. O seu espírito cosmopolita achégao a compositores de períodos posteriores.