Oia

concello da comarca do Baixo Miño, na provincia de Pontevedra

Oia é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Baixo Miño. Segundo o IGE, no ano 2016 tiña 3.002 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é oiense.

Modelo:Xeografía políticaOia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°01′57″N 8°50′39″O / 42.0325, -8.8442
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Pontevedra Editar o valor en Wikidata
CapitalO Arrabal Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación3.104 (2023) Editar o valor en Wikidata (64,67 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie48 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico Editar o valor en Wikidata
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataCristina Correa (2015–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Oia Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36794 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE36036 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodeoia.es Editar o valor en Wikidata

A capital municipal sitúase no lugar do Arrabal.

Xeografía

editar

Toda a franxa occidental do concello dá ao mar. O relevo está marcado polos contrafortes en dirección N-S da Serra da Groba, que chegan até os 600 metros de altitude e dos que parten vales estreitos que descenden até a ribeira, constituída por unha rasa litoral extensa. Aquí é onde se localizan os núcleos de poboación (Oia, Viladesuso, Mougás) e as escasas terras de cultivo. Noutro val paralelo á costa, entre os montes de Lousado e Corrubelo, sitúanse Loureza e Burgueira, parroquias nas que se cultiva aproveitando os socalcos. Ao sur atópase o val do Rosal.

Os cursos de auga son moi curtos, como o Carballás e o Tamuxe. As alturas máximas atópanse nos montes de Lousado (Alto da Gabiñeira, 610 m) e no monte Pedrada (518 m). Nos montes atópanse piñeiros e eucaliptos e monte baixo de toxos e uces. A temperatura media anual é de 15 °C.

Demografía

editar
Censo total 2014 3.042 habitantes
Menores de 15 anos 378 (12.43 %)
Entre 15 e 64 anos 1.967 (64.66 %)
Maiores de 65 anos 697 (22.91 %)
Evolución da poboación de Oia   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.639 2.677 2.893 3.095 2.912 3.227 3.179 3.101 3.094 3.042 3.008 3.002 3.004 3.018
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

editar

Da Idade de Bronce atopáronse machados e hai gravados rupestres nos montes que miran para a costa. Porén, en abril de 2010 o sitio do Sobreiro[1], tamén chamado de Boaventura, na parroquia de Burgueira, foi esnaquizado por máquinas que acondicionaban o terreo para unha plantación de kiwis[2].

Hai abondosos restos castrexos, entre os que destaca o sitio arqueolóxico de Bouza Fariña, en Mougás. Nel atopouse un altar de sacrificios (actualmente no Museo de Pontevedra) con epigrafía latina. En Viladesuso houbo unha vila romana na que se atopou unha ara (actualmente no Museo Diocesano de Tui).

Mais a historia de Oia xira en volta do mosteiro cisterciense de Santa María de Oia. Fundouno Afonso VII en 1132, como bieto, sendo o seu primeiro abade Pedro de Incio. En 1185 aceptou a reforma do Císter, someténdose á abadía de San Bernaldo de Claraval; en 1547 incorporouse á congregación cisterciense de Castela.

O mosteiro foi desamortizado e vendido a particulares en 1835. A igrexa destinouse a igrexa parroquial baixo a advocación de Santa María a Real de Oia e desmembrándose da igrexa matriz, San Mamede de Pedornes.

Cultura

editar

Toponimia

editar

O topónimo Oia está documentado dende época medieval, ligado ao mosteiro de Santa María. O documento máis antigo cita esta localidade no pergameo solto datado en 1137[3]

"...pectet regie parti mille morabetinos et ecclesie Sancte Marie de Oia iam dicte et fratribus ibi existentibus in duplo restituat."

A etimoloxía segundo o toponimista Edelmiro Bascuas faría referencia á auga (hidrotopónimo), e viría de formas paleoeuropeas *ugwia ou *udia, derivadas á súa vez dunha raíz *wegw‑ co significado de ‘húmido’. Polo tanto, estariamos ante un topónimo prerromano que faría referencia a ‘lugares húmidos” ou “con abundancia de auga’[4].

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico

editar

Os lugares máis relevantes por parroquia de norte a sur son[5]:

  • Xacemento medieval Outeiro do Home
  • Petróglifos do (Alto do) Pousiño[6]
  • Petróglifos de Bouza Fariña
  • Petróglifo(s) de Pedra Lan[7] (por baixo do de Bouza Fariña, case en Axuncheiro[8])
  • Castro de Castelo Fariña (ou Castro da Cabeciña[6])
  • Petróglifos da Cabeciña
  • Petróglifos da Cerradiña
  • Petróglifo(s) de Outeiro da Cheira ou da Casa Forestal[7] (no cruzamento)
  • Petróglifo(s) das Goteiras[6] (onda as casas)
  • Gravado rupestre Coto dos Mouros [9] ou Castro/Fortificación Cano dos Mouros[7]
  • Castro das Chans
  • Petróglifos de Senín
  • Castro de Viladesuso
  • Petróglifos das Fontes
  • Petróglifos de Pousadela
  • O Castro (en Pedornes)
  • Monte do Castro (en Vilar)
  • Petróglifos de Auga dos Cebros 1-2/Viveiro 6[10]
  • Petróglifos do Viveiro I (ó NEE do anterior)
  • Petróglifos do Viveiro II (ó SE do mesmo)
  • Petróglifo(s) de Figueirido ou Auga dos Cebros[7] (probablemente en conxunto cos anteriores pero con outra denominación)
  • Petróglifo(s) do Alto do Visiño ou A Xestosiña[7]
  • Petróglifo(s) dos Outeiros do Morouzo (coa Pedra do Cazador)
  • Petróglifos do Alto do Corrubelo
  • Mámoas do Areeiro (límite con Belesar, Baiona)
  • Petróglifos do Campo do Ceno
  • Foxo Pedriño (foxo de lobo)[11]
  • Petróglifo da Pena Escrita
  • Petróglifos do Alto do Lousado
  • Castelo de Torroña[12] ou de Lousado [13]
  • Mámoas de Campo das Barreiriñas
  • Petróglifos das Cabanillas
  • Mámoas de Burgueira
  • Petróglifos da Portela I (ó W de Xiguente)
  • Petróglifos da Portela II (ó S da Portela)
  • Xacemento medieval da Madanela (límite triplo con Tomiño e Barrantes, en Tomiño)[14]
  • Castro A Cividá
  • Petróglifos de Bonaval
  • Petróglifos do Regueiro de Breto
  • Petróglifos das Fontiñas
  • Petróglifos Monte da Valga
  • Mámoas Monte da Valga
  • Petróglifos do Marco do Castelo
  • Petróglifos do Alto da Pedreira
  • Castro do Bosque
  • Castro da Chavella (no Alto do Castelo) ou Castelo de Chavella[15]

Símbolos

editar

O escudo de Oia é en realidade o selo do mosteiro. O concello pediu un deseño alternativo, pendente de aceptación.[16][17]

Economía

editar

A poboación apenas aumentou en número desde comezos do século XX. A economía é de carácter agrario, pero non moi produtiva: explotación dos montes en mancomún, vacas (80% rubia galega), ovellas e cabalos, que se crían en liberdade e se concentran cada ano na rapa das bestas. A costa non se dá para as actividades pesqueiras, polo que estas son ocasionais e artesanais. Nos últimos anos aumentou o turismo debido á súa posición entre o Val Miñor e o Baixo Miño.

Colexios

editar
  • CEIP Mestre Manuel García
  • CEIP Refoxos-Loureza

Deportes

editar
  • Oiense Club Fútbol (Fútbol)

Festas

editar

Galería de imaxes de Oia

editar
Artigo principal: Galería de imaxes de Oia.

Parroquias

editar
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Oia

Burgueira (San Pedro) | Loureza (San Mamede) | Mougás (Santa Uxía) | Oia (Santa María) | Pedornes (San Mamede) | Viladesuso (San Miguel)

Lugares de Oia

editar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Oia vexa: Lugares de Oia.

  1. "Imaxes do petróglifo antes e despois da súa destrución". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010. 
  2. "Oia permite arramplar cun xacemento rupestre para a plantación de kiwis", Vieiros, 30 de abril de 2010.
  3. RECUERO ASTRAY, M., GONZÁLEZ VÁZQUEZ, M., ROMERO PORTILLA, P., Documentos Medievales del Reino de Galicia: Alfonso VII (1116-1157)., pg. 66-67.
  4. Orixe do topónimo no artigo do Portal das Palabras da RAG>
  5. Segundo o visor de mapas da Xunta
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Ruta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa superior en imaxe
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Ruta máxica, roteiro turístico do concello de Oia, mapa inferior, tamén en WikiLoc
  8. Axuncheiro, segundo o mapa-base vectorial do visor de mapas da Xunta, é un microtopónimo xa onda o río (de) Mougás, ó norte das localidades de Bragadela e A Granxa.
  9. No visor, por riba da estrada
  10. Patrimonio arqueolóxico na páxina do concello de Oia
  11. Foxo Pedriño en galiciamaxica.eu
  12. Castelo de Torroña en turismoriasbaixas.com
  13. Castelo de Lousado en galiciamaxia.eu: o mapa de galiciamaxica.eu indica un punto dunha curva nunha estrada relativa a Loureza. O mapa do visor básico da Xunta indica que entre o Alto do Lousado (onde están os petróglifos do Alto do Lousado mencionados anteriormente) e o curuto onde está o castelo se ubica o topónimo O Castelo do Monte Lousado, de onde poida que veña esta denominación alternativa. O feito de que cando fala do Castelo da Chavella refira que o seu flanco leste está cuberto polo de Lousado, reforza esta identificación.
  14. Xacemento da Madanela en patrimonio.net
  15. Castelo da Chavella en galiciamaxica.eu
  16. Información do concello e informe da Comisión de Heráldica
  17. C. Ponce (7/2/2021). "La alcaldesa de Oia defiende que el municipio carece de escudo oficial". Faro de Vigo (en castelán). p. 17. 

Véxase tamén

editar