Ordoño II
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
Ordoño II (871 — León, 924) foi rei da Galiza "nuclear" desde o ano 910 e rei de toda Galiza desde o ano 914.[1][2][3]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 871 |
Morte | xuño de 924 (52/53 anos) León, España |
Lugar de sepultura | Catedral de León |
Monarca do Reino de León | |
914 – 924 ← García I de León – Froila II → | |
Monarca do Reino de Galicia | |
910 – 924 ← Afonso III de Oviedo – Sancho I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Batalla de San Esteban de Gormaz |
Outro | |
Título | Rei de Galicia |
Familia | Dinastía ástur-leonesa |
Cónxuxe | Elvira Menendiz Sancha Sánchez de Pamplona Aragonta González |
Fillos | Sancho I () Elvira Menendiz Ramiro II () Elvira Menendiz Afonso IV de León () Elvira Menendiz |
Pais | Afonso III de Oviedo e Ximena Garcés |
Irmáns | Froila II García I de León |
Infancia
editarAos oito anos partiu para Zaragoza, onde foi educado por unha importante familia mozárabe do emirato. Con esta medida, Afonso III o Magno pretendía afianzar a amizade coa taifa musulmá enfrontada a Córdoba. A súa permanencia alí debeu durar ata o momento en que rematou o bo entendemento entre o monarca cristián e os Banu Qasi.
Coudel da aristocracia galega
editarContraeu matrimonio con Elvira Méndez, filla de Hermenexildo Guterrez o que o vencellaba á máis poderosa aristocracia galega, aquela que reclamara para o rei, O Bierzo e Astorga, e chegara en ímpeto conquistador ata Coímbra, consolidando o territorio portucalense.
A crónica Albeldense dá razón de como Afonso III o asociou ao trono concedéndolle o goberno de Galiza. Galvanizando ao seu redor a nobreza galega, dirixiuna a campañas ata o sur da Península, chegando a saquear Regel, preto de Sevilla, recadando gran número de cativos e un importante botín.
Aparentemente non tivo relación ningunha co destronamento perpetrado polo seu irmán máis vello García, que remataría coa deposición de Afonso III en 910 e a conseguinte coroación de García I como rei de León (segundo unha parte da historiografía) ou de toda Galiza (segundo a outra parte da historiografía), na propia cidade de León. A posición adoptada por Ordoño ante a nova situación foi a de fidelidade feudal ao novo rei, e a de consolidación política no territorio galego, que se viu materializada o día 7 de xuño do 910, cando nunha convención presidida por Recaredo, bispo de Lugo, os grandes magnates galegos proclaman a súa fidelidade ao nostro domino donno Ordonio na mesma cidade lucense. Pola súa parte, o seu irmán máis novo Froila renderíalle vasalaxe xa dende Asturias, rexión da que era señor.
Xa finado o seu pai, dirixe unha exitosa expedición pola Lusitania ata Évora, da que se fai eco a Crónica de al-Nasir. Nela chégase a dicir que o exército galego se compoñía de 30.000 homes que arrasaron a cidade musulmá e fixeron 4.000 prisioneiros. E continúa: Non hai memoria no al-Ándalus dun desastre do Islam, por parte de inimigo máis afrontoso e terrible ca este.
En canto á política interior, axiña testemuña o seu recoñecemento ao santuario apostólico de Santiago de Compostela mediante importantes doazóns que fai o matrimonio Nos Hordonius rex et Gelvira regina ante a presenza de tódolos bispos do Reino de Galiza: Nausto, Recaredo, Savarico, Froarengo e Ansurio.
Ordoño II dá un importante pulo ao monacato ao apoiar o nacente mosteiro de San Martiño Pinario, completando así os piares sobre os que se ía asentar a organización do territorio: nobreza, bispados e monacato.
Rei de toda Galiza
editarGarcía reinou en León tres anos e un mes. Trala súa morte prematura e ante a falta dun fillo herdeiro, os magnates de León e Astorga chamaron a Ordoño abríndolle as portas da capital e o goberno de todo o reino (tal como nos conta o historiador cordobés Ibn Hayyan), sendo aclamado en Compostela como o rei. Ordoño tardou en acudir ao chamamento, debido a unha enfermidade infecciosa que fixo que temese unha próxima morte, tal como claramente o expresa nun documento outorgado en Mondoñedo a prol desta diocese. Foi unxido, o 12 de decembro do 914, rei na cidade León, que dende aquela data deixou de ser o antigo acuartelamento dunha lexión romana para se converter definitivamente en urbs regia.
