Oftalmoloxía

(Redirección desde «Oftalmólogo»)

A oftalmoloxía (do grego ofthalmos "ollo" e logos "estudo") é a especialidade médica que estuda as enfermidades do ollo e os seus tratamentos, así como ó coidado e mantemento da vista. Como disciplina, tamén é aplicada na veterinaria, xa que as diferenzas entre os ollos humanos e os do resto dos animais adoitan estar relacionadas coa anatomía, non cos procesos patolóxicos.

Foróptero en uso.

Os especialistas en oftalmoloxía son os oftalmólogos, que diagnostican as posibles doenzas mediante diferentes probas para poder establecer o tratamento adecuado:

  • Cirúrxico: en casos como glaucoma, catarata, hipermetropía, miopía...;
  • Médico: en diferentes procesos infecciosos, alérxicos ou inflamatorios, nos que se utilizan tratamentos farmacolóxicos;
  • Óptico: consistente na exploración do ollo para determinar a graduación necesaria en lentes.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.