Inquedo e activo reuniu un exército de todo o reino de 60.000 homes (segundo as crónicas) e tomou Medellín, Castro Alange e entrou en Mérida nunha espectacular campaña de saqueo. A reacción cordobesa non se fixo agardar, recrutouse un poderoso exército musulmán que avanzou cara ao río Douro, pero que foi derrotado por Ordoño II en Castromuros, na mellor coñecida como fazaña bélica de San Esteban de Gormaz (ano 917).
Xa no 918, en alianza con Sancho Garcés I de Navarra, marchou contra Nájera e Tudela, pero foron freados en Mutonia. O propio califa decretou a mobilización xeral e derrotou os monarcas navarro e galaico en Valdejunquera (920), aínda que ao ano seguinte, Ordoño II xa se recuperara e atacou de novo na zona de Sigüenza.
Da desfeita de Valdejunquera culpouse aos nobres casteláns Nuño Fernández, Fernando Ansúrez, Abolmondar Albo e o seu fillo Diego, que non se presentaran á batalla coa súa cabalaría, sendo apreixados e encarcerados pola súa covardía. Deberon de ser logo liberados, xa que a documentación os presenta actuando con normalidade.
Fixo doazóns para engrandecer a catedral de León.
Vencellos matrimoniais
editarCasou tres veces, e a súa segunda esposa foi a galega Aragonta González, pronto repudiada. A súa terceira muller, Sancha, era a filla do rei Sancho Garcés I de Pamplona, e selaba así a amizade coa corte navarra. Porén, tampouco tivo descendencia con ela, polo que serán os tres fillos da primeira muller: a galega Elvira Menéndez os que acabarán reinando: Sancho Ordóñez nas terras galegas ao norte do río Miño, Afonso IV na Terra de Foris, Asturias e Castela, e Ramiro II no territorio galego entre o Miño e a fronteira de Coímbra; este reunificaría todos os territorios do seu pai. Antes disto, aínda reinaría, inmediatamente despois do pasamento de Ordoño, seu irmán Froila II, señor de Asturias ata ese momento, pero a descendencia deste será derrotada polos Ordóñez.
Ascendencia
editar16. Vermudo I | ||||||||||||||||
8. Ramiro I de Galicia | ||||||||||||||||
17. Numila | ||||||||||||||||
4. Ordoño I de Galicia | ||||||||||||||||
9. Paterna | ||||||||||||||||
2. Afonso III de Galicia | ||||||||||||||||
5. Munia | ||||||||||||||||
1. Ordoño II | ||||||||||||||||
24. Íñigo Ximénez | ||||||||||||||||
12. Íñigo Arista | ||||||||||||||||
25. Oneca | ||||||||||||||||
6. García Íñiguez de Pamplona | ||||||||||||||||
26. ? | ||||||||||||||||
13. Oneca Velázquez | ||||||||||||||||
27. ? | ||||||||||||||||
3. Ximena Garcés | ||||||||||||||||
14. ? | ||||||||||||||||
7. Urraca Ximenes | ||||||||||||||||
15. ? | ||||||||||||||||
Notas
editar- ↑ López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. p. 228.
Ordoño fillo de Afonso, rei de Galicia (citando a Ibn Haián e al-Razí)
- ↑ Cañada Juste, Alberto (2013). "Doña Onneca, una princesa vascona en la corte de los emires cordobeses" (PDF). Principe de Viana (74): 484.
Urdun ibn Idfunsh (Ordoño, hijo de Alfonso), tagiya Yilliqiya (tirano de Galicia)
- ↑ Aben-Ahhari (1862). Fernández González, Francisco, ed. España árabe. Historias de Al-Andalus. I. p. 195.
Ordon, señor de Galiquia
Véxase tamén
editar Ordoño II e Elvira Mendes. Uns reis galegos en loita contra Castela. |
Outros artigos
editarBibliografía
editar- López Carreira, Anselmo (2008). O reino medieval de Galicia. A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-293-0.López Carreira&rft.btitle=O reino medieval de Galicia&rft.date=2008&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-8341-293-0&rft.pub=A Nosa Terra&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">
- López Teixeira, Xosé Antonio (2010). A formación do Reino de Galiza. Trivium. Toxosoutos. ISBN 978-84-92792-76-4.López Teixeira&rft.btitle=A formación do Reino de Galiza&rft.date=2010&rft.genre=book&rft.isbn=978-84-92792-76-4&rft.pub=Toxosoutos&rft.series=Trivium&rft_val_fmt=info:ofi/fmt:kev:mtx:book" class="Z3988">